Sabes o que comes?

 O noso país é o maior cultivador de plantas transxénicas da Unión Europea (realmente é o único). Obtén fortes críticas e moitos argumentos a favor pero, a que se debe esta polémica?

 

imagen

Os tranxénicos son organismos modificados xenéticamente. Portan un xen que non é propio desa especie, polo que adquiren novas características: resistencia a pragas, resistencia a sequía, retardo na maduración, capacidade de degradas petróleo… Estas características fanas perfectas para a agricultura industrial. O premio Nobel Richard Roberts afirma que os tranxénicos son a clave para acabar coa escaseza no mundo. Pero non todo son ventaxas,   algunhas organizacións están totalmente en contra destes cultivos debido a que:

  • Compite coa vexetación silvestre
  • Consume moitas cantidades de auga e de petróleo
  • Aplica químicos que provocan emisións de gases de efecto invernadoiro, contribuíndo nunha maior medida ao cambio climático
  • Ata agora só se demostraron alerxias, pero poden ter efectos máis perxudiciais para a nosa saúde
  • Recombina bacterias e virus, podendo dar lugar a novas enfermidades
  • Perxudica aos pequenos agricultores

A alternativa aos transxénicos podría ser a agricultura ecolóxica ou unha biotecnoloxía diferente como a Selección Asistida por Marcadores.  Cara que lado da balanza de pros e contras te inclinarías?

 

O olfacto dos cans.

imagen

Cun olfacto ata dez mil veces superior ao dos humanos, os cans poden descubrir se unha persoa padece cancro, se vai sufrir un brote epiléptico, migrañas ou algún episodio de alerxia. Cada vez déixannos mais claro que é o mellor amigo do home.

A explicación da eficacia dos cans que detectan o cancro en humanos é sinxela. Estes animais teñen unhas capacidades olfactivas que detectan compostos orgánicos específicos de este tipo de cancros na orina, grazas á súa excepcional capacidade que lle confieren os 300 millóns de receptores olfactivos que ten un can.

Hai persoas que tardan anos en saber que están marcadas polo cancro. ‘Black’, un can adestrado no centro de ‘Argus Dog’ en Barcelona, adicado ao adestramendo de cans para a detección de enfermidades, é capaz de ter esta información nuns minutos.

Pero non calquera tipo de cancro. Unha investigación atopou nalgúns cans un don excepcional que detecta o cancro de próstata, o segundo tipo máis común nos homes. Esta conclusión obtívose despois de valorar os resultados que tiraron os pastores alemáns encargados de cheirar os ouriños de 900 homes, 360 de eles con cancro de próstata. A tasa de que os cans detectaron algo no ouriño foi dun 98,7% de acerto nos homes diagnosticados con esta enfermidade.

Non hai unha evidencia científica que explique se os cans poden percibir de antemán un embarazo. Suxeriuse que podería ser porque o seu privilexiado olfacto percibe os cambios nas hormonas e feromonas das mulleres embarazadas.

 

O ‘Corta e Pega’ do ADN

 As especialistas en bioquímica e xenómica  Emmanuelle  (Francia) e Jennifer Doudna (Estados Unidos), recibiron o premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica 2015 polo seu traballo sobre a defensa inmunitaria das bacterias ante o virus que os infecta. Foron premiadas pola súa contribución no avance da enxeñería xenética. Elas desenvolveron un método, o CRISPR-Cas9, que permite editar o ADN, é decir, poder retirar e engadir novo material xenético ( como un ‘corta e pega’) podendo cambiar o noso ADN. Este método foi xa empregado para tratar o cancro, as mutacións nun só xen ou no VIH.

Déronlle varios galardóns xa que foi un importante descubremento na última década na biomediciña. Ó ter a posibilidade de manipular a información xenética, danos a oportunidade de cambiar o tratamento e a investigación dun gran número de enfermidades.

