“PRECISAMOS OUTRO PLANETA”

Na actualidade a humanidade precisa os recursos equivalentes a 1.4 planetas por ano: se as tendencias actuais continúan así na próxima década, precisaremos dous planetas para abastecernos.

A pegada ecolóxica xorde como principal medida da demanda da humanidade sobre a natureza. O obxetivo desta é medir a presión que o home exerce no planeta. imagen

Pero se todos vivísemos ó estilo de vida do home promedio en Norteamérica precisaríamos de cinco planetas; pola contra, hai países que non consumen tantos recursos, o que quere dicir que teñen unha economía máis forte e sustentable. O cálculo da pegada ecolóxica dun país, é o primeiro paso para convertirse nun país ou sociedade sostible.

Dita pegada ecolóxica depende en gran parte, da mochila ecolóxica dos produtos que consumimos. Cada produto é como un iceberg, xa que todo o que se necesita para fabricalo, é moito máis do que aparenta, para nós o consumo dun producto empeza cando o compramos e remata cando o tiramos; sen embargo a realidade é que todo o proceso dun produto, dende as materias primas ata que chega á tenda, esixe un gasto de materiais, recursos naturais e enerxía. Por exemplo: a mochila ecolóxica dun coche pesa máis de 15 toneladas (máis de dez veces o peso do coche).

A pregunta é: cabemos no noso planeta? Calcula a túa pegada ecolóxica AQUÍ.

 

Tags: ,

46 Respostas a ““PRECISAMOS OUTRO PLANETA””

  1. Andrea Carro Dixo:

    Eu penso que ata que humanidade non cambie o noso planeta seguirá empeorando o seu estado, seguiranse derretendo os polos e a expulsiónde gases nocivos a atmosfera seguirá aumentando sen control. Según o promedio de estolo de vida norteamericano e de 5 planetas,mentres que outros países que nom consomen tantos recursos enexeticos e teñen unha economía máis forte e sustentábel a mochila enerxética dos productos e moi grande e seguramente innecesaria. Seguramente nod non cabamos neste planeta e incluso pode que o acabemos destruindo se non nos poñemos uns límites.

  2. diegogomez2 Dixo:

    Se queremos seguir conservando o planeta que temos de reducir a nosa pegada ecoloxica porque si non a natureza non da a basto para xerar outra vez recursos.
    A veces compramos cousas que nos parece que ao fabricalas non se contamina nada, pero inda que teñamos que fabricar algo pequeno necesitamos utilizar moitos materiales, esto é ao que se refire a mochila ecolóxica que quere decir que o consumo dun material vai desde que o compramos ata cando o tiramos.
    A miña opinión é que non caberiamos no noso planeta, porque se cada producto que se fabrica fose como un iceberg teríamos que reducir a poboación a metade, porque cada persona adquire moitos productos e non colleríamos todos nun só planeta.

  3. danielrey Dixo:

    Eu creo que e necesario buscar unha fonte de enerxía. Porque tanto as fontes de enerxía, como os alimentos e a auga son recursos dos que so os que mais poder teñan nun futuro non moi lexano van a disfrutar. Porque cada vez somos mais os que precisamos estos recursos.

  4. aliciasantorum Dixo:

    Eu penso que é necesario reducir o consumo ,porque senón chegaremos a un punto onde xa non poderemos gastar máis e sexa unha situación insostible pola falta de recursos e materias primas. Se todos aprendesemos a reducir o consumo teríamos un planeta mellor e unha vida mellor ,polo que este cambio nos compensa a todos e é un deber de todos que este se produzca.

  5. saradocal Dixo:

    Nos creémos que segundo o cuestionario, o noso consumo é moi alto para o pouco que gastamos en algunhas cousas como pode ser o uso do coche ou a electricidade. Segundo o cuestionario consumimos 1.7 planetas, o que para non facernos cargo das cousas da casa nin conducir é un consumo altísimo; xa que a xente que si se faga cargo desas cousas, ¿canto será o seu consumo? En realidade creemos que o problema é que realmente non nos damos conta do que contaminamos na nosa vida diaria e facendo pequenos xestos poderíamos axudar a reducir a nosa pegada ecolóxica.

    Borja Pazos e Sara Docal.

