Ciencia Ficción ou Realidade?

Como todos ben sabemos ao longo do tempo escribíronse centos de libros sobre ciencia ficción e o que os seus autores consideraban produto da súa imaxinación hoxe día é algo real e común.

Poñamos por caso ao escritor Xulio Verne a quen todos coñecemos, no seu libro “Vinte mil leguas dunha viaxe submarina” onde Verne imaxina unha especie de barco sumerxible, o que hoxe día chamamos submarino.

imagen

Pero non só atopámonos con este caso, varios autores de novelas de ficción atopáronse na mesma situación que Verne.

Expoñamos os seus casos;

No caso do escritor H.G.Wells no seu libro “The World Set Free” describe todo tipo de bombas atómicas en máis dunha ocasión. O escritor, publicou a súa obra no ano 1914, 30 anos antes de que Hiroshima e Nagasaki fosen devastadas polas bombas atómicas norteamericanas.Outro caso é comprar con tarxeta de crédito, resúltanos do máis natural e sinxelo, pero créeme que todo era moi distinto no ano 1888, cando Edward Bellamy escribiu o seu “Looking Backwards”,quen ía a pensar que se faría realidade?. Alí, Bellamy describe transaccións de crédito e recibos duplicados. Mark Twain describiu a internet, practicamente como a coñecemos hoxe en día, na súa “From the ‘London Times’ of 1904″.Cando escribiu este conto curto, mencionou ao “Telectroscope”  que se baseaba nun sistema telefónico e gráfico que permitía a visualización e escoita de todas as accións diarias a nivel mundial, sen cables nin nada similar, máis ben como unha rede invisible.

 Con isto quero chegar á conclusión de que todo o que algún día creemos fantasía pódese levar á realidade no futuro.



 

Tags: ,

2 Respostas a “Ciencia Ficción ou Realidade?”

  1. paulavazquez Dixo:

    Moitas persoas, fai unha década, nunca se creería que hoxe en día, en 2016, chegasen a existir motos voadoras ou coches que poidan ir baixo a auga. Pero tamen hubo xente, que chegou a imaxinar estas cousas, e que as plasmou en series, películas ou libros de ciencia ficción, chegando hoxe en día a existir.
    A ciencia avanza a grandes pasos, antes se querías pasar a aspiradora, tiñalo que facer ti, ahora xa existen robots que o fan por ti, sen necesidade de que movas un pelo, unicamente, telos que programar.
    Actualmente, moitos traballos xa son desempeñados por robots, sen necesidade de que interveña ningunha persoa no proceso, así como a algunhas persoas estes avances favorecenlles, a maioria quedan perxudicados, xa que esto, o que fai e que diminuan os postos de traballo na sociedade e aumente o paro.
    Todas as persoas están a favor dos avances, en certos sectores, como a medicina, pero, no caso dos robots que desempeñan traballos quitando así postos laborais,a sociedade está a favor do seu avance? Mellorara a o seu avance a sociedade? ou empeoraraa?

    Paula Vázquez e Laura Nogueira

  2. haizea Dixo:

    O post fai referencia a un suposto uso científico de “invencións” fantásticas das cales falan varios autores nos seus libros, que logo se levaron á realidade dun xeito moi parecido a como eran descritas. Isto é un exemplo perfecto da unión entre ciencia e tecnoloxía co fin de mellorar a comodidade humana; máis estas formas de creación de novos aparellos non é a única pouco convencional á hora de falar de novas tecnoloxías. Por exemplo:
    Tempos por caso ao enxeñeiro George de Mestral, quen durante un paseo se fixou en como as espigas da Setaria se lle quedaban pegadas ao corpo e tivo a corazoada de que este feito se podería trasladar a outros ámbitos con outros elementos.Entón decidiu estuda-la planta e reproducir o seu mecanismo natural no laboratorio. De aí xurdiu o que hoxe coñecemos comunmente como belcro.
    Outro exemplo que describe un tipo diferente de circunstancia que leva a obter un invento é este caso, no que procurando unha cousa creouse outra:
    O celofán foi inventado por equivocación cando o enxeñeiro Jacques Brandenberg intentou fabricar un material que evitase as manchas nos manteis, e no proceso obtivo unha capa adhesiva a partir dun líquido viscoso que hoxe en día asociamos a ao nomerado.

    Haizea Bianca e Carla Somoza.