Doudna é profesora na Universidade de California en Berkeley e dirixe o seu propio laboratorio en Howard (EEUU). Por outro lado, temos a Charpentier, que está ó fronte dun equipo de investigación na Universidade de Umea (Suecia) e no Centro Helmholtz para a investigación de infeccións. Ambas as dúas desenvolveron a técnica CRISPR-Cas9, un mecanismo do sistema inmune das bacterias polo cal son capaces de detectar e cortar as secuencias xenéticas que están infectadas polo virus atacante e pode chegar a bloquear a acción cambiando por un material que non estea danado.

imagen

Que vos parece este novo avance? Credes que nun futuro moitas enfermidades como o cancro deixen de ser mortais grazas a esta nova técnica?

 

 

Galicia é unha mina de…

Temos que ser consciences que case todo o que nos rodea depende dos produtos da explotación mineira, dende as construcións e infraestruturas que nos rodean, á enerxía que utilizamos, os aparellos que manexamos ou a auga que bebemos.

Galicia ten recursos minerais, que se levan explotando moito tempo, como materiais de construción (somos a primeira potencia mundial na produción de lousa e a cuarta de granito), minerais como a magnesita (a mina de O Incio en Lugo, é unha das máis importantes do mundo), caolín (o 21% do caolín para cerámica en España sae das explotacións da montaña lucense), seixo (a nosa comunidade aporta o 44%da produción española), carbón (que se deixou de extraer xa nas minas de Meirama e As Pontes), estaño e wolframio (que se explotaron na II Guerra Mundial)… Tamén podemos incluír nestos recursos xeolóxicos aos mananciais e balnearios. E outros minerais dos que obter elementos tan utilizados na industria electrónica como o litio ou as terras raras. A explotación destos elementos non era rendible ata o momento, pero a subida de precios destes elementos no mercado está despertando un novo interese por eles.

Empresas canadienses e sudafricanas tentaron facer prospecciòns e solicitar licencias para o estudo da posible explotación de ouro en Corcoesto; litio, estaño, niobio, coltán e wolframio en Lalín, Silleda, Forcarei e O Irixo; tantalio das escombreiras de estaño de Viana do Bolo; andalucita nas Pontes (moi cerca das Fragas do Eume)…

Que podemos esperar se se poñen en marcha estas explotacións?

Os defensores da reapertura destas minas esperan que aporten postos de traballo (en torno a 270 empregos para a mina de Corcoesto segundo a compañía mineira, que mantería a explotación uns dez anos) e riqueza a Galicia , os detractores advirten dos riscos ambientais desta minería.imagen

Ao fragmentar a rocha para separar o ouro libérase arsénico  e utilízase cianuro de sodio, dous contaminantes que poden chegar facilmente a ríos e mananciais, ademais xéranse escombreiras e lodos que se acumulan en balsas, co grave risco de que rompan e liberen cantidades importantes de contaminantes ao medio, como xa ocurriu outras veces. Hai que contemplar tamén o impacto paisaxístico que xeraría, a emisión de partículas á atmosfera, a intensificación do tráfico e o ruido, e a boa xestión ou non, que faga a empresa para rexenerar a zona tras a explotación.

Galicia ten moitos recursos ademais dos mineiros, pode que algúns incompatibles entre eles, pensando no noso futuro, por cales queremos apostar?

 

Fracking ?

imagen

Se te estás a preguntar que é iso do fracking ou febre do gas, que nos pode aportar esta técnica, ou por que algunhas asociacións ecoloxistas e comunidades están preocupadas ao respecto, consulta este interactivo de rtve, e decide se sumarte ou non, á opinión do video de Non ao fracking en Europa.

 

“PRECISAMOS OUTRO PLANETA”

Na actualidade a humanidade precisa os recursos equivalentes a 1.4 planetas por ano: se as tendencias actuais continúan así na próxima década, precisaremos dous planetas para abastecernos.

