O ‘Corta e Pega’ do ADN

 As especialistas en bioquímica e xenómica  Emmanuelle  (Francia) e Jennifer Doudna (Estados Unidos), recibiron o premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica 2015 polo seu traballo sobre a defensa inmunitaria das bacterias ante o virus que os infecta. Foron premiadas pola súa contribución no avance da enxeñería xenética. Elas desenvolveron un método, o CRISPR-Cas9, que permite editar o ADN, é decir, poder retirar e engadir novo material xenético ( como un ‘corta e pega’) podendo cambiar o noso ADN. Este método foi xa empregado para tratar o cancro, as mutacións nun só xen ou no VIH.

Déronlle varios galardóns xa que foi un importante descubremento na última década na biomediciña. Ó ter a posibilidade de manipular a información xenética, danos a oportunidade de cambiar o tratamento e a investigación dun gran número de enfermidades.

Doudna é profesora na Universidade de California en Berkeley e dirixe o seu propio laboratorio en Howard (EEUU). Por outro lado, temos a Charpentier, que está ó fronte dun equipo de investigación na Universidade de Umea (Suecia) e no Centro Helmholtz para a investigación de infeccións. Ambas as dúas desenvolveron a técnica CRISPR-Cas9, un mecanismo do sistema inmune das bacterias polo cal son capaces de detectar e cortar as secuencias xenéticas que están infectadas polo virus atacante e pode chegar a bloquear a acción cambiando por un material que non estea danado.

imagen

Que vos parece este novo avance? Credes que nun futuro moitas enfermidades como o cancro deixen de ser mortais grazas a esta nova técnica?

 

 

Tags: , , , ,