O ADN galego por Ángel Carracedo

imagen

Preme aquí para ver o documental de Soño con Ciencia, no que Carracedo nos fala das aportacións que a xenética está a facer en investigación e mediciña.

 

GATTACA

En setembro o “New York Times” mostraba a toda páxina un anuncio sorprendente: na composición víase a foto dun bebé xunto cun menú para o “melloramento xenético” proporcionado por GATTACA, unha empresa de enxeñería xenética. O anuncio ofrecía diferentes posibilidades segundo o que os potenciais clientes estivesen dispostos a pagar: podíase escoller dende un coeficiente intelectual superior á media ata determinadas cualidades atléticas para os futuros bebés. Miles de persoas, moitas delas futuros pais, entraron na dirección de Internet que figuraba no anuncio pero descubriron que se trataba soamente do anuncio dunha película.

            (Sacado de Internet sobre a promoción da película “Gattaca”)

 

imagen

 

 

Daste conta do por que do título escollido?, que significa a palabra Gattaca? (Pista: É unha palabra formada polas siglas das bases do ADN)?

Que opinas do uso da selección xenética na forma en que se nos presenta no filme?

 

De onde ven o Arco da Vella?

Ao longo da vida, xurdiron demasiados mitos sobre a procedencia do “arco da vella”, o máis coñecido é o que nos adoitan contar os nosos pais cando somos pequenos e vemos por primeira vez ese gran misterio. Aconséllannos que nos fixemos ben a onde “ía beber”, é dicir, unha expresión que se refire ó lugar da terra ou do mar onde nacía ou a onde chegaba o arco da vella, porque seguindo esa traxectoria chegaríamos a procura dun tesouro.

imagenimagenimagen

 Como toda cuestión, esta é explicable mediante o emprego da ciencia, neste caso debemos facer referencia ó “prisma óptico de Newton”. Está comprobado que cando un raio de luz solar, ao que denominamos luz branca, atravesa un medio transparente, neste caso o prisma,  fai aparecer unha serie de cores claramente diferenciados. Este fenómeno recibe o nome de “dispersión da luz”.

imagen

A continuación, relacionamos este fenómeno co tratado inicialmente. É moi importante coñecer a explicación científica, xa que existen moitas pseudoexplicacións sobre este tema. É moi sinxelo de comprender, xa que este proceso prodúcese cando chove e hai raios de sol  que fan que as gotas de auga realicen a mesma operación que o prisma de Newton, descompoñendo a luz e producindo as cores do arco da vella.

 

Peixes de auga doce e de auga salgada

A grande maioría dos peixes viven, ou ben en medios onde a auga é doce como lagos e ríos, ou ben en ambientes onde a auga ten un nivel de salinidade superior ao 0,05% como mares e océanos. Incluso nestes ambientes salgados, moitas especies requiren determinados niveis de salinidade para sobreviviren e non o poden facer cando os parámetros son superiores ou inferiores.

 

As especies piscícolas que poden desenvolverse por igual en ambos ambientes son contadas, e case sempre pasan máis tempo nun medio e só se dirixen ao outro para desovar. Os salmóns (Salmo salar) son exemplo de peixes mariños que van desovar a ríos (peixes anádromos). A anguía europea (Anguilla anguilla) é un bo exemplo de peixe catádromo que pasa a súa idade adulta nos ríos e volve ao mar para reproducirse.

 

A superficie do corpo dun peixe é impermeable grazas ás escamas e a unha secreción mucosa. Porén, a auga entra e sae deles por ósmose, a través das branquias. Os peixes de auga doce teñen unha serie de mecanismos para solucionar a ganancia de auga xa que no seu corpo o nivel de salinidade é superior ao medio no que se desenvolven, polo cal tenden a gañar auga e perder sales para acadar o equilibrio co medio.

 

A característica fisiolóxica principal é a adaptación dos seus riles ao ambiente, onde posúen glomérulos renais grandes para eliminar o exceso de auga e reabsorber os sales que deberían ser eliminados a través da urina, producindo así unha urina moi diluída e abundante.