  6. sarahlabandeira Dixo:

    Chegará un momento en que a natureza non sexa capaz de xerar recursos se todos consumimos dun xeito excesivo.Se queremos manter o planeta é necesario reducir a nosa pegada ecolóxica.
    No momento en que imos consumir algo deberíamos pensar en todos os procesos que se realizan dende que o material se fabrica ata que o usamos e tiramos. Podríamos reducir este abuso utilizando máis os transportes públicos,tamén intentando que a enerxía eléctrica veña de fontes renovables,reforestar os bosques e deixar de talar(reciclando papel),reciclar residuos,se non estes serán queimados e conseguirase emitir máis CO2 provocando outras consecuencias…En xeral a mellor medida para conservar o planeta é o aforro.
    MARÍA SANTAMARÍA E SARAH MICHELE 1ºBAC B

  7. selenerivas Dixo:

    Selene Rivas e Teresa Nogueira:
    pensamos que aínda que os humanos cambiemos o noso estilo de vida, o noso planeta vaise seguir deteriorando. Esto é debido a que, aínda que cada persona consuma por sí mesma recursos, tamén hai fábricas, e isto é o que fai falta reducir, porque poden seguir ahí pero sen producir materia que dañe aos ecosistemas.
    Pensamos que o planeta non acabará desaparecendo,simplemente se adaptará a estas condicións producindo graves consecuencias para nós, e o que acabará desaparecendo é a vida no planeta.

  8. belenpaz Dixo:

    Aínda que cremos que reciclando cada día cumprimos coa nosa obriga diaria coa Terra, isto non é así. A reciclaxe axuda, mais toda a sociedade e o modo no que o mundo se move actualmente zuga a vida do planeta coma se a humanidade fose un vampiro. Non existe ningunha opción para mellorar isto agora mesmo, pois a ningún dos grandes magnates mundiais lle interesa en particular o planeta mentres queden materiais nela que poidan usar para enriquecerse.
    Pode ser que algún día a Terra se non quede pequena. Pouco a pouco, ela vaise adaptando ós cambios (os polos derrétense, a superficie quéntase, a concetración de gases da atmosfera cambia) pero non nos decatamos nin tentamos facer o mesmo. Ou atopamos un planeta de reposto cando acabemos con este, ou a Terra acabará soterrándonos na nosa pegada e aplastándonos coa mochila que cargamos.

    Belén Paz Allo 1ºBAC C

  9. antiavinas Dixo:

    Facendo o test da pegada ecolóxica o meu resultado precisa de 1.3 planetas cada ano, moito máis da parte que neste caso tócame amin. Comprobando todos os puntos do test, a área máis grande que produce que necesite esa cantidade de planeta cada ano, é no campo da camida, por que os occidentais acostumamos a comer máis carne que productos vexetais. Por iso, unha boa forma de reducir o noso consumo para “coller todos neste planeta” sería comer menos carne do que acostumamos e alimentarnos tamén de moitos outros productos dos que posuimos.No caso dos adolescentes como nós, podese pasar un pouco por alto o tema da comida, por que necesitamos alimentarnos con todos os alimentos,pero tampouco é necesario abusar da carne. Temos que conseguir reducir todos o noso consumo para que o noso planeta sexa capaz de xerar de novo todos os recursos necesarios e tamén para proporcionarlle un futuro máis ou menos bo aos que veñen despois que nós.

    Antía Viñas

  10. lydiafernandez Dixo:

    Se queremos conservar o noso planeta tal e como o coñecemos agora teremos que cambiar radicalmente e reducir a nosa pegada ecolóxica, porque se de media necesitamos 1,2 planetas, para seguir co noso estilo de vida, en pouco tempo acabaremos chegando a un punto no que quedaríamos sen recursos e materia prima e destrozaríamos por completo o noso planeta por culpa da nosa inconsciencia.

    Lydia Fernández e Mara Suárez

  11. nicolasrey Dixo:

    É interesante pensar en que para manter o estilo de vida que levamos deberíamos ter a produccion de máis que o noso planeta, se non fose por que o cosumo é diferente por todo o mundo, probablemente a pegada hecolóxica sería tan grande que non poderíamos manternos.
    Un dos campos de maior consumo é a alimentación,e observando que en paises como o noso pasase do devido, da evidencias de que en moitos outros tamen o teñen inferior ao que deberían, cousa que se debería intentar estabilizar

  12. davidgarciaallo Dixo:

    Nós cremos que para reducir o consumo dos combustibles fósiles debemos utilizar mais os transportes públicos, e utilizar maís a bici e o tren. Nós consumimos demasiada carne e pouca verdura, deberíamos comer mais verdura e menos productos animais, ademáis podes mellorar a túa saúde porque teñen menos graxas. Tamén deberíamos contratar enerxías renovables, con estes cambios podemos facer da Terra un planeta máis ecolóxico.

