Os astrocitos poden axudar a combatir o Alzheimer

 

imagen

  Os astrocitos son, xunto coas neuronas, as células máis importantes do cerebro. Un equipo de investigadores españois verifican que están implicados nos procesos relacionados coa memoria e a aprendizaxe, o que abre a porta a novas novas perspectivas terapéuticas contra o alzhéimer.

 Os investigadores, que publican as conclusións na revista PLoS Biology, descubriron que os astrocitos controlan e regulan a eficacia da comunicación entre neuronas. Este fenómeno relaciónaos cos procesos de transmisión e almacenamento de información no cerebro. Segundo o investigador do Instituto Cajal do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e director desta investigación, Alfonso Araque, hata este momento, pensábase que os astrocitos cumplían un papel de soporte no cerebro.

 

O estudo revela que estas células xogan un papel fundamental na potenciación a longo prazo da transmisión sinápica neuronal, un mecanismo relacionado coa memoria e a aprendizaxe. Os resultados obtivéronse mediante experimentos con ratos modificados xeneticamente.Xunto ás neuronas, os astrocitos son responsables de como se procesa e almacena a información no cerebro. Unha vez demostrado isto, segundo os autores do traballo, despréndese que tamén poden xogar un rol importante nas enfermidades relacionadas con ela, como o alzhéimer. Araque subliñou que os astrocitos poderían ser unha posible diana terapéutica para tratar esta doenza.

 

Nanorobot que ordena ás células cancerosas a “suicidarse”

Investigadores inspirados no funcionamento do sistema inmune do corpo humano, crearon nanorobots de ADN que son capaces de encontrar e destruír células canceríxenas.

imagen

Descubriuse que podían distinguir as células malas e deixar as sanas a salvo.Estes nanorobots tamén poden entregar importantes instrucións moleculares,como ordear a sua autodestrución.

A nanobiotecnoloxía,algún día podrá ser utilizada para programar a resposta inmune para o tratamento de diversas enfermedades.

Aquí deixo varios links no que atoparedes máis información acerca deste novo investigamento:http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/02/16/actualidad/1329395701_112071.html,http://www.elmundo.es/elmundo/2012/02/16/nanotecnologia/1329389780.html

 

 

Que parte do xenoma nos fai humanos?

homersapiens_1.png

Antes de que o xenoma humano se codificase, calculabase que tiñamos 100.000 xens. Cando o decodificamos vimos que en realidade había moitos menos dos que se calculaba. Pensabamos que as diferencias entre especies estaban neles, pero resultou o contrario: animais moi diferentes teñen xens moi similares. E dicir, por si sós non dictan a diferenza.

Agora sabemos que esa diversidade depende de interuptores moleculares que din aos xens cando encenderse e apagarse, e estes son cruciais na evolución das formas que tomaron os animais.Estos interuptores atopanse en rexións non codificadoras do ADN, que anteriormente pensamos que se trataba de “ADN basura” pero que rebautizamos como materia oscura do xenoma.

home.mono_1_1.jpg

O noso xenoma e o dun chimpancé son idéntico nun 99% e nese 1% restante está aquilo que nos fai humanos. A clave está en descubrir cales son e donde están as partes do noso ADN que sufriron a maior cantidade de modificación dende que nos separamos dos chimpancés .As partes do xenoma que mostran maior cantidade de mutacións gardan o secreto da nosa humanidade, e creese que o cerebro é o lugar máis axeitado para estudar esta materia escura.

 

Os galegos e galegas mandamos o primeiro microsatélite ao espacio

A ESA mandará en febreiro un novo satélite con varios microsatélites no seu interior, un deles foi deseñado na Universidade de Vigo, o Xatcobeo.

 

E quén fala en nome da ciencia?

imagen

Lede con atención o titular do artigo e a entrevista que o acompaña. Buscade argumentos científicos en todo o texto e decidide vós mesmos se o que se conta é obxectivo ou non, e se o titular é axeitado ou dañino.

Reflexionade sobre cómo moitas veces ao quedarnos nos titulares perdemos a información máis importante e somos facilmente manipulables.

Consulta AQUÍ  unha versión científica.

 

Albinos en África

O albinismo é unha enfermidade metabólica rara, (enfermidades raras) que se debe a defectos na síntese e na distribución da melanina (pigmento da pel).

A síntese da melanina lévase a cabo por estruturas celulares especializadas, os melancocitos. Para que esta substancia leve a cabo a síntese, precisase dunha serie de reaccións enzimáticas en cadena, nas que interveñen outras novas enzimas; o fenilalanina e a tirosina. A tirosina transpórtase ao melanosoma, onde sofre unha serie de procesos ata transformarse en melanina.