 

Por outra banda, nos peixes de auga salgada os sales minerais están moito máis diluidos nos seus líquidos corporais que na auga na que nadan, é dicir, posúen unha baixa salinidade con relación ao medio exterior. Isto implica unha perda de auga e unha ganancia de sales. Para compensar esta perda de auga os peixes bébena directamente sendo reabsorbida no intestino. A característica fisiolóxica que os diferencia dos peixes de auga doce é que posúen uns glomérulos reducidos para evitar a perda de auga. 

 

 

imagen

En resumo, os peixes deben manter no seu interior unha determinada proporción de líquidos e de sales minerais disoltos neles. Nos ambientes mariños a salinidade é superior no exterior, polo cal o peixe debe impedir que escape demasiada auga do seu interior para evitar que os sales minerais que entran no seu organismo non excedan dos que necesita e saturen as disolucións. Na auga doce o problema é o contrario, aí o que se debe impedir e que entre demasiada auga e rebaixe a concentración de sales minerais no organismo para o cal expúlsase moita auga e retéñense os sales minerais.

 

O por que dalgunhas cousas cotiás

No noso día a día realizamos tantas cousas que pasamos a consideralas cotiás e normais sen se quera preguntarnos por que suceden ou por que as facemos. Consideramos tan normal sentirnos atraídos por alguén que nin se quera nos preguntamos por que hacia esa persona si e non hacia outra, ou simplemente nos ven o impo e esperamos a que se nos vaia sen que se nos pase pola cabeza que poida tratarse de algo grave, incluso bocexamos e o relacionamos con que estamos cansados cando ao mellor nin se quera se trata diso. Por que nos ocorre isto? Quizáis porque estamos tan acostumados a que nos sucendan cousas como estas dende pequeniños que nunca se nos pasou pola cabeza que houbese un motivo, pero… haino?

En realidade, cando bocexmos, existe unha explicación. Cando estamos aburridos ou cansados, o noso cerebro aumenta a súa temperatura habitual e o bocexo, ao coller aire, devólvelle unha temperatura normal e adecuada ao noso cerebro. Tamén nos pasa que cando vemos a alguén bocexar, bocexamos automaticamente noós tamén, e isto a que se debe? É contaxioso? O certo é que existen dúas teorías polas que é problable que suceda isto: debido ás neuronas espello (actívanse da mesma maneira cando realizamos unha acción que cando vemos a alguén realizala) ou por empatía (capacidade dunha persoa para recoñecer e compartir os sentimentos que outra persoa expresa).


Moitas veces tamén nos acostumamos a estar tristes e non nos decatamos da gravidade que conleva prolongar ese estado, así é que moitas persoas padecen de depresión sen sabelo. Aínda así, non só choramos porque estamos tristes, ao igual que rimos, é unha especie de reacción psicolóxica do noso corpo que permite as nosas diferentes relacións ca xente. As lágrimas tamén son moi importantes para á protección dos nosos ollos.

Como persoas que somos tamén temos medo, e tamen mentimos, e por que o facemos? Pois ben, o medo, en realidade é unha reacción en cadea na cal o noso cerebro nos prepara para fuxir dunha situación perigosa ou incómoda, e moitas veces, cando nos vemos na segunda situación o noso cerebro desencadea unha mentira con maior facilidade ca unha verdade, xa que en moitas ocasións o noso subconsciente sabe que as consecuencias serán peores se dicimos a verdade, por eso un neno pequeno é capaz de decirlle á nai que el non rompeu o prato

Outra situación moi común para nos é ter impo. Cando nos sucede pedímoslle a un amigo que nos de un susto, bebemos auga a sorbiños ou aguantamos a respiración durante uns segundos, aínda que estes métodos non sempre funcionan e son só un remedio caseiro. Que sucede de verdade cando temos impo?  O impo prodúcese por unha descoordinación do noso diafragma cos nosos pulmóns, entonces cérrase a nosa epiglote e prodúcese o famoso sonido do “hip”.

Se ben chega a noite e nos imos durmir, o máis seguro é que soñemos, aínda que ao día seguinte non recordemos con que soñamos. Mentres durmimos existe unha etapa do sono que denominamos REM (encontrámonos relaxados e profundamente dormidos), nesta etapa o noso cerebro procesa toda a actividade realizada no día (almacena recordos). Os soños normalmente interprétanse como unha mezcla de esta recollida de actividades que realiza o noso cerebro. Algo parecido sucede cando temos un déjà vu, o noso cerebro funciona mentres o noso subconsciente está “despistado” entón o cerebro analiza a información uns segundos antes ca nós e cremos que xa pasaramos esa situación anteriormente.

