Agora sí Apple é digna do seu prestixio.

imagen

A empresa estadounidense de aparellos electrónicos Apple Inc. cambiou radicalmente as bases da súa política medioambiental despois das numerosas crtíticas por parte de ecoloxistas colocándoa como a empresa fabricante de hardwares máis contaminante do mundo. Agora ese “galardón” levao RIM a empresa canadiense fabricante das conocidas BlackBerry.

Grupos ecoloxistas protestaron pola verta de níquel e cobre en varios lagos e ríos en China. Ademáis veciños de Taiyuan falan de que unha fábrica súa emite gases tóxicos e corrosivos que afectan a toda a cidade. Numerosos estudos revelaron que moitas das empresas de Apple sobrepasan as normas ambientais desos países. Tamén que cerca das empresas do coloso norteamericano en China hai un importante e preocupante incremento de persoas con cancro.Greenpeace no seu termómetro de contaminación sitúa a Apple como a marca electrónica máis contaminate de todas, debido a que din que usa PVC e refrixerantes BFR.Os fans da empresa criticaban á mesma debido a que o seu nome non podía ser estragado por unhas solucións que evidentemente serían costosas, pero cos seus 33.000 millóns de euros netos de beneficios ao ano, non deberían de ter problemas a realizarse. Isto incluso podería ser rentable pois sacaríanse de diante a esta publicidade en contra que nese momento os atizaba.

Apple traballou duro. Comezou recoñecendo o problema, responsabilizándose da emisión de 23,1 millóns de toneladas de gases de efecto invernadoiro só no ano 2011, pero tamén se defende dicindo que cada ano contamina menos.

Nos numerosos cambios aplicados, Apple TV contamina un 90% menos que 4 anos atrás. Tamén tomaron diversas medidas de protección: Desminución do embalaxe dos aparellos electrónicos ca conseguinte de non consumir tanto plástico nin madeira, ademáis de conseguir reducir o número de voos transportadores de productos.

No proceso de fabricación, a empresa afirma que chegan a utilizar ata un 50% menos de materiais. Agora prohibiu nos seus aparellos materiais que provocan un gran impacto ambiental ou toxicidade (arsénico, BFR, mercurio, PVC…) produtos que están permitidos en varios países pero que decidiron non usalos por consideralos productos moi contaminantes.  As carcasas de aluminio dos Iphones e IPads son na maioría reciclables. Por último neste apartado, Apple garantiza as condicións de traballo dignas de todos os traballadores.

A eficiencia enerxética prima nos seus novos productos, coma no Iphone 4S, que contamina 10 veces menos que unha bombilla de baixo consumo de 13W.

imagen

Outra das cousas á que a empresa da mazá resalta é o reciclaxe dos seus productos. No ano 2007 reciclábanse un 18% dos seus productos, e a empresa di que actualmente esa cifra supera os 70 puntos porcentuais.Cabe destacar que o novo Iphone 5 xa sae en breve ao mercado, polo que Apple debería de ter finiquitado este debate antes da devandita saída ao mercado ou ben que éste a maoires de ser un prodixio tecnoloxicamente tamén o sexa ecoloxicamente.

 

A que cheira o espacio?

   O espazo exterior cheira de forma similar a unha carreira de coches, é dicir, a unha combinación entre metal quente, fume de diesel e barbacoa. Cal é a fonte? As estrelas moribundas.

    Os produtos desta combustión está formado por compostos olorosos denominados hidrocarburos policíclicos aromáticos. Estas moléculas “parecen encontrarse por todo o Universo”, comenta Louis Allamandola, fundador e director do Laboratorio de Astrofísica eAstroquímica del Ames Research Center da NASA. “E flotan polo espazo eternamente”, aparecendo en cometasmeteoritos e po espacial. Creese que estes hidrocarburos foron a base das primeiras formas do carbón, o aceite e mesmo algúns alimentos.

imagen

   Malia que resulta imposible para os humanos ulir o espazo exterior, podemos obter unha fonte indirecta do seu olor. Cando os astronautas se encontran fóra da Estación Espacial Internacional, os compostos do exterior adhírense aos traxes e entran na estación cando regresan. Os astronautas explicaron que os traxes ulen a costeleta “queimada” ou “frita”.

Allamandola explica que o noso sistema solar ten un olor acre en parte debido a que é rico en carbón e baixo en osíxeno e ao igual que un coche, se un non o abastece de osíxeno, crea feluxe e ule mal. Non obstante, as estrelas ricas en osíxeno teñen aromas que recordan a unha grella. Fóra da nosa galaxia, os olores son máis interesantes. En escuras zonas do universo, as nubes moleculares cheas de pequenas partículas de po poderían conter múltiples aromas, dende o olor a azucre ata o repugnante olor a ovo podre do xofre.

