3 segundos de memoria?

Adoitamos asociar aos peixes coa falta de memoria, pero é se esto fora totalmente falso

imagen

Nos últimos quince anos fixéronse probas para coñecer máis a memoria e a aprendizaxe dos peixes. Estas probas foron levadas a cabo na Universidade  Charles Sturt (Australia)  e demostraron que os peixes podían recordar os circuitos nos que os adestraron, ata varios meses despois, co que podemos de dicir que é un bulo o dos 3 segundos que poden recordar algo.

O experimento que se fixo en Australia, baixo o mando de Kevin Warburton, consisteu en analizar a especies de auga doce no seu hábitat e depois nun estanque con alimento e perigos que tiñan que superar,  analizar o seu movementos, recordando cada zona durante os meses que durou a investigación.

Moitas veces cando os pescadores din que non hai peixes nesa zona porque marcharon ou porque hai pouca especie é mentira, os peixes que poidenron sair recordan a zona e o intento que tiveron de pescalo, marcan ese lugar coa súa experiencia e trazan outra ruta, xa que asocian diferentes sitios con perigos ou a abundancia de comida. Ata poden recordar durante un ano ao depredador que os atacou.

 

Tags: , , , ,

3 Respostas a “3 segundos de memoria?”

  1. anabeloubina Dixo:

    Este é un post moi interesante, xa que a idea de que os peixes son “desmemoriados” está moi estendida habendo frases feitas na xerga coloquial tales como “tes memoria de peixe.”
    Porén, a información que aquí atopamos reflectida explícanos que nada máis lonxe da realidade os peixes poden recordar cousas sucedidas incluso varios meses atrás, polo que poden lembrarse de numerosos perigos no seu camiño, evitando futuros danos e a algúns do seus depredadores e alongar así a súa vida.
    Todo o que supoñiamos saber sobre os peixes foi renovado.
    Anabel Oubiña e Miriam Rodríguez.
    1ºBACH B.

  2. carmenlaya Dixo:

    Parécenos moi interesante este artigo porque nos tiñamos a crenza de que os peixes só tiñan memoria de 3 segundos, xa que, hai quen afirma que un peixe olvídase de que lle comeu e se lle volves a dar de comer, morre de empacho.
    Por un lado gústanos coller esta información porque coñeces a verdade pero xa non podes volver a ver Buscando a Nemo do mesmo modo especialmente recordándocho no enlace do post.

    Carmen Laya e Sheila Carabelos.

  3. paulavazquez Dixo:

    E curioso, sempre se dixo, que a duración da memoria dun peixe e de 3 segundos ou que lles dura tanto como tardan en dar unha volta a pecera. Pero estas afirmacións son falsas.
    Os peixes son capaces de reter información, o que pasa e que non son como os cans, que memorizan o seu nome, ou ordenes como sentate, da unha volta,etc. Os peixes memorizan cousas que lles fan máis falta para a súa supervivencia, así como lugares para alimentarse, ou lugares onde sufriron perigos.

    Paula Vázquez e Laura Nogueira