A importancia dun refuxio

Actualmente morren millóns de animais en carreteiras ou estradas por mor do abandono. O motivo do abandono non esta xustificado,xa que se non queres o animal podes levalo a un refuxio, pero non deixalo desamparado a súa sorte.

Na miña opinión o abandono é un maltrato desgraciadamente real. Por iso agradezo moitísimo o labor dos refuxios de animais que é do que vos quería falar.

Un dos refuxios que temos mais preto é o de Cambados.

A Asociación protectora de animais de Cambados naceu en novembro de 1998 como unha asociación sen ánimo de lucro que centra a súa actividade na defensa dos animais, e en abril de 1999 comprometeuse en dirixir e xestionar o refuxio de Cambados.

 

imagen

http://www.youtube.com/watch?v=0AIda2Wd9h0&list=PL3F73A662C8EA7131&index=1&feature=plpp_video

¿Crees de verdade que isto pódese mellorar?

¿Pensasches algunha vez que sentirías se te tratasen así?

¿Qué farías para mellorar esta situación?

 

 

Tags: ,

6 Respostas a “A importancia dun refuxio”

  1. mariadelcarmenpadin Dixo:

    Lamentablemente non se pode facer nada contra o maltrato dos animais porque son demasiadas as persoas que o fan,e ademais o goberno non fai nada.Na miña opinión non hai can agresivo,senón xente agresiva con eles.O que hay que facer é crear conciencia entre a xente,moitos non teñen idea de todo o que sufriron,os horrores que sufren os animais de laboratorio.Abrirlle os ollos a xente,iso é o que hay que facer.

  2. cristelatorres Dixo:

    Mellorar esta situacion é moi dificil. Para eso, todos teriamos que poñer da nosa parte e hai xente que parece non estar disposta por iso os abandonan cando se cansan deles. Cometen unha gran inxustiza cos animais ao deixar de facerse cargo deles, pero se por calquera motivo deben facelo, existen protectoras de animais para levalos que estan dispostas a acollelos.

  3. adrianaperez Dixo:

    (angelafernandezabelares)
    Nós pensamos que esta sitición do abandono e moi dificil de cambiar porque non todo o mundo ten o mesmo pensamento sobre o abandono dos animais e tampouco todos ben que é unha dura inxustiza.Pero pensamos que co tempo o mellor toda esta mala situación pode cambiar creando máis refuxios pero vai ser algo dificil porque para iso necesitase a colaboracion das persoas,e que se non poden atender e coidar a un animal que non o abandonen e fagan sufrir se non que acudan o sitio adecuado que non costa nada.

  4. xabiercastro Dixo:

    A concienciación que se realiza ás persoas de que os animais de compañía teñen sentimentos é moi boa e profunda, pero por desgraza moitas persoas non teñen sentimentos. ¡¡Pena que non os quentasen a paus como eles lle fan as súas mascotas!!
    O gran traballo dos refuxios de animais debería verse recompensado por algunha parte.
    A labor da protectora de Cambados é impresionante, facendo cenas e festas para recadar diñeiro destinado a cans enfermos. Coñezo a xente que traballa ali e considero que estas persoas que intentan facerlle a vida mellor a outras persoas ou animais deberían ser modelos a seguir para novas xeracións.

  5. Sara Cardalda Mariño Dixo:

    Pra o meu pensar o abandono, sea dunha persoa ou de unha persoa, paréceme algo infrahumano. Neste caso que estamos a falar, o das mascotas de compañía, principalmente dos cans, non pode creer que a xente siga facendo isto, abandoar ao seu can en calquera sitio sen recursos para que poda sobrevir sen importarlle nada. E que en realidade dame verdadeira pena, pena axena…e que cada día penso máis e afirmo que as peorsoas non temos ni idea do que temos, e non me refiro só neste tema, senón noutros como o da contaminación que hai na Tera últimamente, como pode ser cousas persoais de cada persoa…porque iso de deixar a un can, a alguén que queres se importarche nada, xa que se abandonas a un can así, a súa sorte sabes de sobra que vai morrer, porque por exemplo no caso dos gatos, este poden sobrevivir perfectamente sen axuda das persoas, os cans non. Porque na miña opinión non lle fas dano ao que queres, e o de que lle chamos “facerlle dano” estamos a falar da morte, nen máis ni menos. E se sabes que non che gustan os cans, non o teñas e se o compras ou o colles nun refuxio porque pensas que che vai gustar, pero ao final daste conta de que estabas euivocada, de que che “aberreu”, cosa que si di moito, máis non entendo…colles o can e o levas a un refuxio e non acabas coa súa vida, só porque te aburriras del.
    E máis aló disto, do abandono está o maltrato cousa que sempre houbo, e sempre habrá, por desgracia. Sempre houbo o mítico de envenenarlle o can ao veciño porque este te cae mal, o veciño,o cal o seu can non ten culpa ningunha, pero hai xente que non acaba de entendelo…, ou por simple diversión, como aínda vin nas noticias fai unhas semanas que un pobo nas súas festas maltrataban aos cans do seu pobo, amarrádoos a unha corda dende o só e cando o soltaba, este subía uns 2m de altura e de aí caía ao suelo desonrientado…difinitivamente unha vergonza.
    Na miña opinión non fagades isto, xa que eles, os cans, seguro que non os o farían a vós. Na miña opinión son o mellor amigo do home.

  6. celiarosaventoso Dixo:

    Para min, a verdade. o abandono de animais, paréceme unha falta de respeto e un acto desagradable e de moi mal carácter. Esas persoas que collen as súas propias mascotas e as deixan tiradas nas carreteras e en campos desertos, parecen non darse conta da gravidade que esto contén… Estes animais están aí para que nos queiran adoptar, para darlle cariño, xogar con eles, querelos e coidalos como se foran o teu porpio fillo ou filla. Se ti sabes que te vas a cansar del ou simplemente nono vas poder coidar non teñas unha mascota, para despois deixala abandona e quedar por aí a súa sorte.
    Se nos désemos conta de como nos sentiriamos nos se nos fixesen eso, habería menos abandonos pero só pensamos no que a nos nos interesa e como temos esa idea de a nós nunca nos vai pasar iso, danos igual o que digan ou pensen calquer persoa. Eu son unha gran amante dos cans, encántanme, pero non teño un porque un can non se pode ter nun piso, necesítase un xardín e moito sitio para que disfrute e sexa feliz e nós o fagamos feliz e tamen el a nós. Se eu poidera facer algo, intentaría cambiar a visión das persoas en estos racionamentos e impedir que se produciran tantos miles de abandonos ao ano de animais pobres e indefenso.