A pegada ecolóxica xorde como principal medida da demanda da humanidade sobre a natureza. O obxetivo desta é medir a presión que o home exerce no planeta. imagen

Pero se todos vivísemos ó estilo de vida do home promedio en Norteamérica precisaríamos de cinco planetas; pola contra, hai países que non consumen tantos recursos, o que quere dicir que teñen unha economía máis forte e sustentable. O cálculo da pegada ecolóxica dun país, é o primeiro paso para convertirse nun país ou sociedade sostible.

Dita pegada ecolóxica depende en gran parte, da mochila ecolóxica dos produtos que consumimos. Cada produto é como un iceberg, xa que todo o que se necesita para fabricalo, é moito máis do que aparenta, para nós o consumo dun producto empeza cando o compramos e remata cando o tiramos; sen embargo a realidade é que todo o proceso dun produto, dende as materias primas ata que chega á tenda, esixe un gasto de materiais, recursos naturais e enerxía. Por exemplo: a mochila ecolóxica dun coche pesa máis de 15 toneladas (máis de dez veces o peso do coche).

A pregunta é: cabemos no noso planeta? Calcula a túa pegada ecolóxica AQUÍ.

 

Efectos da marihuana nos adolescentes

Dise que a marihuana (Cannabis) é unha droga alucinóxena psicotrópica con fins recreativos, relixiosos e ata menciñais; composto básicamente do químico psicoactivo chamado THC (tetrahidrocannabinol). Pódese preparar de distintas formas: cas flores secas dunha planta femia; co quife, que é o po que se utiliza básicamente para facer pasteis e co Haxix, que é a resina da flor da planta femia e dise que é máis potente que a marihuana. Provoca adicción á vez que provoca danos no noso organismo, pero… Ata que punto lles pode afectar aos adolescentes que a consumen?

Unha unidade de investigadores da Facultade de Menciña Feingberg, na Universidade de Northwestern, en Estados Unidos; averiguou que os xoves que consumen cannabis a diario durante un longo período de tempo, son propensos a desenvolver grandes problemas de memoria.

imagen

Para determinalo, levaron a cabo unha enquisa onde enfocaron a súa atención sobre menores de entre 15 e 17 anos que consumiran este composto durante tres anos. Estudaron os cambios na estrutura dos seus cerebros mediante un sistema de reprodución de imaxes por resonancia magnética. Con este feito, detectaron alteracións fisicas nos seus hipocampos, unha zona asociada á formación de recordos a longo prazo, incluso ata pasados os 24 meses de deixar o hábito.

Estes científicos explican que os adolescentes exconsumidores da marihuana, resolveron unhas probas memorísticas especialmente deseñadas cun resultado de 18% peor cas outras persoas da súa mesma idade que non abusaran de esa substancia.

 

A auga, un ben escaso?

 Atrás quedaron esas teorías que dicían que o planeta Terra era o único en todo o universo o cal tiña esa substancia, a auga. A medida que a nosa tecnoloxía avanza imos correxindo os nosos erros en canto a teorías, e unha delas podería ser esta, pois cada vez hai máis probas de que a auga podería ser un compoñente importante en cantidade no universo. Isto levaría a que teorías como a da panspermia (que di que a vida orixinouse no espazo) poderían chegar a ser máis cribles.

 

imagen A parte das reservas que se cree que hai no Sistema Solar (nos aneis de Saturno, nas lúas de Xúpiter ou incluso no interior da nosa Lúa), tamén hai exoplanetas formados por auga xeada, como o GJ1214b, planetas formados por vapor de auga, como o HAT-P-11b ou o sorprendente caso dunha protoestrela na constelación de Perseo, a cal dispersa enormes cantidades de auga (100 millóns de veces o caudal do amazonas por segundo) en forma de chorros que poden alcanzar velocidades entre 100-300km/s.

