A que cheira o espacio?

   O espazo exterior cheira de forma similar a unha carreira de coches, é dicir, a unha combinación entre metal quente, fume de diesel e barbacoa. Cal é a fonte? As estrelas moribundas.

    Os produtos desta combustión está formado por compostos olorosos denominados hidrocarburos policíclicos aromáticos. Estas moléculas “parecen encontrarse por todo o Universo”, comenta Louis Allamandola, fundador e director do Laboratorio de Astrofísica eAstroquímica del Ames Research Center da NASA. “E flotan polo espazo eternamente”, aparecendo en cometasmeteoritos e po espacial. Creese que estes hidrocarburos foron a base das primeiras formas do carbón, o aceite e mesmo algúns alimentos.

imagen

   Malia que resulta imposible para os humanos ulir o espazo exterior, podemos obter unha fonte indirecta do seu olor. Cando os astronautas se encontran fóra da Estación Espacial Internacional, os compostos do exterior adhírense aos traxes e entran na estación cando regresan. Os astronautas explicaron que os traxes ulen a costeleta “queimada” ou “frita”.

Allamandola explica que o noso sistema solar ten un olor acre en parte debido a que é rico en carbón e baixo en osíxeno e ao igual que un coche, se un non o abastece de osíxeno, crea feluxe e ule mal. Non obstante, as estrelas ricas en osíxeno teñen aromas que recordan a unha grella. Fóra da nosa galaxia, os olores son máis interesantes. En escuras zonas do universo, as nubes moleculares cheas de pequenas partículas de po poderían conter múltiples aromas, dende o olor a azucre ata o repugnante olor a ovo podre do xofre.

 

Tags: ,

Unha resposta a “A que cheira o espacio?”

  1. rosagarcia Dixo:

    A pesar de que parece algo insignificante, é unha cousa que moita xente pode descoñecer ata o punto de pensar que o espazo nin sequera ule. Ademais, pode chegar a darnos datos de como era o pasado nesa zona e abrirnos moitas portas cara ao progreso. Opinamos que é moi interesante que o espazo cheire a diferentes aromas nas diferentes zonas pola distinta composición entre elas, tanto fóra como dentro da nosa galaxia.

    Publicado por: Leila Dios Rodríguez e Rosa García Moroño