    David García Allo e Nicolás González Patón

  13. antiadios Dixo:

    Se todos coidásemos máis o noso planeta reducindo consumos innecesarios, a Terra estaría en mellores condicións. Se de verdade nos importase e non pensaramos que alguén o estará facendo por nós, coidaríamos todo mellor e algúns recursos non renovables non estarían a punto de esgotarse. A nós dounos unha media de 2 planetas. Isto quere dicir que nos farían falta 2 planetas para vivir. Tamén nos parece moi esaxerado que haxa que mover toneladas de materiais para poder conseguir unha pequena cantidade de outro máis caro, como por exemplo o ouro: atopado en minas, e acceder a elas é bastante custoso (exemplo da mochila ecolóxica).

    Catia Diz, Ruth Vidal e Antía Dios.

  14. andresoubina Dixo:

    Andrés Oubiña y Carlos Santiago:
    É un feito que o noso comportamento co planeta Terra é máis que mellorable, pois estamos conseguindo que non sexa habitable para nós mesmos, así que a este paso só quedarán tres opcións, cambiar o noso comportamento, o cal pode que cando nos demos de conta sea tarde, que cando ocorra xa teremos a tecnoloxía necesaria para ir a outros planetas ou a morte. No noso caso, temos unha media de consumición de 1.7 planetas, cando deberíamos de ter 1 o menos. Tamén hai que ter en conta que este dato varía moito dependendo do lugar onde se analice.

  15. benitoesperon Dixo:

    Nos pensamos que un planeta , coa cantidade de xente que hai, en continuo aumento , non dará abondo para a humanidade , contando cos animais que precisamos para obter alimento e as plantas para mantelos , sen ter en conta a ecoloxía ; por exemplo os animais en extinción que perderían os seus hábitas , os recursos naturais das minas acabaríanse esgotando e coa perda da vexetación aumentarían ainda máis o cambio climático , poñendo en perigo a supervivencia da especie e da vida no planeta.

    Benito Esperón e Adrián Alonso.

  16. andreavillamil Dixo:

    Nós cremos que o ritmo ó que vai o home explotando as fontes de enerxía, éstas irán esgotándose, ata chegar a un punto que sexan inexistentes. Por isto, temos que buscar novas fontes de enerxía e reducir a pegada ecolóxica que actualmente temos, para manter un equilibrio entre as fontes de enerxía e as renovacións destas.
    Actualmente o maior explotador das fontes de enerxía son os Estados Unidos, e, se todos tivésemos a mesma pegada ecolóxica que levan neste páis, farían falta 5 planetas para abastecernos, o que resultaría imposible.

    Andrea Villamil e Sofía Doval

  17. saradorado Dixo:

    O principal obxetivo da pegada ecolóxica é medir a presión que o home exerce no noso planeta é dicir reducir a contaminación ambiental que o ser humano está a producir e que acabará por esgotar os recursos que nos manteñen con vida.
    A pegada ecolóxica consiste,en gran parte, da mochila ecolóxica ,que quere dicir todos os procesos que sofre un producto dende a sua creación ata a sua destrucción.O “viaxe” que fai un producto non acaba cando o tiramos o lixo,por exemplo,se non que logo diso hay un longo proceso polo que pasa o dito producto,cun gran custo a nivel de contaminación,co que se acabará por destruir e non por reciclar.

    Facendo o test de pegada ecoloxica no país de Arxentina,saíume que necesitaría 1,5 planetas o ano para manter o meu nivel de vida.É unha cousa moi grave ,sobre todo si o xuntamos que resultado de toda a xente que fai este test,é docir que a maior parte da xente necesitarñia mais de un planeta pra vivir.
    Inés na sua pegada ecolóxica en Sudafrica,necesitaría 2 planetas para manter o seu nivel de vida.

    Nos démonos de conta de que debemos comenzar a aforrar ainda que sea nos pequenos detalles do día a día.