Ao haber un fallo neste proceso, a pel, o iris e a retina despigméntanse. Nos ollos, os efectos son; espasmos que provocan movementos oculares involuntarios, estrabismofotofobia, disminución da agudeza visual, e ata cegueira. Na pel produce cancro de pel.

 imagenEn África, a falta de cultura, provoca macabros feitos cos albinos, o último suceso foi cunha nena de 9 anos á que lle cortaron ás pernas e asesinaron, a pedido dos bruxos tribales de Tanzania, que fan “pócimas máxicas” co sangue e anacos dos pobres cativos albinos.Parece increíble que no siglo XXI exístan estas realidades, pero estas pócimas están collendo fama, porque, segundo os bruxos, axudan a conseguir riqueza, e virtudes a quenes as beben.

Dende hai séculos, os cativos albinos son considerados unha maldición xenética que facía dano á xente, superstición que, sen éxito, o goberno de Tanzania tentou extinguir metendo aos rapaces en centros de proteccion, feito que non axudou nada, porque comezarona a ser cazados en masa por depredadores humanos, que transformaron o sacrificio dos cativos nun negocio que cada día medra. A situación é alarmante, e UNICEF, intenta paliar estes feitos, aínda que queda moito traballo por diante.

 

Destinado a desaparecer

O mar de Aral, situado entre Kazajistán e Uzbekistán, está condenado a desaparecer. Non fai moitos anos era o cuarto lago máis grande do mundo. Está considerado un dos maiores desastres ecolóxicos dos últimos tempos. Actualmente só queda o 20% da auga e esta atópase contaminada e excesivamente salgada.

 

imagen

 Todo comezou nos anos 50 cando o goberno da URSS mandou construír un canal que tomaría auga do río Amu Daria coa intención de abastecer campos de algodón e convertir á antiga Unión Soviética autosuficiente neste tipo de cultivo. Estímase que este canal chegaba a coller o 90% do caudal do río, deixando ó gran lago sen a súa maior fonte de auga.
Insecticidas e fertilizantes acabaron por contaminar por completo a pouca auga que queda hoxe en día no seu caudal. Fixéronse moito máis comúns os casos de hepatite, cancro de garganta e de outros tipos, infecciónes intestinais e enfermedades respiratorias e dos ollos.O mar de Aral triplicou a súa salinidade e perigosidade, facendo xa imposible a vida de calquera especie. A industria pesqueira, que daba substento a 60.000 traballadores, desapareceu por completo. Só quedan embarcacións xa oxidadas atrapadas nun deserto que nun pasado cercano estivo completamente tinguido de azul.

imagen

Aínda que xa pouco poidamos facer por él, esta historia deberíanos servir como exemplo para que non se volva a repetir, pois é moi importante usar pero non abusar dos recursos do medio. Os países do lugar firmaron un acordo para intentar salvar o mar Aral, pois a súa desaparición por completo empeoraría moito máis a situación actual. O problema está no apartado económico, pois moitos destes países non verían con bos ollos as cifras manexadas para intentar recuperalo. ¿Vos qué faríades? ¿Arriscaríades deixando  que se consumara este desastre ecolóxico por diñero?

Barcos no desertoConsecuencia de todo isto o clima do lugar volveuse moito máis árido e extremo, con veráns máis cálidos e invernos máis fríos.

 

A importancia dun refuxio

Actualmente morren millóns de animais en carreteiras ou estradas por mor do abandono. O motivo do abandono non esta xustificado,xa que se non queres o animal podes levalo a un refuxio, pero non deixalo desamparado a súa sorte.

Na miña opinión o abandono é un maltrato desgraciadamente real. Por iso agradezo moitísimo o labor dos refuxios de animais que é do que vos quería falar.

Un dos refuxios que temos mais preto é o de Cambados.

A Asociación protectora de animais de Cambados naceu en novembro de 1998 como unha asociación sen ánimo de lucro que centra a súa actividade na defensa dos animais, e en abril de 1999 comprometeuse en dirixir e xestionar o refuxio de Cambados.

 

imagen

http://www.youtube.com/watch?v=0AIda2Wd9h0&list=PL3F73A662C8EA7131&index=1&feature=plpp_video

¿Crees de verdade que isto pódese mellorar?

¿Pensasches algunha vez que sentirías se te tratasen así?

¿Qué farías para mellorar esta situación?

 

 

Engánanos o noso cerebro?

 A pareidolia é un fenómeno psicolóxico polo que vemos cousas que non están.  Por exemplo: cando nas nubes encontamos formas de animais.

