Destinado a desaparecer

O mar de Aral, situado entre Kazajistán e Uzbekistán, está condenado a desaparecer. Non fai moitos anos era o cuarto lago máis grande do mundo. Está considerado un dos maiores desastres ecolóxicos dos últimos tempos. Actualmente só queda o 20% da auga e esta atópase contaminada e excesivamente salgada.

 

imagen

 Todo comezou nos anos 50 cando o goberno da URSS mandou construír un canal que tomaría auga do río Amu Daria coa intención de abastecer campos de algodón e convertir á antiga Unión Soviética autosuficiente neste tipo de cultivo. Estímase que este canal chegaba a coller o 90% do caudal do río, deixando ó gran lago sen a súa maior fonte de auga.
Insecticidas e fertilizantes acabaron por contaminar por completo a pouca auga que queda hoxe en día no seu caudal. Fixéronse moito máis comúns os casos de hepatite, cancro de garganta e de outros tipos, infecciónes intestinais e enfermedades respiratorias e dos ollos.O mar de Aral triplicou a súa salinidade e perigosidade, facendo xa imposible a vida de calquera especie. A industria pesqueira, que daba substento a 60.000 traballadores, desapareceu por completo. Só quedan embarcacións xa oxidadas atrapadas nun deserto que nun pasado cercano estivo completamente tinguido de azul.

imagen

Aínda que xa pouco poidamos facer por él, esta historia deberíanos servir como exemplo para que non se volva a repetir, pois é moi importante usar pero non abusar dos recursos do medio. Os países do lugar firmaron un acordo para intentar salvar o mar Aral, pois a súa desaparición por completo empeoraría moito máis a situación actual. O problema está no apartado económico, pois moitos destes países non verían con bos ollos as cifras manexadas para intentar recuperalo. ¿Vos qué faríades? ¿Arriscaríades deixando  que se consumara este desastre ecolóxico por diñero?

Barcos no desertoConsecuencia de todo isto o clima do lugar volveuse moito máis árido e extremo, con veráns máis cálidos e invernos máis fríos.

 

Tags: , , , , ,

7 Respostas a “Destinado a desaparecer”

  1. raquel_banos Dixo:

    Este é un dos casos máis coñecidos de desastre ecolóxico, de cómo algunhas actuacións humanas sobre a natureza, poden ter repercusións negativas rápidas e a moitos niveis, non só ecolóxicos, senón tamén sociais e económicos. Non debemos olvidar que aínda que quizáis a menor escala, con frecuencia e preto de nós, actuacións similares sobre a natureza poden ocasionarnos non só a perda dos nosos valores naturais, senón ademáis, ter consecuencias na nosa economía e calidade de vida. Ocurrénseme exemplos como a contaminación dos mares e as nosas rías, o turismo desmedido en zonas protexidas, o cemento gañando espacio ás nosas praias, ou a perda de solo polos continuos lumes nos montes. Por iso é tan importante unha boa planificación do territorio.

  2. Nicolás Parada e Nerea Dixo:

    Nos cremos, sobre esta noticia, que é un desastre ecoloxico dos mais grandes que vimos ata o de agora, e que se deberia buscar solucion e non limitarse a dicir que non ten remedio, porque algo sempre se pode facer por intentar que o mar de Aral non desapareza por completo.

  3. Jennifer Fernández e Jonathan de Jorge Dixo:

    Nós pensamos que os lagos non se poden acabar e este é o rumbo que ten o lago Aral, pois pouco a pouco en estes anos está desaparecendo e a pouca auga que queda está contaminada.
    Nós creemos que teríamos que arriesgar porque diñeiro hai pouco pero lagos ainda menos. E xa que a xente acabou ca maioría do lago pois que agora o intenten recuperar xa que é algo natural e diferente do que ai en moitos sitios.

  4. juanluisallo Dixo:

    Na miña opinión este é outro dos casos nos quwe se demostra que ser ecolóxico e coidar os noso planeta é moi inmportate xa que se seguimos facendo o que ata agora este será só un dos moitos casos nos que se acabara destruindo toda vida posible e moitos lugares do mundo.
    Na miña opinión si se devería de investir diñeiro en recuperar este lago, ainda que coste moito diñeiro arreglar este estropicio, xa que cando volva a sua normalidade (sempre que se poido volver a normalidade porque nas condicións nas que esta…) sempre con responsabilidade se podera explotar o lago creando postos de traballo como pescadores, pero sempre sen abusar xa que se non volvería pasar o que agora está pasando.

  5. marianagabriela Dixo:

    yo pienso que se deveria de hacer todo lo posible para recuperar este mar ya que este problema no es solo de los afectados es de todos ya que el mundo pertenese a cada uno de nosotros
    Se deveria bustar todos los medios pàra salvar este mar por que apesar de que ya esta casi detruido su completa destruccion traeria muchos mas problemas de los que ya hay , aunque dudo que los politico que hay ahora agan algo para porder ayudar al mar Aral y a las personas mas cercanas a el

  6. abelares Dixo:

    (Adrianaperez angelafernandez)
    Nos pensamos que é un dos desastres ecolóxicos dos mías graves do mundo, e que se deberian tomar medidas serias para salucionar esto. Porque o exemplo de este lago é un claro exemplo da contaminación, e sempre se pode solucionar estes temas da contaminación por algunha vía. Ben sexa con cartos ou coa colaboración de todos. O lago Aral non pode desaparecer.

  7. saracardalda Dixo:

    Este é un gran desastre ecolóxico, por non dicir un dos máis importantes do mundo. Xa que se está falando do desaparecemento dun lugar do mundo. Pero isto non debería de pasar, xa que tendríamos que estar tan concenciados de como tratar ao noso planeta, de maneira boa, para que non se instingua cousa que está pasando pouco a pouco; para que isto non pase. Porque unha vez que ocorra, non se pode volver atrás, o sito este, o mar de Aral, desaparecerá para sempre.