Luz nunha botella de Coca Cola

“Un litro de luz” (Isang litrong liwanag), proxecto desarrollado polos estudiantes do MIT (Massachusetts Institute of Technology), recicla un pequeno recurso como é unha botella de cocacola para regalarlles luz ás casas da máis profunda pobreza. Grazas a este proxecto os barrios máis marxinais de Filipinas, México e agora tamén Brasil teñen luz nas súas casas, xa que non se poden permitir os gastos da enerxía eléctrica e viven na oscuridade ata durante o día, e pola noite teñen que acudir a velas ou lámpadas de queroseno asumindo un risco de incendio e poñendo en perigo ás súas familias.

Esta iluminación ecolóxica  utiliza unha botella de plástico para concentrar e transportar a luz do sol dende o teito hacia o interior das vivendas. Esta bombilla caseira de baixo custe é moi sinxela de elaborar: énchese una botella con auga con cloro ou lixivia e cérrase herméticamente co tapón. A lixivia evita a formación de mofo durante moito tempo e que a auga sevconserve o máis clara posible. Con esta mezla feita introdúcese a botella nun buraco no tellado e séllase con silicona para evitar as posibles goteiras.

Aseguran que emite unha luz equivalente á da unha bombilla cotidiá de 55 vatios, e todo grazas aos raios do sol que viaxan a través do envase e ao chocar co líquido xeran unha refracción de 360 grados da luz, iluminando todo o lugar.


 

Tags: , , ,

10 Respostas a “Luz nunha botella de Coca Cola”

  1. pablobaulde2 Dixo:

    Parecenos unha moi boa idea para poder levar iluninación aos fogares dos países menos desenvolvidos. Posto que neses países non se invirten fondos económicos en iluminación, xa que a maioría da poboación é pobre, como por exemplo no continente africano ou nas illas máis pequenas de Centro América (Haití, Cuba, Puerto Rico…). A técnica que se leva a cabo neste proceso de iluminación, non é moi difícil de empregar posto que solo se necesita unha botella (Auga, Coca-Cola, Nestea…) que se pode coller do lixo, e a continuación introducir lixivia, para acabar colgandoa no teito do fogar. Sen nengunha dúbida, é todo un acerto para facilitarlle a vida aos máis desfavorecidos. Comentario feito por: Pablo Baúlde García e Joaquín Irajo Cores.

  2. estelaconde Dixo:

    el invento de la botellla de coca-cola es un mui buen invento para ayudar a mucha gente que no ve de dia sus casas.
    la gente que antes tenia que hacer todo fuera de sus casas por que no ve dentro de ellas, ahora con la luz solar podran hacer mejor las cosas dentro y fuera de casa.
    me parece un invento bueno para ayudar a mucha gente aunque a mi no se me ocurriria.

  3. sarafalcon Dixo:

    Este proxecto paréceme unha boa maneira de dar luz ás vivendas dos máis pobres. Grazas ao seu baixo coste e a súa facilidade de elaboración fai que esta esté o alcanze de todas as persoas. Parece increíble que só unha botella de auga poida compararse con unha bombilla electrica e que esta botella poida reflectir á luz da misma maneira coa que o podría facer unha bombilla cotiá.

  4. ivannogueira Dixo:

    O proxecto desarrollado polos estudiantes do MIT é un magnifico invento para as persoas dos países máis pobres que pola súa situación económica non teñen electricidade e polo tanto tampouco luz. Foi un bo invento xa que,todas estas familias poden carecer dos recursos para obter este proxecto que lle aporta unha vida menos custosa e apartaos dos perigos que lle traen as velas ou lámpadas de queroseno.

    Iván Nogueira e Alba Romero.

  5. anarial Dixo:

    Este proxecto paréceme unha boa maneira de dar luz ás vivendas dos máis pobres. Grazas ao seu baixo coste e a súa facilidade de elaboración fai que esta esté o alcanze de todas as persoas. Parece increíble que só unha botella de auga poida compararse con unha bombilla electrica e que esta botella poida reflectir á luz da misma maneira coa que o podría facer unha bombilla cotiá.

  6. andreapatino Dixo:

    Nun estudio feito polo MIT (Isang litrong liwanag) descubriase que cunha botella de coca-cola podiase facer luz con lexia e con agua e coa axuda dos raios de sol podiase iluminar unha habitación. Esto e unha medida moi importante xa que ademais de non contaminar e moi económica para os nosos petos xa que poderiamos aforrar arredor de mil euros ao ano e ademais non contaminaríamos tanto ,pero isto non e tan importante porque agora hai bombillas de baixo consumo.E nun futuro non moi lexano podería ser una boa forma de vivir.
    De Alexia e Andrea.

    Fonte de información do gasto de bombillas:
    http://www.ocu.org/vivienda-y-energia/gas-luz/noticias/cuanta-energia-consume-una-casa-571584

  7. aliciabaulo Dixo:

    Paréceme unha idea moi boa e interesante xa que grazas a este invento a poboación que non ten acceso a electricidade poderá ter unha mellor calidade de vida e ademáis é unha idea ecolóxica que reduce o impacto ambiental. Sería boa idea seguir investigando para que ilumine tamén pola noite.

  8. nereacuesta Dixo:

    É increible como unha simple botella pode trasmitir luz a toda unha casa, equivalendo a unha bombilla de 55 vatios, grazas a este invento lugares do terceiro mundo pode ter luz na sua casa, poden gozar dun privilexio do que antes non gozaban con seguridade, cando digo con seguridade refirome a que antes de usar as botellas usaban métodos que poñian as súas vidas en perigo podendo provocar incendio. Ahora por fin poden ter luz nas suas casas e poden facer cousas.

  9. carolinamillan Dixo:

    Opinamos que é unha idea xenial, moitísima xente que antes non vía por onde camiñaba e estaba a oscuras na súa propia casa,a día de hoxe pode disfrutar de ter luz no seu fogar. Sobre todo, é moi beneficioso para os máis necesitados, xa que non teñen que pagar elevadas facturas de luz.

    Carolina Millán e Ainoa Novás.

  10. inesmaria Dixo:

    Debido á necesidade de luz nos barrios pobres que non se poden permitir pagar a luz eléctrica xorde a idea de desarrollar un proxecto ecolóxico que consiste en utilizar unha botella de plástico con auga con cloro dentro para transportar a luz solar dende os teitos ata o interior da casa. Este invento é capaz de emitir unha luz de 55 vatios grazas ós raios do sol que viaxan a través do envase e ao chocar co líquido xeran unha refracción de 360 grados da luz.
    Parécenos unha moi boa idea e moi inxeniosa xa que a partir dun obxecto cotidián conseguimos axudar a moitas personas que carecen de suficientes recursos.
    Sara Dorado e Inés María