 

 ”protoestrela na constelación de Perseo”

 

imagenAsí como a auga foi moi importante para o orixe da vida, tamén o é tanto para mantela, así que iso nos leva a plantexarnos un futuro noutro planeta. Un exemplo podería ser o Gliese 832-c, a unha distancia de 16,1 anos luz da Tierra na constelación de Grus, o cal cun tamaño notablemente superior ó da Terra e cunha temperatura media de 22ºC (supoñendo unhas condicións atmosféricas como na Terra), ten unha similitude ca Terra dun 81%, polo que sería o principal candidato a ser o noso próximo fogar.

 

 

Por que soñamos?

Do mesmo xeito que toda persoa saudable durme, toda persoa saudable soña. Aínda que moitas veces non recordamos os nosos soños, todo se explica dependendo de en qué fase do soño nos atopamos cando espertamos. O sono ten dúas fases principalmente:

  • A de sono lento ou NON-REM: durante as súas catro etapas o que se produce é a desconexión das vías de acceso da información sensorial, a relaxación muscular e a introdución lenta e profunda cara o sono (onde poden aparecer xa soños pero sen ter unha liña argumental, sendo simplemente coma imáxenes inconexas).
  • A de sono rápido ou REM (nome que se lle atribúe polas siglas en inglés de movemento ocular rápido)contrastan esa relaxación total do noso corpo coa gran actividade presente do sistema nervioso central, síntoma de alerta, e é aquí onde propiamente empezan a xurdir os soños (sendo as súas responsables unhas neuronas do tronco cerebral). Nesta etapa o noso ritmo cerebral aumenta ata acadar rexistros similares a cando estamos espertos (sendo así o sono non tan profundo) e os glóbulos oculares comezan a moverse rápidamente.

imagenEste ciclo de fases pode repetirse entre cinco ou seis na noite. A maior parte das persoas adoitan espertarse no final da última fase REM, sendo estas así as únicas que recorden o soñado (o último soño), mentres que os anteriores son todos borrados. Os científicos din que o 95% do que soñamos é olvidado, cando só o 5% é o que chegamos a lembrar e aínda así sen ser recordos precisos nin exactos.

Pero… por que soñamos? Que funcións ten soñar? O primeiro en intentar buscarlle unha solución a estas preguntas foi o médico neurólogo Sigmund Freud que o explicou no seu libro, “La interpretación de los sueños“, onde di que os soños son unha realización dos nosos desexos de xeito alucinatorio, sendo unha vía así ao noso inconsciente. Pero, dende aquela, as últimas investigacións científicas apuntan a que os soños podrúcense pola mezcla de experiencias e ideas pensadas ao longo do día, sendo así fragmentos de memoria do día anterior.

As funcións e os efectos que causan os soños aínda son bastante descoñecidos e discutidos hoxe en día, pero pódese falar con bastante seguridade  de que:

  • Permite a eliminación de residuos celulares do cerebro máis facilmente ao activar ao sistema glinfático dez veces máis que en estado normal. Tales residuos como a proteína beta-amiloide, responsable da enfermidade do Alzheimer. Tendo así unha forte relación coa consolidación da memoria (onde selecionamos os recordos que consideramos importantes e eliminamos os que se consideran inservibles).
  • Ten función restauradora. Nos casos en que persoas sufriron algún tipo de dano cerebral que afectou á zona onde se producen os soños e, como consecuencia deixaron de soñar, aseguran ter a sensación de durmir pero sen estar plenamente cheos de enerxía como sí estaban anteriormente.
  • Serven tamén para buscar solucións aos nosos problemas. Deste xeito, aquelas persoas que soñan con dificultades que teñen na realidade, e son capaces de enfrontalas de algún xeito no que non inflúe a súa decisión, son capaces de resolvela mellor a próxima vez que se topen con ela.
  • Teñen un gran papel na aprendizaxe mentres durmimos. Ao soñar temos experiencias novas que sumamos ás que xa tiñamos. Ademáis, este aprendizaxe encóntrase relacionado coa consolidación da memoria. Por iso é tan importante durmir ben se se quere rendir ben en estudos ou no traballo.