    Inés María y Sara Dorado

  18. eduardovazquez Dixo:

    Creo que na ectualidade vivimos nunha sociedade excesivamente consumista, na cal non nos prerocupamos nin polo ecosistema nin polo recursos a longo prazo, e é por iso que se isto non se cambia, pasariamos anecesitar un numero maior de planetas cada ano para sobrevivir.

  19. anadocal Dixo:

    Nos pensamos que é moi importante que cada un se responsabilice de reducir ao mínimo o seu consumo propio porque cada vez que gastamos, por persoa, máis do que se debe, outra persoa sae perxudicada.
    A parte, é moi necesario coidar o noso planeta por que vivimos grazas a el e, senon o coidamos, chegaremos a destruílo e con iso, a nosa existencia.
    Contaminando dañamos,non só cousas indispensables para a nosa supervivencia, senon tamén, para a vida de otras especies. Xa se extinguiron moitas especies pola contaminación abusiva do ser humano xa que ferimos o seu ecosistema polo noso beneficio e sin pensar no resto de seres vivos habitantes do planeta.
    Debemos actuar rápido antes de que os danos sexan irreversibles.
    Alfredo Padín Santiago, Nuria Gonzalez Vidal e Ana Docal Sánchez 1ºBAC C

  20. jorgeirajo Dixo:

    Na nosa opinión, si o ser humano segue nesta línea ascendente (respeto a uso de enerxía, sobre todo, enerxías non renovables) deixaremos un planeta menos óptimo para o ser humano, ou incluso en malas condicións para vida en xeral. Por eso creemos que non debemos depender tanto das enerxías fósiles ( non renovables en xeral ), as cales, actualmente, son de un 90%(aprox.) da enerxía que utilizamos acotío. Poderiamos reemplazalas por fontes renovables (eólica, hidroeléctrica…), pero esto supondría un gran cargo económico global, incluso a perda de poder político, etc… Estes serían os primeiros baches que o evitarán, pero si estes foran esquivados, poderiamos nos renunciar a moitas comodidades actuais por deixar un planeta máis “limpo” ?

    Jorge Irajo e Jorge Pi (π)
    — 1 BAC C —

  21. aroasantos Dixo:

    Non, se reducíramos o consumo, utilizáramos máis enerxías renovables, utilizáramos o transporte público e se compraramos cousas só necesarías e non malgastáramos(porque compramos cousas inecesarias e si non o fixéramos non as producirían e non contaminaríamos producindoas) poderíamos vivir perfectamente nun só planeta.
    Aroa Santos e Alba Taboada.

  22. estelabea Dixo:

    Así coma nós temos unha vida, a Terra tamén ten unha, sen a cal nada podería existir, xa que sen a Terra no hai nada. En vez de ser nós quenes se encarguen do coidado do espazo e do medio no que vivimos, o estamos destruindo a un ritmo moi acelerado acabando coa Terra, do mesmo xeito que rematamos coas nosas vidas.

    O feito de que o ser humano sexa tan egoísta fai que o seu consumo se incremente co tempo, consumindo cada vez máis ao ter a “necesidade” de ter algo mellor, sen fixarnos no dano que facemos a Terra.

    É preciso a aprender a ter unha conciancia do que de verdade necesitamos, aproveitando os novos recursos, como por exemplo as enerxías renovables, reducindo o noso consumo e aprender a aforrar enerxía, para que na seguinte década non nos vexamos necesitados de dous planetas para poder abastecernos, reducindo incluso esa necesidad de ter 1.4 planetas, para ter un maior equilibrio e facer que a vida na Terra prosiga.

    Estela Bea Muñiz y María Ramos Carro. 1º BACH C

  23. breixoestevezgarcia Dixo:

    A pegada ecoloxica é un indicador ambiental que mide o efecto das actividades dunha comunidade de seres humanos sobre o seu contorno expresado en umero de hectareas de ecosistema productivos. A pregunta sobre se realmente sabemos o que consumimos e cantos planetas necesitamos , a resposta varia dependendo do lugar no que vivas. A porcentaxe varia dependendo do tipo de lugar, entorno, productos…etc que utilices ocasionalmente.
    Para calcular o nosa pegada ecoloxica baseamonos en tres aspectos: O consumo de enerxia e materias, a reabsorcion dos residuos xerados durante a produccion de productos e o espazo ocupado por infraestructuras e demais areas construidas.

