4 Novembro, celebramos o Día da Ciencia en Galego

O IV Día da Ciencia en Galego, co lema Arte e Ciencia, está adicado a Bucky Fuller, Isaac Díaz Pardo e Nightingale.

Imos a coñecer algo máis deles.

imagen

Bucky Fuller  (1895-1983) foi un arquitecto e diseñador americano moi coñecido polo deseño da cúpula xeodésica, estrutura estable e lixeira que se pode ver hoxe por todo o mundo en moitos edificios. Foi tamén un activista medioambiental consciente da necesidade dun uso sostible dos recursos.

 

imagenIsaac Díaz Pardo (1920-2012) foi un pintor, escritor, deseñador e empresario galego propulsor dun gran número de actividades industriais e culturais galegas. Fundou, xunto con outros galeguistas, o Laboratorio de Formas, do que foron xurdindo outros proxectos como o Complexo Industrial de Sargadelos, as Edicións do Castro, o Museo Carlos Maside ou o Seminario de Estudos Galegos.

imagen

Florence Nightingale (1820-1910) foi unha enfermera, escritora e estadística británica. Sentou as bases da profesionalización da enfermería e aplicou os seus coñecementos de estadística ao campo sanitario. O seu traballo foi fonte de inspiración para o creador da Cruz Vermella. Este é o Ano Internacional da Estadística.

 

Tags: , , , , ,