Rexuvenecer con sangue xove

imagenAta agora só se realizaron tres novos estudos que demostraron que o sangue ou algún compoñente sanguíneo dun rato xoven pode rexuvenecer os músculos e o cerebro dun rato vello, según os estudos do Centro de Terapias con Células Nai e Medicina Rexenerativas de Harvad . No estudo observaron que unha proteína illada do sangue xoven chamada GDF11, melloraba o olfacto e outras capacidades dos roedores así como o corazón. O equipo de investigadores inxectou células nai de ratos xoves e sans en ratos vellos catro días antes de morrer. Os ratos viviron 71 días , é dicir, 50 máis do esperado polos científicos.

Todo isto produciuse grazas ás células nai , as cales son capaces de autorrexenerarse mediante a división , ou producir outras células especializadas. A  maioría dos nosos tecidos contan con estas células co fin de axudar á súa rexeneración en caso de que se produza algún dano.

Con todo isto, moitos dos investigadores cren que nun futuro moi cercano estos tratamentos se utilicen para retrasar enfermidades como o Alzhéimer , que xa se está experimentando en persoas enfermas as cales lle inxectaron plasma sanguíneo de xoves donantes, ou tamén outras enfermidades como problemas cardiovasculares.

 

Tags: , , , ,

2 Respostas a “Rexuvenecer con sangue xove”

  1. haizea Dixo:

    No post coméntase un experimento levado a cabo con ratos no que inxectando células nai de espécimes xoves e sans noutros vellos e apunto de morrer, se conseguiron como resultados unha elongación do tempo vital de ata case sesenta días.
    Isto quere dicir que as propiedades das células nai permítenlle adoptar calquera papel das diferentes células, tendo a oportunidade de auto-rexenerar as que sexan necesarias a través delas.
    Como di o texto ao final, xa hai experimentación científica en persoas enfermas para curar diversos problemas que posúen mediante as células nai; temos como exemplo os numerosos transplantes de medula espiñal tan efectivos.
    Mais tamén, co paso do tempo, poderíamos conseguir verdadeiros avances noutras enfermidades tales como poden ser o Alzheimer, á hora de alongar o tempo ata a chegada da perdida de memoria, ou incluso rematar por non chegar a tela; ou outras enfermidades coma as neurodexenerativas, diminuíndo o tempo no que a enfermidade evoluciona, ou conseguindo que non se produza. Isto suporía un verdadeiro avance na medicina xa que enfermidades coma esas son habituais e a todos nos frustra ter que resignarnos a un futuro que sabemos que non vai a rematar ben.

    Haizea Bianca e Carla Somoza.

  2. laurapadin Dixo:

    Estudos demostaron que cas células nai poden reparar tecidos. Como di na noticia, o experimento fixose con ratos a punto de morrer e o resultado foi que duraron máis do esperado grazas ás propiedades das células nai, que teñen a capacidade de dividirse e diferenciarse en diversos tipos de células espcializadas e de autorrenovarse para producir máis células nai que é no que se centra a noticia, inxectaron novas células nai no sangue.
    Con isto podemos avanzar moito na ciencia, pois nun futuro poderíanse curar enfermidades que hoxe ne día non teñen cura.

    Marta Portas e Laura Padín.