    Breixo y Beni

  24. aidaferreiro Dixo:

    Para conservas o noso planeta por moitos miles de anos máis debemos de coidalo, é dicir, emitir menos CO2 a atmósfera, non explotar tanto o medio (non talar árbores, non pescar tanto, non provocar incendios, non extiguir especies, etc). Coa a axuda de todos podemos conseguir alargar a vida da Terra, pero para eso fai falta moito traballo pola parte do ser humano. Todos temos que colaborar.
    Aida Ferreiro e Arancha Romay.

  25. antiaoteroperez Dixo:

    Eu penso que todos consumimos máis do que preceisamos, o que terá repercusións no planeta e co tempo os recursos como a auga (ao contaminala), alimentos, etc, acabarán esgotandose, os polos derreteranse e subirá o nivel do mar, o que fará que as zonas preto a costa desaparezan e haxa menos zonas habitables.

  26. abelventoso Dixo:

    Si todos viviran coma nos teríamos un gran problema porque a nosa pegada ecolóxica e moi grande. Consumimos demasiada carne e como sigamos así os recursos iranse esgotando. O que podemos cambiar para que a nosa pegada ecolóxica diminua é comer mais productos da terra como as patacas,leitugas, etc. Tamén podemos utilizar mais os tranportes públicos.

    Juan José Rial, Abel Ventoso

  27. lauracanon Dixo:

    se queremos seguir conservando o planeta teriamos que deixar de contaminar tanto, xa que co noso ritmo de vida a terra non durara moito, se todos poñemos un pouco da nosa parte seria posible, por exemplo deixando de utilizar tanto os coches e utilizar o autobus, reciclar, utilizar fontes de enerxia natural, e así o noso planeta sería mellor e polo tanto viviriamos en mellores condicions. Pero o problema e que non todos queren mellorar o planeta e non poñen nada da súa parte para axudar, enton asi o planeta vai a ir a peor cada dia.

    Laura Cañon y Nerea Cuesta

  28. manueloubinagarcia Dixo:

    Creo que é necesario reducir o consumo de cada un de nos, xa sexa utilizando mais bombillas de baixo consumo, deixar de usar tanto o coche e usar mais o transporte público para reducir as emisións, ou apostar mais polas enerxias renovables. Xa que se seguimos contaminando e consumindo tantos recursos naturais a vida tal e como a coñecemos cambiará para mal en uns anos e xa será tarde para a Terra.

  29. jorgeandresdios2 Dixo:

    Se non reducimos a pegada ecolóxica no noso planeta pronto acabaremos con todos os recursos dispoñibles, como a comida, e recursos naturais. Tamén debemos apostar polas enerxías renovables e deixar as non renovables para reducir a pegada ecolóxica.

    Jorge Dios e Álvaro Monteagudo.

  30. santiagofandino Dixo:

    É moi difícil cambiar a nosa forma de vivir para que só necesitemos un planeta, polo que deberíamos tomar medidas para solucionar o problema canto antes, deberíamos reciclar moito máis, utilizar os transportes públicos, utilizar enerxías renovables e reutilizar todos os productos posibles.
    Ou outra posibilidade sería que encontrásemos a maaneira de transportarnos a outro planeta.

  31. andreapatinovilla Dixo:

    Nós pensamos que por un lado non é necesario cambiar a nosa forma de vida nin reducir o consumo, pero si cambiar a forma de producir os productos que consumimos, como coches que funcionen con vapor de auga, ordenadores que se carguen con enerxía solar…
    Por outro lado cremos que é necesario reducir o consumo de productos “innecesarios” como zapatos, roupa…
    En conclusión pódese reducir o consumo en productos innecesarios(cousas rotas…)e non en productos que melloran a vida do ser humano(coche, móvil, ordenador…)pero que ditos productos deberían ser reformados e mellorados para que ademáis de mellorar a vida do ser humano non destrúa o planeta.
    Andrea Velez, Scarlety Barboza e Andrea Patiño

  32. andreaoubina Dixo:

    María Ventoso e Andrea Oubiña.

    Se todos levásemos o meu modo de vida precisaríamos 1 planeta cada ano para sobrevivir; se, en cambio, fósemos todos coma Andrea, necesitaríamos 4 planetas cada ano para manter ese nivel de vida.

    Para solucionar este grave problema deberiamos buscar novas formas de enerxía renovable e que non contamine moito, ou aproveitar as que xa temos.

    Os recursos naturais son moitas veces malgastados, e aforrando poderíamos diminuír a contaminación global.

