Os astrocitos poden axudar a combatir o Alzheimer

Os astrocitos son, xunto coas neuronas, as células máis importantes do cerebro. Un equipo de investigadores españois verifican que están implicados nos procesos relacionados coa memoria e a aprendizaxe, o que abre a porta a novas novas perspectivas terapéuticas contra o alzhéimer.
Os investigadores, que publican as conclusións na revista PLoS Biology, descubriron que os astrocitos controlan e regulan a eficacia da comunicación entre neuronas. Este fenómeno relaciónaos cos procesos de transmisión e almacenamento de información no cerebro. Segundo o investigador do Instituto Cajal do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e director desta investigación, Alfonso Araque, hata este momento, pensábase que os astrocitos cumplían un papel de soporte no cerebro.
O estudo revela que estas células xogan un papel fundamental na potenciación a longo prazo da transmisión sinápica neuronal, un mecanismo relacionado coa memoria e a aprendizaxe. Os resultados obtivéronse mediante experimentos con ratos modificados xeneticamente.Xunto ás neuronas, os astrocitos son responsables de como se procesa e almacena a información no cerebro. Unha vez demostrado isto, segundo os autores do traballo, despréndese que tamén poden xogar un rol importante nas enfermidades relacionadas con ela, como o alzhéimer. Araque subliñou que os astrocitos poderían ser unha posible diana terapéutica para tratar esta doenza.




En África, a falta de cultura, provoca macabros feitos cos albinos, o último suceso foi cunha nena de 9 anos á que lle cortaron ás pernas e asesinaron, a pedido dos bruxos tribales de Tanzania, que fan “pócimas máxicas” co sangue e anacos dos pobres cativos albinos.Parece increíble que no siglo XXI exístan estas realidades, pero estas pócimas están collendo fama, porque, segundo os bruxos, axudan a conseguir riqueza, e virtudes a quenes as beben.
Consecuencia de todo isto o clima do lugar volveuse moito máis árido e extremo, con veráns máis cálidos e invernos máis fríos.