 

Por que só a pel das mans e dos pés reblandecese coa auga?

imagen

 Debido ao intenso contacto co exterior e aos constantes roces e presións aos que é sometida, a pel das mans e dos pes é máis grosa que a do resto do corpo. Esta peculiaridade explica por qué ésta reblandécese como a dos garabanzos en remollo cando está moito tempo debaixo da agua. O contacto prolongado co líquido fai que se perda a delgada película graxa que protexe  epidermis, o que facilita que o auga poda infiltrarse na pel e sexa absorbida polas células cutáneas. Éstas inchanse como balóns e, como non o fan por igual, a superficie dérmica adquire o típico aspecto rugoso e áspero.

Publicado por Esperanza Ventoso López

 

Que sei da ría na que vivo…

Esta é unha presentación sobre a ría de Arousa feita polos alumnos/as de Bioloxía e Xeoloxía de 4ºESO do IES A Basella. Cóntannos que é unha ría, que recursos nos ofrece e que valores naturais. Que vos parece?

 

Nanotecnoloxía

A nanotecnoloxía é a manipulación da materia a escala atómica. As aplicacións da nanotecnoloxía son inmensas, en campos como a medicina, a alimentación, a industria téxtil, construción…


Fai un comentario sobre as aplicacións que consideres máis importantes en nanotecnoloxía. Busca información sobre se hai algún risco asociado ao uso de nanoprodutos.

 

Metais pesados no prato?

Os seres vivos estamos expostos á acción de moitas substancias químicas nocivas orixinadas pola actividade humana e verquidas ao medio, de forma que os seus efectos ás veces obsérvanse en rexións moi afastadas da orixe do verquido. Moitos metais pesados son inxeridos polos organismos vivos e ao non poder eliminalos, acumúlanse no seu corpo puidendo acadar concentracións importantes (bioacumulación) con danos irreversibles. Ademáis, a concentración destas substancias bioacumulativas aumenta dun nivel trófico ao seguinte ao longo das cadeas alimentarias (biomagnificación).

imagen

No magnífico documental The cove, onde se describe a mantanza anual de golfiños que se realiza nun Parque Nacional de Xapón, exponse tamén a preocupación pola acumulación de mercurio nos golfiños e baleas que son vendidos como alimento. Recórdanos a tráxicamente famosa enfermidade de Minamata, pola que no pobo de Xapón do mesmo nome, morreron moitas persoas, e naceron con enfermidades graves moitos nenos, debido á intoxicación por mercurio ao comer peixe contaminado con este tóxico.

Que sabemos do contido en metais pesados do peixe e marisco que obtemos nas nosas rías?

 

“O pesadelo de Darwin”

Os baratos filetes de mero que mercamos nas grandes superficies comerciais son perca do Nilo, a protagonista do documental “O pesadelo de Darwin”, premiado mellor documental europeo 2004. Esta especie foi introducida no lago Victoria nos anos 50 e resultou ser un gran depredador que levou á extinción ás case 300 especies de peixes pequenos que ciclaban os detritos das augas e mantíñanas limpas, ademáis de ser un recurso pesqueiro básico para os habitantes da zona. Hoxe, o lago sofre unha importante eutrofización e na zona xurdiu unha florecente industria privada de procesado e comercialización de filetes destinados exclusivamente á exportación a mercados estranxeiros. 

imagen 

Relaciona o caso da perca do Nilo coa perda de biodiversidade por introdución de especies exóticas e tenta imaxinar as graves consecuencias que reflexa o documental. Ante estas situacións, hai persoas e organizacións que optan por un consumo máis responsable, unha alternativa neste senso é o comercio xusto, consulta os principios deste comercio xusto e opina ao respecto. Coñeces algún lugar onde mercar produtos de comercio xusto na túa provincia?

 

Que foi antes, o ovo ou a galiña?

imagen

Hai moitas investigación que tratan de resolver esta vella e popular adiviñanza da humanidade que parece que nunca chegaremos a saber cal é a verdade.Un grupo de científicos da Universidade de Warwick e a Universidade de Sheffield (Inglaterra) din que foi antes a galiña que o ovo. Chegaron a esta conclusion por unha proteína topada nos ovarios das galiñas, que según eles cumple una función clave na formación da cáscara do ovo. Tamen aseguran que a primeira galiña non naceu do ovo da súa mesma especie. 

No entanto, un científico, un filósofo e un agricultor, din que foi primeiro o ovo. Os seus argumentos son que o material xenético non se transforma durante a vida animal, polo que a primeira ave que no transcurso da evolución se converteu no que hoxe chamamos galiña existeu primeiro como embrión dentro do ovo.