Se hai algo polo que todos sentimos curiosidade é para saber por que nos fixamos nalguén. Cando nos interesamos por unha persona e non somos correspondidos botámonos a culpa por fixarnos nela, aínda que en realidade isto só é unha estratexia do noso instinto. Cando nos gusta unha persona débese a que todo o noso corpo xa analizou se esa persoa é “boa” ou “mala” para nós, é dicir, a persoa que nos gusta é a que pasa unha expecie de “inspección” ou “exame” realizado polo noso organismo. Este exame está composto por un conxunto de reacción qumícas que nos permiten saber o que nos gusta e os sentidos son os que nos permiten chegar a coñecelo.


 

Cambiar os recordos

En EE.UU un grupo de investigación, logrou reescribir os recordos e transformar  memorias traumáticas noutras positivas e viceversa, nos ratos, esto realízano usando unha técnica que controla grupos de neuronas no cerebro.imagen

Dende fai anos este equipo estivo investigando os mecanismos cerebrais que crean ou permiten crear un recordo, gardalo e recordalo durante meses ou anos, e ademais atribuirlle un valor emocional. O encéfalo é o que realiza este proceso, sen sequera decatarnos, pero entender como o fai é algo moi complexo, debido, ademais de aos circuitos de neuronas involucrados, a que a nosa memoria cambia.

 O equipo de Susumo, Tonegawu, do Instituto Tecnolóxico  de Massachusetts (EE.UU), creou recordos falsos en ratos, usando a  optogenética.

 Antes de esto Elisabeth Loftus consigueu convencer ao 30% de un centenar de xovenes de que cando eran pequenos, nunha visita a Disneyland, unha persoa  completamente drogada e disfrazada de Pluto, lambéralles as orellas.

 

3 segundos de memoria?

Adoitamos asociar aos peixes coa falta de memoria, pero é se esto fora totalmente falso

imagen

Nos últimos quince anos fixéronse probas para coñecer máis a memoria e a aprendizaxe dos peixes. Estas probas foron levadas a cabo na Universidade  Charles Sturt (Australia)  e demostraron que os peixes podían recordar os circuitos nos que os adestraron, ata varios meses despois, co que podemos de dicir que é un bulo o dos 3 segundos que poden recordar algo.

O experimento que se fixo en Australia, baixo o mando de Kevin Warburton, consisteu en analizar a especies de auga doce no seu hábitat e depois nun estanque con alimento e perigos que tiñan que superar,  analizar o seu movementos, recordando cada zona durante os meses que durou a investigación.

Moitas veces cando os pescadores din que non hai peixes nesa zona porque marcharon ou porque hai pouca especie é mentira, os peixes que poidenron sair recordan a zona e o intento que tiveron de pescalo, marcan ese lugar coa súa experiencia e trazan outra ruta, xa que asocian diferentes sitios con perigos ou a abundancia de comida. Ata poden recordar durante un ano ao depredador que os atacou.

 

Rexuvenecer con sangue xove

imagenAta agora só se realizaron tres novos estudos que demostraron que o sangue ou algún compoñente sanguíneo dun rato xoven pode rexuvenecer os músculos e o cerebro dun rato vello, según os estudos do Centro de Terapias con Células Nai e Medicina Rexenerativas de Harvad . No estudo observaron que unha proteína illada do sangue xoven chamada GDF11, melloraba o olfacto e outras capacidades dos roedores así como o corazón. O equipo de investigadores inxectou células nai de ratos xoves e sans en ratos vellos catro días antes de morrer. Os ratos viviron 71 días , é dicir, 50 máis do esperado polos científicos.

Todo isto produciuse grazas ás células nai , as cales son capaces de autorrexenerarse mediante a división , ou producir outras células especializadas. A  maioría dos nosos tecidos contan con estas células co fin de axudar á súa rexeneración en caso de que se produza algún dano.

Con todo isto, moitos dos investigadores cren que nun futuro moi cercano estos tratamentos se utilicen para retrasar enfermidades como o Alzhéimer , que xa se está experimentando en persoas enfermas as cales lle inxectaron plasma sanguíneo de xoves donantes, ou tamén outras enfermidades como problemas cardiovasculares.

