O olfacto dos cans.

imagen

Cun olfacto ata dez mil veces superior ao dos humanos, os cans poden descubrir se unha persoa padece cancro, se vai sufrir un brote epiléptico, migrañas ou algún episodio de alerxia. Cada vez déixannos mais claro que é o mellor amigo do home.

A explicación da eficacia dos cans que detectan o cancro en humanos é sinxela. Estes animais teñen unhas capacidades olfactivas que detectan compostos orgánicos específicos de este tipo de cancros na orina, grazas á súa excepcional capacidade que lle confieren os 300 millóns de receptores olfactivos que ten un can.

Hai persoas que tardan anos en saber que están marcadas polo cancro. ‘Black’, un can adestrado no centro de ‘Argus Dog’ en Barcelona, adicado ao adestramendo de cans para a detección de enfermidades, é capaz de ter esta información nuns minutos.

Pero non calquera tipo de cancro. Unha investigación atopou nalgúns cans un don excepcional que detecta o cancro de próstata, o segundo tipo máis común nos homes. Esta conclusión obtívose despois de valorar os resultados que tiraron os pastores alemáns encargados de cheirar os ouriños de 900 homes, 360 de eles con cancro de próstata. A tasa de que os cans detectaron algo no ouriño foi dun 98,7% de acerto nos homes diagnosticados con esta enfermidade.

Non hai unha evidencia científica que explique se os cans poden percibir de antemán un embarazo. Suxeriuse que podería ser porque o seu privilexiado olfacto percibe os cambios nas hormonas e feromonas das mulleres embarazadas.

 

Tags: , ,