 

Canto vale a Terra?

O astrónomo e catedrático de astrofísica, Greg Laughlin, ten a resposta tras desarrollar unha fórmula que determina o valor dos corpos celestes do noso entorno. Utilizou una especie de ecuación de Drake para a economía cósmica, que toma como referencia factores como o tamaño dun planeta, a masa, temperatura, idade o brilo aparente da estrela e tamén as condiciones de habitabilidade da súa atmósfera e a súa superficie.  De esta maneira, a Terra valería casi 5.000 millones de dólares.

Según o algoritmo utilizado para o cálculo, os que se consideran “baratos” son aqueles pouco habitables (menos parecidos a Terra), mentras que os “caros” serían os que máis se parecen ao nuestro planeta.  O obxectivo inicial de dita ecuación era poñer precio aos exoplanetas terrestres descubertos na misión Kepler, para valorar cales dos 1.235 descubiertos debían ser investigados en profundidade.  Moi poucos superaron a proba.

imagen

Así, o prezo de Marte ronda os 14.000 dólares e o  de Venus, só un centavo, (a temperatura mínima da superficie alcanza los 400 grados e, por tanto, non é habitable)

Estrelas con dono. Máis alá do simple cálculo, hai quen pasou a acción: un norteamericano escriturou case todos os planetas e a Lúa, pero non o Sol. De esta forma, deu vía libre a un conflicto astral, no que se veu implicada a galega Ángeles Durán que no 2010, autoproclamabase propietaria do astro rei, que levaba 5.000 millones de anos sen dono. Fíxoo con certificado ante notario e aproveitando un vacío legal no convenio internacional  (según o cal un Estado non pode apropiarse dun planeta, pero que non fai referencia a titularidade por parte de persoas).  Pensou, incluso, en cobrar un canon a todos os habitantes da Tierra polo uso da enerxía solar.

Canto vale a Terra para ti? Cres que se deben poder comprar corpos celestes?

 

Enerxía nuclear, causa ou solución dos nosos problemas?

O debate da radiactividade é longo e complicado, e, para poder opinar un pouco mais sobre este controvertido tema, necesítase ter unha visión obxectiva dos pros e contras que nos ofrece a obtención de electricidade por parte de Centrais Nucleares de Fisión.Como punto a favor, podemos afirmar que a enerxía nuclear pódese catalogar como unha enerxía limpa, pois só contamina cos seus residuos radiactivos, moi perigosos tamén. Pero este problema non parece agora o máis preocupante, pois estase intentando traballar con enerxía nuclear de fusión, malia que agora mesmo a súa reacción en cadea non está controlada.Por desgraza, moitas veces temos oído falar de desastres nucleares. Son tan perigosos como nos din? .En contra, cabe resaltar que o risco de que acontentan accidentes nucleares é moi baixo, pero só un bastaría para producirse un desastre ecolóxico que tardaría moitísimos anos en desaparecer (cando estas sustancias se volvesen estables seguramente a humanidade xa estaría extinguida). As sustancias radiactivas prodúcen danos severos nos tecidos, pois afectan á replicación do ADN na división celular provocando a variación da información xenética na base nitroxenada. Cunha dose de 500 REM morrería a metade da poboación exposta antes de 30 días.Para evitar un desastre ecolóxico é necesario ter moitas medidas de seguridade e ter unhas normas moi estrictas, pero como non, por medio está o diñeiro. Os cartos, como ben é sabido, moven o mundo, e na enerxía nuclear non ía ser unha excepción. As centrais nucleares cando chega un tempo non son seguras e hai que parar o seu funcionamento, pero por vías economicas isto non interesa, coma no caso da Central Nuclear de Garoña, que debería cerrarse en 2013 pero quérese prorrogar a súa vida útil ata 2019.

imagen

Como non, cabe mencionar o accidente nuclear de Chernobyl. O accidente nuclear máis devastador da historia e un dos desastres ecolóxicos máis importantes que tivo o planeta Terra na súa historia.  Naquel momento, a URSS non quixo mostrar ás súas debilidades e intentou esconder o acontecido, pero enseguida en Alemaña chegaron índices de radiactividade anormalmente altos. Actualmente, este pobo ucraniano é unha cidade pantasma.Despois tamén están os riscos externos, como o acontecido na Central de Fukushima. Aquí, un sismo foi o causante dos danos no reactor. Liberouse radiactividade ó exterior e foi catalogado de catásatrofe mundial, pois estas sustancias radiactivas póden chegar a calquer parte do mundo.Despois de analizar un pouco as vantaxes e desvantaxes da enerxía nuclear podemos decir se nos convén ou non con rigor e razoamentos, e recordando que todas as opinións son respetables.