Por que soñamos?

Do mesmo xeito que toda persoa saudable durme, toda persoa saudable soña. Aínda que moitas veces non recordamos os nosos soños, todo se explica dependendo de en qué fase do soño nos atopamos cando espertamos. O sono ten dúas fases principalmente:

  • A de sono lento ou NON-REM: durante as súas catro etapas o que se produce é a desconexión das vías de acceso da información sensorial, a relaxación muscular e a introdución lenta e profunda cara o sono (onde poden aparecer xa soños pero sen ter unha liña argumental, sendo simplemente coma imáxenes inconexas).
  • A de sono rápido ou REM (nome que se lle atribúe polas siglas en inglés de movemento ocular rápido)contrastan esa relaxación total do noso corpo coa gran actividade presente do sistema nervioso central, síntoma de alerta, e é aquí onde propiamente empezan a xurdir os soños (sendo as súas responsables unhas neuronas do tronco cerebral). Nesta etapa o noso ritmo cerebral aumenta ata acadar rexistros similares a cando estamos espertos (sendo así o sono non tan profundo) e os glóbulos oculares comezan a moverse rápidamente.

imagenEste ciclo de fases pode repetirse entre cinco ou seis na noite. A maior parte das persoas adoitan espertarse no final da última fase REM, sendo estas así as únicas que recorden o soñado (o último soño), mentres que os anteriores son todos borrados. Os científicos din que o 95% do que soñamos é olvidado, cando só o 5% é o que chegamos a lembrar e aínda así sen ser recordos precisos nin exactos.

Pero… por que soñamos? Que funcións ten soñar? O primeiro en intentar buscarlle unha solución a estas preguntas foi o médico neurólogo Sigmund Freud que o explicou no seu libro, “La interpretación de los sueños“, onde di que os soños son unha realización dos nosos desexos de xeito alucinatorio, sendo unha vía así ao noso inconsciente. Pero, dende aquela, as últimas investigacións científicas apuntan a que os soños podrúcense pola mezcla de experiencias e ideas pensadas ao longo do día, sendo así fragmentos de memoria do día anterior.

As funcións e os efectos que causan os soños aínda son bastante descoñecidos e discutidos hoxe en día, pero pódese falar con bastante seguridade  de que:

  • Permite a eliminación de residuos celulares do cerebro máis facilmente ao activar ao sistema glinfático dez veces máis que en estado normal. Tales residuos como a proteína beta-amiloide, responsable da enfermidade do Alzheimer. Tendo así unha forte relación coa consolidación da memoria (onde selecionamos os recordos que consideramos importantes e eliminamos os que se consideran inservibles).
  • Ten función restauradora. Nos casos en que persoas sufriron algún tipo de dano cerebral que afectou á zona onde se producen os soños e, como consecuencia deixaron de soñar, aseguran ter a sensación de durmir pero sen estar plenamente cheos de enerxía como sí estaban anteriormente.
  • Serven tamén para buscar solucións aos nosos problemas. Deste xeito, aquelas persoas que soñan con dificultades que teñen na realidade, e son capaces de enfrontalas de algún xeito no que non inflúe a súa decisión, son capaces de resolvela mellor a próxima vez que se topen con ela.
  • Teñen un gran papel na aprendizaxe mentres durmimos. Ao soñar temos experiencias novas que sumamos ás que xa tiñamos. Ademáis, este aprendizaxe encóntrase relacionado coa consolidación da memoria. Por iso é tan importante durmir ben se se quere rendir ben en estudos ou no traballo.

Aínda hai moito por investigar e pode que cousas que desmentir neste ámbito dos soños, pero, do que podemos estar seguros, é que ese tercio da nosa vida que gastamos durmindo non é una perda de tempo.

 

Tags: , , , , ,

4 Respostas a “Por que soñamos?”

  1. andresoubina Dixo:

    Carlos Santiago e Andrés Oubiña:

    Penso que este tema é moi interesante pois se podería dicir que o feito de soñar é unha característica civilizada, xa que os nosos antepasados ata que descubriron o lume non puideron durmir tranquilos, sen sentirse en perigo. Incluso os animais tenden a soñar, polo que parece ser algo fundamental nos seres vivos, pois é necesario para ter unha boa saúde mental e física. É moi curioso que só poidamos lembrar o 5% dos nosos soños, xa que nos deixa en dúbidas de cantas outras experiencias nos estamos a perder, ademais do aprendizaxe recibido neses soños

  2. aidaferreiro Dixo:

    Este post pareceunos moi interesante porque conta o que pasa no noso cerebro mentres dormimos, algo descoñecido para a maioria das persoas, grazas a esto sabemos porque soñamos e porque non nos acordamos do que soñamos a maioria das veces.
    Aida Ferreiro e Arancha Romay

  3. belenpaz Dixo:

    Resulta interesante que o soñar, igual ca o propio durmir, sexa todavía un misterio para a ciencia en tantos aspectos. O motivo polo cal necesitamos durmir, nós e todos os animais, non está claro; e o feito de que existan distintos tipos de sono (os cetáceos dormen cunha metade do cerebro alerta, que se vai alternando) e que as persoas soporten a falta de comida mellor ca a de sono, son moi sorprendentes.
    O soñar é unha característica do sono moi particular. Os pesadelos, os soños recurrentes, os recordos subsconcientes e os soños premonitorios (que se contan dentro da parapsicoloxía) nos aseguran que, na fase REM, o noso cerebro traballa coa mesma intensidade que durante a vixilia, e quizais tamén cun motivo, aínda descoñecido.
    Pero o misterio dos soños non atañe unicamente ós seres humanos. Está demostrado que moitos animais teñen as mesmas fases do sono que nós, poderán eles tamén experimentar soños? Parece que sí, aínda que, saber se son conscientes deles e os diferenzan da realidade, é un misterio que escapa da nosa comprensión.
    Neste artigo do BBC, ‘¿Con qué sueñan los animales?’, fálase dos distintos experimentos que se realizaron co propósito de contestar a esta pregunta, así como os resultados que amosaron:
    http://www.bbc.co.uk/mundo/noticias/2014/04/140429_vert_fut_ciencia_que_suenan_los_animales_np

    Belén Paz Allo 1º BAC C

  4. saralojo Dixo:

    Dentro dos soños tamén están as pesadillas, as cales din que están relacionadas con situacions de estrés. Un naturalista di que as pesadillas dinse que ocorren máis en nenos pequenos, sobretodo na fase na que os nenos non se separan dos pais, para prepararse para situacións futuras, como por exemplo a morte un familiar. Por eso a medida que se crece e un se fai adulto, os soños e pesadillas, ou a menos o recordo deles an diminuíndo.