Florence Nightingale

Florence Nightingale naceu  no seo dunha familia alta o 12 de maio de 1820 no Gran Ducado da Toscana e foi unha gran enfermeira, escritora e estadística británica, considerada unha das pioneiras da enfermería moderna e creadora do primeiro modelo conceptual de enfermería. Destacou dende moi xoven nas matemáticas e aplicou os seus coñecementos de estatística á epidemoloxía e á estatística sanitaria. Foi a primeira muller admitida na Royal Statistical Society británica e membro honorario da American Statistical Association .

imagenDe fé anglicana, cría que Deus influira para que fose enfermeira. O seu papel foi moi importante na Guerra de Crimea. A partir dese momento foi coñecida como “a dama da lámpada” pola súa costume de realizar rondas nocturnas cunha lámpada para atender aos seus pacentes.

En 1883 a Raiña Victoria otorgoulle a Real Cruz Vermella e 24 anos máis tarde foi a primeira muller en recibir a Orde de Mérito do Reino Unido.

Xuramento Nightingale efectuado polos enfermeiros ao graduarse, foi cread no seu honor en 1893, e o Día Internacional da Enfermería celébrase na data do seu aniversario.

O seu traballo  foi decisivo na creación da Cruz Vermella Británica en 1870 e foi membro do seu comité de damas interesándose polas actividades do movemento ata o seu falecemento. O propio Henri Dunant, fundador da Cruz Vermella e promotor da Convención de Xenebra, dixo que todo o honor desa convención éralle debido.

Con respecto á estatística, Nightingale  chegou a converterse nunha pioneira no uso de representacións visuais da información e en gráficos estaísticos. Entre outros utilizou o gráfico circular, desenrolado pot William Playfair en 1801, e que ainda repesentaba unha forma novedosa de presentar datos. Tamén se lle atribúe o desarrollo dunha forma de gráfico circular hoxe coñecida como diagrama de área polar ou como diagrama da rosa de Nightingale, equivalente a un moderno histograma circular, co fin de ilustrar as causas da mortalidade dos soldados no hospital militar que dirixía.

Nos seus últimos anos realizou un exhaustivo informe estatístico acerca das condicións sanitarias nas zonas rurais da India, e liderou a introdución de melloras na atención médica e servizo de saúde pública nese país. En 1858 e 1859 presionou exitosamente polo establecemento dunha Comisión Real  para tratar a situación india. Dous anos despois redactou un informe á comisión donde completou o seu propio estudo de 1863. Despois de 10 anos de reformas sanitaria, en 1873, Nightingale informou que a mortalidade entre os soldados na India disminuiu de 69 a 19 por cada mil.

imagen

 

Tags: , ,