 

Ciencia Ficción ou Realidade?

Como todos ben sabemos ao longo do tempo escribíronse centos de libros sobre ciencia ficción e o que os seus autores consideraban produto da súa imaxinación hoxe día é algo real e común.

Poñamos por caso ao escritor Xulio Verne a quen todos coñecemos, no seu libro “Vinte mil leguas dunha viaxe submarina” onde Verne imaxina unha especie de barco sumerxible, o que hoxe día chamamos submarino.

imagen

Pero non só atopámonos con este caso, varios autores de novelas de ficción atopáronse na mesma situación que Verne.

Expoñamos os seus casos;

No caso do escritor H.G.Wells no seu libro “The World Set Free” describe todo tipo de bombas atómicas en máis dunha ocasión. O escritor, publicou a súa obra no ano 1914, 30 anos antes de que Hiroshima e Nagasaki fosen devastadas polas bombas atómicas norteamericanas.Outro caso é comprar con tarxeta de crédito, resúltanos do máis natural e sinxelo, pero créeme que todo era moi distinto no ano 1888, cando Edward Bellamy escribiu o seu “Looking Backwards”,quen ía a pensar que se faría realidade?. Alí, Bellamy describe transaccións de crédito e recibos duplicados. Mark Twain describiu a internet, practicamente como a coñecemos hoxe en día, na súa “From the ‘London Times’ of 1904″.Cando escribiu este conto curto, mencionou ao “Telectroscope”  que se baseaba nun sistema telefónico e gráfico que permitía a visualización e escoita de todas as accións diarias a nivel mundial, sen cables nin nada similar, máis ben como unha rede invisible.

 Con isto quero chegar á conclusión de que todo o que algún día creemos fantasía pódese levar á realidade no futuro.



 

Dieta e saúde

imagenSe as enfermidades infecciosas e a desnutrición son as principais causas de morte nos países menos desenvolvidos, resulta que o 40% da poboación dos países ricos morre de enfermidades cardiovasculares, nas que os nosos malos hábitos xogan un papel moi importante, entre eles a alimentación. E as graxas están en boca de todos, que se colesterol, (haino bo e malo?), que se graxas saturadas e insaturadas, vexetais ou animais, ácidos graxos esencias, omega-3 e 6.… Canta información e ás veces confusa,  e é que os lípidos son moi diversos e ademáis de riscos, teñen funcións importantes no organismo.

Temos os triacilglicéridos ou graxas que están á súa vez formados por ácidos graxos, que poden ser saturados (cadea hidrocarbonada con enlaces sinxelos) de orixe animal (sólidos a temperatura ambiente: carnes e lácteos) e  poden ser insaturados (dobres enlaces na cadea hidrocarbonada) de orixe vexetal ou peixe imagen(líquidos a temperatura ambiente). Ademáis moitos ácidos graxos non podemos sintetizalos nós e deben inxerirse na dieta (esenciais) dos cales algúns como o Omega-3, diminúen os niveis de colesterol en sangue e están presentes en peixes e algunhas sementes e aceites vexetais como as noces.

Outro lípido que nos preocupa é o colesterol , en exceso, deposítase nas paredes das arterias diminuíndo a luz dos vasos e provocando arterosclerose (endurecemento das arterias) e hipertensión, con risco posterior de formación de trombos que taponan os vasos e impiden a chegada de sangue aos tecidos (infartos).

 

imagen

O colesterol como tódolos lípidos é pouco soluble en auga e debe ser transportado en sangue por proteínas que poden ser de dous tipos: LDL (colesterol malo) e HDL (colesterol bo).

Pero e se diminuímos a inxesta de graxas e aumentamos a de carbohidratos….O exceso de carbohidratos metabolízase a graxas e….

Se tes claro que a dieta inflúe, e moito, na saúde, tes claro tamén que debemos comer?

Tampouco debemos obsesionarnos, cres que esta sobreinformación acerca alimentos que con frecuencia non nos deixa as cousas claras e ás veces incluso é contraditoria ou enganosa con claros fins comerciais, pode incluso ser causa de enfermidades nutricionais ou nerviosas tipo anorexia ou ortorexia?