Florence Nightingale

 

imagen

Florence Nightingale foi unha enfermeira de profesión que sentía devoción polas matemáticas e que usou a estadística para aplicala ao estudo de epidemioloxía e estadística sanitaria.

Florence naceu no ano 1820 na Toscana, era membro dunha familia de clase alta, pero dende moi nova tivo claro que o seu papel no mundo era dedicarse a axudar, por iso se fixo enfermeira.

No ano 1853 foi nomeada supervisora de enfermeiras nun hospital de caridade en Londres no cal empezou a instalar innovacións técnicas e de organización co fin de sustituir o modelo aistencial tradicional por unha asistencia sanitaria científica e dotada de profesionais cunha boa formación. Onde conseguiu o seu mellor logro profesional foi durante a Guerra de Crimea onde se encargou da organización dun equipo de enfermeiras, conseguindo unhas melloras sanitarias espectaculares, este feito doulle a Nightingale un recoñecemento moi importante no seu país e a influencia suficiente para lograr cousas como: a reforma da Sanidade militar británica, a extensión progresiva do seu modelo a sanidade civil ou a creación dunha escola de enfermeiras no ano 1861, todo isto fixo que sexa recoñecida hoxe en día como unha das pioneiras da enfermería moderna.

Unha das grandes paixons da sua vida foron as matemáticas e a estadística, esta ultima sirveulle de moito no desenvolvemento do seu traballo como enfermeira, Nightingale foi unha pioneira no uso de representacións visuais da información mediante graficos estadísticos c irculares bastante sinxelos de entender, o que lle sirveu para realizar os informes que presentou ante os membros do parlamento británico co propósito de demostrar o mal funcionamento da sanidade militar durante a guerra de Crim

No ano 1859 foi a primeira Muller elixida para ser membro da Royal Statistical Society e máis tarde sería elexida como membro honorario da Asociación de Estadística Americana, ademais o día internacional da enfermería celebrase na fecha do seu cumpreanos.

 

Tags: , ,