    Fan falta máis medidas para que a xente se conciencie a reciclar máis. Se os concellos gastaran un pouco máis de diñero en poñer máis contenedores, por exemplo, ao final resultaría rentable, xa que separaríamos máis o lixo se tivésemos os contenedores máis preto. Isto axudaría moito ao medio ambiente.

    De igual forma, os políticos deberían adoptar medidas ecolóxicas en lugar de consumir tanto, por exemplo en electricidade e gas, para reducir o consumo anual e mellorar a capa de ozono terrestre.

    Mellorar a saúde do noso fogar está nas nosas mans; a Terra depende de nós.

  33. mariadelpilar Dixo:

    A nosa opinión sobre este tema é que para reducir a pegada ecolóxica necesitamos reducir o consumo de produtos e así os recursos naturais poderán rexenerarse sen medo a que se esgoten tan pronto.Se segue aumentando a pegada ecolóxica haberá un momento no que os recursos se esgoten xa que a poboación non parará de consumir e acabaremos destruíndo o planeta e a nós mesmos.

    Héctor Arango
    Pilar Rial Martínez

  34. carolinaalvarez Dixo:

    El tiempo que tarda en regenerarse los recursos que la población mundial consume, no es sostenible a largo plazo, esto debe ser asumido por cada uno de los habitantes de nuestro planeta. Vivimos como si hubiese otro planeta disponible para nosotros, aunque el nuestro de momento tiene recursos para mantenernos, debemos tomar conciencia de la obligación que tenemos de cuidar estos recursos.

    Carolina Álvarez/Laura Castrelo

  35. borjaluna Dixo:

    Nos pensamos que debemos reducir a contaminación
    rápidamente. Pero antes necesitamos atopar unha nova fonte de enerxía sostible non contaminante coa que poidamos sustituir as actuais. Tamén as persoas non están moi concienciadas co medio, deberían facerse leis que obriguen a realizar cousas como reciclar, non gastar moita enerxía.
    David García e Borja Luna

  36. rubenchaves Dixo:

    Opino que deberiamos usar máis a regra das 3R ( Reducir, reutilizar e reciclar). Xa que vivimos nunha sociedade moi consumista e deberiamos aforrar. Así, ao consumir menos, reduciriamos tanto materia prima, como a enerxía que se necesita para fabricala, o que contamina producir calquer obxecto, etc.

    Se todos consumisemos menos, non se sobreexplotaría o planeta como se esta facendo.
    Se seguisemos asi poderíamos chegar a destruír o planeta, xa que este non e capaz de renovar as materia primas ao ritmo que as estamos consumindo.

    Rubén Chaves 1ºB

  37. alexandrachs Dixo:

    O meu resultado son 2′1 planetas. Estamos a consumir máis do que o planeta pode producir, isto terá consecuencias catastróficas se non facemos nada para cambialo. Se consumimos os recursos a este ritmo esgotarémolos e despois, como vamos a sobrevivir? Hai que facer todo o posible para reducir a nosa pegada ecolóxica reciclando, utilizando enerxías renovables…

  38. saralojo Dixo:

    Se seguimos así, o planeta non dará abasto para todas as nosas “necesidades”, é decir, estamos esgotando os recursos deste planeta, e moitas veces sen darnos conta. Por exemplo, ao tirar a basura toda ao mesmo contenedor, todo se incinera, o que produce gases e substancias perxudiciais para o noso planeta. Tamén en accións tan cotiás como lavar os dentes se se deixa o grifo aberto,ou se deixamos as luces encendidas pode ser malo. Algunas medidas que podríamos adopttar para coidar o noso planeta son: utilizar transporte público,reciclar,utilizar pilas recargables, utilizar bombillas de baixo consumo, reautilizar as bolsas de plástico,etc. Son medidas moi sinxelas que podríamos facer todos e mellorar así a situación do planeta.

  39. uxiasantos Dixo:

    A nosa pegada ecolóxica é de 1,5, porque non levamos á practica as tres R, poderíamos usar máis o transporte público, as enerxías renovables.

    Uxía Santos e Sara Domínguez.

  40. uxiasantos Dixo:

    A nosa pegada ecolóxica é de 1,5, porque non levamos á practica as tres R de reducir, reciclar e reultilizar, poderíamos usar máis o transporte público, as enerxías renovables, porque os causantes da destrucción do planeta somos nos, e se nos non nos mentalizamos de cambiar as costumes o mundo cada vez irá a peor ata acabar con el.

