As medusas invaden os mares?

Nos últimos anos sucédense noticias de invasións de medusas, dende a recente parada dun reactor nuclear en Suecia a causa do número de animais que taponaron a entrada ás tuberías de refrixeración, ata a enorme cantidade de medusas que se avistaron este verán nas praias do Mediterráneo. Estas proliferacións de medusas causan danos nas redes de pesca, diminúen a poboación de peixes (pois se alimentan de larvas ou ovos) e atascan condutos de refrixeración de pesquerías.

imagen

Ante as recentes noticias de proliferacións masivas e frecuentes destes animais, cabe preguntarse se acabarán as medusas dominando os mares ou trátase só de fenómenos cíclicos, e avistamentos máis frecuentes, sen ter que significar esto que están a aumentar en número.

Proxecto “Jellyfish database initiative” tenta obter solucións a este respecto, e de momento parece que non hai suficientes evidencias para considerar que no futuro os océanos serán unha “sopa de medusas”.

O que si sabemos é que hai varios factores que causan estas floracións de medusas, dende factores climatolóxicos (invernos e primaveras cálidas alargan os ciclos vitais das medusas) a factores ecolóxicos, como cambios no número dos seus predadores naturais.

Según Ecoloxistas en Acción o ser humano está a actuar sobre estos factores rompendo os equilibrios ecolóxicos e provocando que estas invasións de medusas sexan cada vez máis frecuentes. Desta forma, o aumento de temperaturas debido ao cambio climático, a sobrepesca de depredadores naturais das medusas como a tartaruga mariña, o atún ou o peixe espada, e a chegada de cada vez máis nutrientes ás costas por verquido de augas residuais, están a propiciar o aumento das poboacións de medusas.

A proliferación de medusas actúa ademáis, reducindo os recursos pesqueiros, xa de por si escasos, pois as medusas se alimentan das crías do peixe e compiten con eles polo plancton.imagen

Así, coa sobrepesca, estamos a reducir a poboación de peixes depredadores de medusas, provocando que éstas aumenten en número. Ao aumentar en número ,consomen máis larvas, ovos e plancton, reducindo así as poboacións de peixes por depredación ou competencia. É coma a pescadilla que se morde a cola, cada vez menos peixe e máis medusas.

Que facer para recuperar o equilibrio?

 

Tags: , , , ,

5 Respostas a “As medusas invaden os mares?”

  1. pablobaulde2 Dixo:

    Dende a aparición dunha parada dun reactor nuclear en Suecia, a causa do número de seres vivos que taponaron a entrada ás tuberías de refrixeración, démonos conta de que unha enorme invasión de medusas que acaban ca reprodución dos peixes, posto que se alimentan das súas larvas e os seus ovos. Isto afecta á industria pesqueira e os mariñeiros en xeral, xa que as pesquerías de toda a costa Mediterránea son afectadas por estas proliferacións.
    Isto ven dado xa que ás medusas aparecen por distintos factores, como por exemplo, as augas cálidas no verán ou primaveira, alargan a vida de estes equinodermos. Como consecuencia máis cercana á poboación en xeral, este efecto, ten causas desastrosas na vida cotiá dos mariñeiros e mariñeiras, xa que as medusas alimentanse das crías do peixe e compiten con eles polo placton, o que produce unha disminución do salario da poboación mariñeira.
    Comentario feito por: Pablo Baúlde García e Joaquín Irajo Cores, alumnos de 1º de Bacharelato B.

  2. alvarofalcon2 Dixo:

    Eu creo que o prolema das medusas ven xa de atrás, de capturar tantos peixes, de capturar os seus depredadores.
    Por exemplo, hay delfíns que se alimentan de medusas, e máis de máis animais, e si aos delfíns lle faltan eses outros animais, por exemeplo os xurelos, poden acabar morrendo, e si non hay animais que coman medusas, estas cada vez van a procrearse máis e tamén van a multiplicarse, xa que ningún animal vai a comelas, e que a maioría dos animais que se alimentan de medusas, a outra alimentación que teñen, e sobre algún peixe que e capturado “masivamente”.
    E as medusas tamén están cambiando moito a zona donde viven, polo cambio climático, sempre buscan a auga quente, e posiblemente agora se acerquén máis a península, por eso se venxan, e se capturen tantas sen querer.
    Quizais estea enganado en algúnha das dúas cousas, pero e a miña opinión, porque si non e por unha cousa, e pola outra, son as dúas cousas ás que lle vexo máis lóxica.
    E a parada do reactor nuclear, creo que foi máis ben unha casualidade de que hubera tantas xuntas e o acabasen taponando, porque non creo eu, persoalmente, que haxa así como unha “plaga” delas, sinón que todo foi casualidade, ou tamén pudo ser que desovaran alì outras medusas, e coa gran cantidade de novos seres vivos, acabasen taponando a tubería.

  3. manueloubina Dixo:

    Comentario de: Manuel Oubiña e Jorge Dios.
    Está claro, que esto está provocado polo ser humano. Una razón, e o cambio climático, debido a que estamos desequilibrando os factores ecolóxicos, e hai alteracións na vida dos seres vivos que se atopan no mar. Por culpa de que estamos potenciando o cambio climático, estamos poñendo en perigo a vida de moitas especies. Outra razón é a sobrepesca de peixes que comen medusas, e por esa razón hai tantas. Isto, é solucionable, como todo, só temos que facelo posible, colaborar entre todos e buscar solucións, porque o final, nos acabamos sendo os maiores perxudicados, porque se todo o mar está cheo de medusas, será un perigo para as persoas, atascarán conductos polos que pasan productos… E sobre todo non habrá peixes para poder alimentarnos.

  4. lauragrande Dixo:

    As medusas han ido pasando de ser un lixeiro contratempo durante a época do baño hata ser un fenómeno continuo que ha empezado a afectar a importantes industrias como a pesca e o turismo. Antes non se tiña moi claro cal era a causa de iste gran aumento na población de medusas, según un estudo recente indican que unha causa probable pode ser o descenso da población de peixes.
    Un estudo da FAO apunta que o grave impacto que poden ter as medusas sobre as poblacións de peixes se demostrou na década de 1980 cando a unha especie de medusa que reside normalmente no Atlántico foi introducida accidentalmente no mar Negro e tivo un impacto devastador nas poblacións de peixes. O problema só se resolveu ca chegada doutra especie invasora ó Mar Negro.
    Debido ó gran aumento das medusas pódense tomar medidas como:
    _desarrollar productos a base de medusa para a alimentación, mediciña e cosmética.
    _adoptar medidas para reducir a sobrepesca, as emisións de gases de efecto invernadoiro e as causas de eutrofización, que ademais se melloraría o medio ambiente en xeral.

  5. antiamoreira3 Dixo:

    Nesta noticia infómannos de que dende a recente parada dun reactor nuclear en Suecia o numero de medusas no mar veuse moi aunmentado, sobre todo nas costas do Mediterráneo. As medusas en grandes cantidades coma nestes casos poden causar grandes danos, coma por exemplo nas redes de pesca. Este ser vivo tamén se alimenta das larvas e dos ovos de outras especies, o que impide o crecemento de estas, e cantas máis medusas, máis teñen que alimentarse. O importante tamén somos nos, que co quecemento global e o aumento das temperaturas tanto na atmosfera coma nos mares polo noso mal coidado da terra, esta especie esta crecendo nun gran numero. E tamén nos temos parte de culpa aparte do último nomeado, pola sobrepesca, que o numero de depredadores da medusa coma o atún ou a tortuga de mar, estamos facendo que estas aumenten máis.