Sismo de 8,9 na escala Richter en Xapón

A sociedade xaponesa está desenvolvida tecnolóxicamente e preparada fronte ao risco sísmico, a súa vulnerabilidade ante estos eventos é baixa, aínda así, un sismo da magnitude do rexistrado o pasado día 11 provoca moitos danos, perdas humanas e económicas Consultando un mapa de placas tectónicas podemos deducir con facilidade por qué Xapón, asociado a un límite de subdución, presenta esta alta probabilidade de sufrir movementos sísmicos. O foco do sismo localizouse a varios quilómetros da costa, co que preocupan  os tsunamis que se poidan xerar nas costas doutros países. Ademáis, Xapón conta con varias centrais nucleares cos sistemas de seguridade máis avanzados do mundo, aínda así, cun sismo de magnitude 8,9 na escala Richter é difícil previr os danos.

Así se produce un sismo (pincha aquí).


Investiga as medidas de protección e preparación fronte ao risco sísmico dos que dispón a sociedade xaponesa e que están aparecendo estos días na prensa. 

Reflexiona sobre a conveniencia da construción de centrais nucleares en zonas de risco sísmico como Xapón.

 

eLEGS

 Armaduras que potencian as capacidades dos seres humanos. Ata agora esto só o podiamos ver en películas de ciencia ficción pero agora tamén poderemos ver este invento na vida real grazas a unha compañía de Berkeley, chamada Berkeley Bionics. Dita compañía  desarrollou un exoesqueleto, chamado eLegs, que permite unha liberdade de movementos impensables para os parapléxicos. O sistema utiliza un interface que interpreta os xestos. Os pacientes poden andar en  línea recta, permanecer de pé e sentarse. E con entrenamento  poderíase chegar a sortear obxectos. Este exoesqueleto  conta con unha  autonomía de seis horas grazas ás súas baterías.Por último , o módico prezo a pagar por este xenial invento será duns 100.000 dólares.

Ao principio este sistema estaba destinado para un uso exclusivamente militar pero  grazas a Berkeley Bionics este invento poderá ser utilizado por xente parapléxica que de verdade o necesita.

¿Cres que a cadeira de rodas acabará desaparecendo unha vez que este aparato se economice e se desarrolle para un uso doméstico?

imagen

imagen

 

Xenética e xenómica. Para qué serve hoxe en día. Ángel Carracedo ven ao instituto a falarnos de xenética.

Ángel Carracedo, un dos científicos máis recoñecidos no campo da xenética forense,  virá o 24 de Marzo ao instituto a darnos unha charla sobre  “Xenética e Xenómica. Para qué sirve hoxe en día”.  No instituto de Medicina Legal en Santiago de Compostela , el e o seu equipo traballan en temas tan diversos como criminalística, estudos de paternidade ou identificación de cadáveres ou persoas desaparecidas. Estudan enfermidades xenéticas raras,  os xenes que poden estar detrás dalgúns cancros  (por exemplo cancro folicular de tiroides) ou de enfermidades neurolóxicas ou psiquiátricas como a esquizofrenia… e  ofrecen  consello xenético.

Outros exemplos de aplicación da xenómica son os casos de resolución de enigmas históricos ou antropolóxicos gracias ao ADN mitocondrial que se transmite por vía materna, como por exemplo, o coñecemento de que o neanderthal e o sapiens, aínda que conviviron largo tempo non se mesturaron, ou se o fixeron non chegaron a ser fértiles.

De todas formas, as investigacións neste campo relaciónanse con temas éticos, como por exemplo, o risco de creación de bases de datos criminais feitas cos perfís xenéticos de delincuentes que de facerse públicas, poderían vulnerar a intimidade e liberdade dos individuos.


Despóis de coñecer algo máis sobre o traballo que Carracedo e o seu equipo realizan en xénetica forense, qué te apetecería preguntarlle? Diseña alomenos un par de preguntas para transmitirllas o día da charla.

 

Radiación electromagnética

Un tema ao que lle teriamos que poñer algo máis de importancia, xa que continuamente, todos os días do ano, estamos expostos a radiacións electromagnéticas. Persoas que traballan por exemplo diante dun ordenador oito horas ao día, ou os operadores de compañías telefónicas que levan un mans libres colgados na orella, están expostos durante moito tempo á  radiación electomagnética destos aparatos. Non lle damos importancia porque non temos síntomas a corto plazo, pero as consecuencias das radiacións electromagnéticas  a largo plazo son de vital importancia. Nos últimos anos non se chegou a unha conclusión clara sobre estes danos , pero sí avanzamos en canto ao establecemento de normativas que de algún modo reducen estas radiacións. Os datos estadiíticos son evidentes , pero o certo é que existe moi pouca información científica en canto a este tema. As radiacións de menor frecuencia no espectro electromagnético non son capaces de producir cambios no noso organismo, mentres que radiacións de maior frecuencia, como as que emiten as grandes antenas de alta tensión, sí son realmente perxudiciais para o noso organismo. Evidentemente, deberiamos de empezar a preocuparnos por este tema, que é mais importante do que parece. Solo en España estón colocadas 30.000 antenas de telefonía móbil que se instalaron en ausencia da mínima normativa legal que limitara os seus parámetros de deseño e colocación. Na miña opinión, creo que deberiamos de empezar a preocuparnos sobre o tema a non correr riscos seguindo unha seria de precaucións. ¿ Crees que realmente a radiación tanto das antenas de alta tensión como do microondas que temos na casa pode ser perxudicial para a saúde ?

