Qué escapa dos buracos negros?

Os buracos negros son concentracións de masa de altísima densidade cun campo gravitacional tan grande que nin sequera as partículas da electricidade, os fotóns, son capaces de escapar del.

Existen diferentes tipos de buracos negros: os supermasivos, presentes no interior de cada galaxia; os micro buracos negros e os buracos negros de masa estelar.

Formación dun buraco negro: Unha superxigante vermella implosiona formando unha supernova. A parte externa da estrela espárcese polo espazo, mentres que a zona interna, é dicir, o núcleo, contráese. O campo gravitatorio comeza a aumentar e modifica as traxectorias dos raios de luz no espacio-tempo respecto ás que houbese en ausencia da estrela. As traxectorias da luz no espacio-tempo cúrvanse lixeiramente cara a superficie da estrela. A medida que esta se contrae, faise máis densa, de maneira que o campo gravitatorio na superficie faise máis intenso. A maior intensidade do campo fai que as traxectorias de luz próximas á superficie se curven máis. Ao final, cando a estrela encolleu por debaixo dun certo radio crítico, o campo gravitatorio da súa superficie é tan intenso que as traxectorias da luz cúrvanse tanto que esta xa non pode escapar. (O proceso é o mesmo se se produce a partir da contracción dunha anana branca).

imagen

 Segundo a teoría da relatividade de Einstein, nada pode viaxar máis rápido que a luz. Polo tanto, se esta non pode escapar, nada pode facelo; todo é arrastrado cara atrás polo campo gravitatorio. A estrela colapsada formou unha rexión do espazo-tempo da cal é imposible escapar cara un observador distante. Esta rexión é o burato negro e a súa fronteira exterior denomínase horizonte de sucesos.

Un buraco negro emite radiación cando un abxecto ou estrela é atraído polo seu campo gravitatorio. Antes de ser totalmente engulido e antes de pasar polo horizonte de sucesos, atópase tan presionado polas  forzas de marea do buraco que unha pequena parte da materia sae disparada cunha velocidade similar á da luz formando os chorros de plasma, a través dos cales podemos detectar un buraco negro.

Os científicos máis importantes que estudaros os buracos negros foron: EinsteinKarl SchwarzschildSubrahmanyan ChandrasekharEddingtonRobert OppenheimerStephen HawkingRoger Penrose e John Wheeler.

Que se sintiría ao ser atraído por un buraco negro? Chegará a demostrarse a existencia de velocidades superiores á da luz? Se así fose, sería capaz de escapar dun buraco negro? E neste caso, seguiríanse chamando buracos negros?

 

Tags: , , , , , ,

Unha resposta a “Qué escapa dos buracos negros?”

  1. cristelatorres Dixo:

    Si se demostra a existencia de velocidades superiores a da luz, moitas cousas cambiarian respecto a fisica que coñecemos actualmente.

    http://www.taringa.net/posts/ciencia-educacion/12590024/Tiembla-Einstein_-neutrinos-mas-rapidos-que-la-luz.html

    Se esas velocidades existisen e fosen capaz de escapar aos buracos negros, supoño que os buracos negros xa non seguirian chamandose asi.