Agora sí Apple é digna do seu prestixio.

imagen

A empresa estadounidense de aparellos electrónicos Apple Inc. cambiou radicalmente as bases da súa política medioambiental despois das numerosas crtíticas por parte de ecoloxistas colocándoa como a empresa fabricante de hardwares máis contaminante do mundo. Agora ese “galardón” levao RIM a empresa canadiense fabricante das conocidas BlackBerry.

Grupos ecoloxistas protestaron pola verta de níquel e cobre en varios lagos e ríos en China. Ademáis veciños de Taiyuan falan de que unha fábrica súa emite gases tóxicos e corrosivos que afectan a toda a cidade. Numerosos estudos revelaron que moitas das empresas de Apple sobrepasan as normas ambientais desos países. Tamén que cerca das empresas do coloso norteamericano en China hai un importante e preocupante incremento de persoas con cancro.Greenpeace no seu termómetro de contaminación sitúa a Apple como a marca electrónica máis contaminate de todas, debido a que din que usa PVC e refrixerantes BFR.Os fans da empresa criticaban á mesma debido a que o seu nome non podía ser estragado por unhas solucións que evidentemente serían costosas, pero cos seus 33.000 millóns de euros netos de beneficios ao ano, non deberían de ter problemas a realizarse. Isto incluso podería ser rentable pois sacaríanse de diante a esta publicidade en contra que nese momento os atizaba.

Apple traballou duro. Comezou recoñecendo o problema, responsabilizándose da emisión de 23,1 millóns de toneladas de gases de efecto invernadoiro só no ano 2011, pero tamén se defende dicindo que cada ano contamina menos.

Nos numerosos cambios aplicados, Apple TV contamina un 90% menos que 4 anos atrás. Tamén tomaron diversas medidas de protección: Desminución do embalaxe dos aparellos electrónicos ca conseguinte de non consumir tanto plástico nin madeira, ademáis de conseguir reducir o número de voos transportadores de productos.

No proceso de fabricación, a empresa afirma que chegan a utilizar ata un 50% menos de materiais. Agora prohibiu nos seus aparellos materiais que provocan un gran impacto ambiental ou toxicidade (arsénico, BFR, mercurio, PVC…) produtos que están permitidos en varios países pero que decidiron non usalos por consideralos productos moi contaminantes.  As carcasas de aluminio dos Iphones e IPads son na maioría reciclables. Por último neste apartado, Apple garantiza as condicións de traballo dignas de todos os traballadores.

A eficiencia enerxética prima nos seus novos productos, coma no Iphone 4S, que contamina 10 veces menos que unha bombilla de baixo consumo de 13W.

imagen

Outra das cousas á que a empresa da mazá resalta é o reciclaxe dos seus productos. No ano 2007 reciclábanse un 18% dos seus productos, e a empresa di que actualmente esa cifra supera os 70 puntos porcentuais.Cabe destacar que o novo Iphone 5 xa sae en breve ao mercado, polo que Apple debería de ter finiquitado este debate antes da devandita saída ao mercado ou ben que éste a maoires de ser un prodixio tecnoloxicamente tamén o sexa ecoloxicamente.

 

Tags: , ,

Unha resposta a “Agora sí Apple é digna do seu prestixio.”

  1. alvarofalcon Dixo:

    O post está moi ben, xa que nestos momentos temos que mirar de aforrar en materiais, e sacar o máximo rendemento co mínimo recurso posible, porque a estas alturas, todo o mundo ten un móbil, e cada ano e medio, ou dous renovao, e por exemplo apple do paso do Iphone 4S ao Iphone 5 aforrou en moitas cousas, añadeu novas cousas, e estalle facendo un favor ao medio ambiente, non se notará moito, pero e un graniño de area que se suma. Eu creo que todas as empresas de teléfonos deberían mirar polo mesmo. Deben de mirar máis polo medio ambiente e menos polo prezo, e mellor que o teléfono valga 50€ máis facendolle un favor ao medio ambiente que aforrar eses 50€ e contaminar o medio, e a xente tamén debería de empezar a darse conta do que compra, e mirar polos materiais que está composto.