Aínda hai moito por investigar e pode que cousas que desmentir neste ámbito dos soños, pero, do que podemos estar seguros, é que ese tercio da nosa vida que gastamos durmindo non é una perda de tempo.

 

O don da sinestesia

Tenta imaxinar o cerebro dun bebé. Nesa pequena cabeza, un exceso de desordenadas conexións cerebrais se preparan para comezar a interpretar o mundo que as rodea. A medida que o tempo pasa, unha ‘poda neuronal programada’ elimina as células nerviosas sobrantes, creando o cerebro maduro tal e como o coñecemos. Sentidos, pensamento, memoria, intelixencia, pouco a pouco esas áreas se independizan ó especializarse as neuronas, e perden as conexións que resultan innecesarias, ó morrer as neuronas que as unían.

E se non ocorre isto?

Imaxinamos que, por razóns descoñecidas, esta poda non se produce. Nese bebé algo falla e certas neuronas permanecen coma pontes entre seccións cerebrais. Ese bebé enviará estímulos a áreas coas que xa non debería ter contacto, creando así respostas extraordinarias. Ese bebé interpretará a realidade dunha maneira completamente diferente á nosa. Ese bebé será sinésteta.

sinestesia é unha condición que se da en todos nós cando somos bebés. O sentidos se mesturan ó comezar a traballar, e literalmente oímos cores, vemos sons e mesmo saboreamos palabras. O común é que, como dixemos antes, ó crecer esto se perda, pero no 1% ó 5% da poboación mundial mantese na idade adulta.

Existen centos de tipos de sinestesia catalogados, xa que os sentidos mesturados inclúen, ademais dos cinco sentidos, variacións de temperaturas, rostros e emocións. Os tipos máis comúns son o grafema a cor (ver un número, unha letra ou un signo de puntuación dunha cor característica, independentemente de cal sexa a real) e a música a cor ou sinestesia musical (ver cores e formas ó escoitar certas notas, tonos e sons). Menos comúns son o léxico a gusto (saborear as letras e palabras), a personificación (percibir a personalidade das letras e números), a sinestesia tacto-espello (sentir a dor, a alegría e a tristeza doutras persoas como propia) e o curioso efecto Pinocho (a temperatura da punta do nariz varía segundo a emoción que experimenta o sinésteta, sexa propia ou doutra persoa), entre moitas outras.

É común que os sinéstetas terminen relacionados co arte e sexan máis creativos, xa que ó relacionar un son ou unha letra a unha cor ou sabor, cárgano de sentimentos que facilitan a creación dunha canción, un cuadro ou unha poesía, aínda que tamén inflúe a neuroloxía (o aumento de dopamina no cerebro, que se facilita ó ser este sinestésico). Pintores coma Vincent Van Gogh e Wassily Kandinsky, escritores coma Vladimir Novokov, e unha gran cantidade de músicos padeceron e padecen esta condición, e moitos deles confesan non saber desempeñar o seu traballo sen a axuda das cores e sons pantasmas.

Unha destas figuras chámase Kiki e outra Bouba, cal é cal para ti?

imagen

Esta imaxe corresponde a un dos test sinestésicos máis famosos, que demostra como tendemos a nomear segundo a súa forma e o son da palabra. Chamaches Bouba á figura morada e Kiki, á laranxa? Máis do 95% das persoas que fixeron este test así o escolleron. Débese a que os contornos redondeados da primeira figura coincides cos sons suaves de Bouba, mentres que as puntas da segunda recordan ó forte son de Kiki.

Se sentes curiosidade, aquí tes un test acerca da sinestesia. Ningunha proba é capaz de abarcar todos os tipos desta facultade, pero pode darche unha pista sobre si posúes ou non este marabilloso don. Que me dis, sénteste afortunado?