As navallas e as ameixas das nosas rías teñen certificado de pesca sostible.

   Fronte á cada vez máis preocupante situación de sobrepesca no mundo, contar nas nosas rías con dúas pesquerías que cumplen o estándar medioambiental do MSC (Marin  Stewardship Council) para pesca sostible, é unha satisfacción.

imagen

   Hai tres pesquerías españolas coa certificación de pesca sostible do MSC, e dúas delas son galegas, a pesquería de navalla da Ría de Pontevedra que acadou a certificación en xaneiro deste ano, e a pesquería de ameixa e berberecho da Ría de Arousa certificada no 2011.

As certificacións medioambientais confirman a sostibilidade na xestión dun recurso, co que a empresa que o xestiona obtén unha vantaxe competitiva no mercado, e o consumidor, a seguridade de estar mercando un produto que se está xestionando de forma sostible.

imagen

   Entre os requisitos que debe cumplir unha pesquería para obter a certificación figuran efectuar niveis de capturas que manteñan a alta produtividade do recurso, non alterar coas capturas a composición de idade e sexo das poboacións, non alterar o hábitat nin as poboacións doutras especies, utilizar artes de pesca de mínimo impacto, e respectar as leis e estándares locais, nacionais e internacionais sobre uso responsable e sostible dos recursos.

imagen

 Cales destes e outros criterios de sostibilidade crees que cumplen os cultivos de moluscos da nosa ría?

 

Tags: , , , , , ,