Tamén o noso cerebro engánanos cando recordamos un suceso ¿por qué? ,o cerebro enche os ocos baleiros con contidos imaxinarios e irreais , para otorgar unha coherencia , xa que senón para nós sería confuso que a realidade que vivimos non tivese sentido.

Eres capaz de lelo?
“sgeun un etsduio de una uivenrsdiad ignlsea, no ipmotra el odren en el que las ltears etsan ersciats, la uicna csoa ipormtnate es que la pmrirea y la utlima ltera esten ecsritas en la psiocion cocrrtea. El rsteo peuden estar ttaolmntee mal y aun pordas lerelo sin pobrleams. Etso es pquore no lemeos cada ltera por si msima preo la paalbra es un tdoo.”

Estas liñas están rectas ou dobradas?

 

imagen

É importante diferenciar entre percepción e realidade , este bolígrafo que teño ao meu lado pode ser real , pero o que vemos como real é unha percepción do noso cerebro.
Un mesmo estímulo pode ser interpretado de moitas maneiras, xa que o noso cerebro encárgase de formar unha realidad, por exemplo: Imaxina que estás nunha praia tumbada na toalla e como sintes moita calor méteste no mar , metes os pés , e estreméceste, das uns pasos e sumérxeste , aí empezas a ver peixes de diferentes cores , algas varias e de repent,e cégache unha luz dunha cor especial pero está no fondo do mar , queres saber o que é , así que baixas para averigualo , a luz cada vez cégache mais , pero logras ver algo, e algo precioso pero sintes que quedas sin respiración así que volves a superficie , miras para baixo pero xa non brila nada, asi que volves para a toalla.

Eu puden ver 3 peixes e ti cántos?, a miña luz era verde a túa? ,eu vin un cofre e ti?

Outra forma que ten o cerebro de enganarnos e co famoso “deja vu” non é nada mais que unha anomalía da memoria.
Agora xa sabemos por qué nos engana o cerebro , é capaz de enganarche a ti?

Entra neste enlace, proba se che engana o teu cerebro.

 

 

Qué escapa dos buracos negros?

Os buracos negros son concentracións de masa de altísima densidade cun campo gravitacional tan grande que nin sequera as partículas da electricidade, os fotóns, son capaces de escapar del.

Existen diferentes tipos de buracos negros: os supermasivos, presentes no interior de cada galaxia; os micro buracos negros e os buracos negros de masa estelar.

Formación dun buraco negro: Unha superxigante vermella implosiona formando unha supernova. A parte externa da estrela espárcese polo espazo, mentres que a zona interna, é dicir, o núcleo, contráese. O campo gravitatorio comeza a aumentar e modifica as traxectorias dos raios de luz no espacio-tempo respecto ás que houbese en ausencia da estrela. As traxectorias da luz no espacio-tempo cúrvanse lixeiramente cara a superficie da estrela. A medida que esta se contrae, faise máis densa, de maneira que o campo gravitatorio na superficie faise máis intenso. A maior intensidade do campo fai que as traxectorias de luz próximas á superficie se curven máis. Ao final, cando a estrela encolleu por debaixo dun certo radio crítico, o campo gravitatorio da súa superficie é tan intenso que as traxectorias da luz cúrvanse tanto que esta xa non pode escapar. (O proceso é o mesmo se se produce a partir da contracción dunha anana branca).

imagen

 Segundo a teoría da relatividade de Einstein, nada pode viaxar máis rápido que a luz. Polo tanto, se esta non pode escapar, nada pode facelo; todo é arrastrado cara atrás polo campo gravitatorio. A estrela colapsada formou unha rexión do espazo-tempo da cal é imposible escapar cara un observador distante. Esta rexión é o burato negro e a súa fronteira exterior denomínase horizonte de sucesos.

Un buraco negro emite radiación cando un abxecto ou estrela é atraído polo seu campo gravitatorio. Antes de ser totalmente engulido e antes de pasar polo horizonte de sucesos, atópase tan presionado polas  forzas de marea do buraco que unha pequena parte da materia sae disparada cunha velocidade similar á da luz formando os chorros de plasma, a través dos cales podemos detectar un buraco negro.

Os científicos máis importantes que estudaros os buracos negros foron: EinsteinKarl SchwarzschildSubrahmanyan ChandrasekharEddingtonRobert OppenheimerStephen HawkingRoger Penrose e John Wheeler.

Que se sintiría ao ser atraído por un buraco negro? Chegará a demostrarse a existencia de velocidades superiores á da luz? Se así fose, sería capaz de escapar dun buraco negro? E neste caso, seguiríanse chamando buracos negros?