Nos últimos anos sucédense noticias de invasións de medusas, dende a recente parada dun reactor nuclear en Suecia a causa do número de animais que taponaron a entrada ás tuberías de refrixeración, ata a enorme cantidade de medusas que se avistaron este verán nas praias do Mediterráneo. Estas proliferacións de medusas causan danos nas redes de pesca, diminúen a poboación de peixes (pois se alimentan de larvas ou ovos) e atascan condutos de refrixeración de pesquerías.

Ante as recentes noticias de proliferacións masivas e frecuentes destes animais, cabe preguntarse se acabarán as medusas dominando os mares ou trátase só de fenómenos cíclicos, e avistamentos máis frecuentes, sen ter que significar esto que están a aumentar en número.
O Proxecto “Jellyfish database initiative” tenta obter solucións a este respecto, e de momento parece que non hai suficientes evidencias para considerar que no futuro os océanos serán unha “sopa de medusas”.
O que si sabemos é que hai varios factores que causan estas floracións de medusas, dende factores climatolóxicos (invernos e primaveras cálidas alargan os ciclos vitais das medusas) a factores ecolóxicos, como cambios no número dos seus predadores naturais.
Según Ecoloxistas en Acción o ser humano está a actuar sobre estos factores rompendo os equilibrios ecolóxicos e provocando que estas invasións de medusas sexan cada vez máis frecuentes. Desta forma, o aumento de temperaturas debido ao cambio climático, a sobrepesca de depredadores naturais das medusas como a tartaruga mariña, o atún ou o peixe espada, e a chegada de cada vez máis nutrientes ás costas por verquido de augas residuais, están a propiciar o aumento das poboacións de medusas.
A proliferación de medusas actúa ademáis, reducindo os recursos pesqueiros, xa de por si escasos, pois as medusas se alimentan das crías do peixe e compiten con eles polo plancton.
Así, coa sobrepesca, estamos a reducir a poboación de peixes depredadores de medusas, provocando que éstas aumenten en número. Ao aumentar en número ,consomen máis larvas, ovos e plancton, reducindo así as poboacións de peixes por depredación ou competencia. É coma a pescadilla que se morde a cola, cada vez menos peixe e máis medusas.
Que facer para recuperar o equilibrio?