    Uxía Santos e Sara Domínguez

  41. alexandrazapata Dixo:

    Moitas veces non somos conscientes de toda contaminación que xeramos, o simple acto de ir a mercar ao super xa no lo dí, seguro que todos o fasemos en coche e collemos os envases máis chamativos que polo tanto teñen máis envoltorios o que a súa vez fai que xeremos máis residuos. É certo que mentres máis desenrolado este o país máis contaminación habera porque se produce un consumo en masa desenfrenado sen ter en conta medidas para reducir a xeracíon de residuos como por exemplo a teoría das tres “R” (REDUCIR, RECICLAR E REUTILIZAR) ou outras aleternativas como son a incineración etc…
    No canto á pegada ecolóxica o home debería concienciarse máis e consumir dunha maneira máis controlada de xeito que non afecte tanto os ecosistemas do planeta outorgandolle un plazo máis longo para que se rexenere. Ao disminuir o consumo tamén mengua a demanda polo tanto as fábricas producirán menos e haberá menos contaminación. Todo depende de nós.
    Irene Maquieira e Alexandra Zapata.

  42. saramougan Dixo:

    Polo de agora, non sabemos apreciar o que temos,a nosa demanda de productor é maior, e non nos damos de conta de todo o que hai que facer para que un produto chegue a tenda. Nun futuro arrepentirémonos cando non teñamos materias suficientes para complacer os nosos desexos.
    Nesta sociedade, hai países moi avanzados e outros menos avanzados, os máis avanzados son os que terían unha media de gasto de moitos planetas mentres que os non avanzados, apenas consumirían un planeta.
    Nos, os seres humanos, abusamos da natureza como si fora inesgotable pero chegará un día no que non dea máis e nos quedemos sen nada, sen recursos.

    Sara Mougán e Noelia Feijoo

  43. albacomojo Dixo:

    Creo que é necesario reducir nunhas grandes cantidades o consumo humano, aínda que na sociedade que vivimos iso sería un pouco complicado. Deberíamos facer ver a xente a situación do noso planeta, e o que pode suceder nun futuro próximo si continuamos así, para que todos nos deamos de conta e así podamos reducir o noso consumo.
    Sería moi complicado que unha soa persona puidese comunicar o mundo a situación tan complicada que está a sufrir o noso planeta por iso os gobernos deberían de tomar medidas moito máis extremas e potenciar, por exemplo, moito máis o uso do transporte público, entre outros. Ademais de reducir o consumo deberíamos de reciclar e reutilizar máis os nosos residuos.
    Alba Comojo Viñas

  44. adriandios Dixo:

    Temos que reducir a nosa pegada ecolóxica, para conservar o planeta.
    Reducindo envases dos alimentos, xa que hai alimentos que traen tres envases podendo traer só un.
    Ás veces mercamos produtos que parece que non se contamina ao facelos, por exemplo aínda que fagamos algún producto pequeno utilizamos moitos materiais, denomínase mochila ecolóxica.

    Adrián Dios
    Pablo Otero
    Juan Ramón Dios
    1ºB

  45. carolinaalvarez Dixo:

    La similitud de Gliese 832C con la tierra, se ha estimado en un 81%, situándolo entre los exoplanetas con más probabilidades de ser un análogo terrestre por su temperatura y condiciones atmosféricas, pero por ser mayor su gravedad le confiere una densidad atmosférica superior a la que le correspondería por orbitar a su estrella, con lo cual podría registrar un efecto invernadero desbocado similar al de venus.
    Es mejor tomar conciencia, cuidar nuestros recursos naturales y con ello la vida de nuestro planeta.

  46. albasantos Dixo:

    Se todos levasen un estilo de vida como o noso necesitarianse 1,3 planetas, un dato moi semellante a media global. Se podemos levar este estilo de vida e a costa doutros países menos desenvolvidos, o que nos parece moi inxusto.

    A nosa pegada ecolóxica é tan elevada debido a comida e os productos que consumimos. Estes productos moitas veces portan demasaidos envoltorios que son lixo dende que os compramos, empregando recursos que se poderían utilizar para a elavoración de outros productos máis útiles.

    Se todos cambiasemos a nosa mentalidade de consumo e apostasemos máis polas enerxías renovables poderíamos vivir ben dentro dos recursos do planeta.

    Alba Santos e Iván Nogueira