imagen

 

Dimensións Extras

dimensions extras

Coa recente activacion do LHC, espéranse moitos descubrimentos sobre a natureza do universo onde vivimos, entre os que encontra a confirmacion da existencia das chamadas Dimensions Extras.

Aínda que se fixeron intentos de ver cómo serían as Dimensións Extras en termos matemáticos, realmente ninguén é capaz de imaxinarse como serían as Dimensións Extras.

Aínda así, a ciencia nunca deixou de estudalas: Pitágoras xa propoñía a súa existencia, e están incluidas en teorías como a das Supercordas.

E ti, como pensas que serían se se confirmase a sua existencia?

 

Atópase vida en base arsénico no lago de California

Atopáronse microorganismos  nas augas tóxicas e salobres do lago Mono , en California, bacterias da familia Halomonadaceae, capaces de vivir e reproducirse nun dos compostos químicos mais velenosos para o home , o  arsénico . O arsénico pode substituír completamente ao fósforo ata o punto de incorporar este elemento ao seu ácido desoxirribonucleico (ADN).

 

imagen

Este  descubrimento ten moita importancia na búsqueda de formas de vida extraterrestre xa que provocará cambios na actividade da NASA que ata agora só  buscara  vida en planetas que conteñan os elementos básicos que creían que podían acollela, estes son:carbono, hidróxeno, nitróxeno, osíxeno, fósforo e azufre. Os científicos da NASA explican que isto abre a posibilidade de que existan formas de vida en outros planetas que non teñan fósforo na atmosfera.  

 

Encóntranse bacterias ao borde do espazo exterior.

  Tres novas especies de bacterias que non se encontran na Terra, e que son moi resistentes á radiación ultravioleta, foron descubertas na parte superior da estratosfera por científicos indios.

O experimento levouse a cabo utilizando un globo de 459 kilogramos de carga útil e en total detectáronse 12 bacterias e seis colonias de fungos que mostraron moita similitude co 98% das especies coñecidas na Terra.

Aínda que o presente estudio non foi concluinte para establecer a orixe extratarrestre dos microorganismos, prevense medidas de axuda para continuar co traballo da búsqueda para explorar a orixe da vida.

 

 

imagen

 

Cómo creedes que se crearon esas bacterias? Pensades que son de orixe extratarrestre?


 

O AVE contamina un 29% menos que os trens tradicionais.

Un pasaxeiro en coche, emite de media case cinco veces máis de CO2 que un tren de alta velocidade, mentras que estes consomen por pasaxeiro un 29% menos de enrxía que os actuais trens de cercanías. Aparte de ser o transporte máis eficiente desde o punto de vista enerxético, a alta velocidade é unha maneira de viaxar máis limpa e menos esgotadora que a dos trens convencionais.

imagen

Rescpecto ás emisions, os trens de alta velocidade son de tracción eléctrica, polo que non expulsan gases de efecto invernadoiro e contribúen menos ao consumo de combustibles fósiles respecto a outros medios de transporte. En esto coiciden co resto de trens eléctricos. A principal ventaxa dunha liña de alta velocidade non se deriva de substituir ó convencional tren, senón da súa capacidade para atraer unha parte importante de viaxeiros que utilizan o avión ou o coche nos seus desprazamentos.

 

Efectos do Mercurio.

Hoxe en día unha gran parte do peixe que consumimos está contaminado polo mercurio e polas grandes cantidades que existen no medio ambiente e no noso organismo seguen aumentando, coas fortes consecuencias que pode producir este material tan pesado. Fai uns anos a ONU e a Unión Europea alertaron o urxente que era controlar este problema de saúde que nos pode afectar a todos os públicos, pero por exemplo a industria de cloro-sosa sigue empregando unha tecnoloxía moi contaminante que se pode remediar.

imagen

Cando o mercurio é emitido á atmosfera móvese con facilidade para depositar no chan, auga e sedimentos. Unha vez aquí, os  microorganismos convírteno en metilmercurio , desta forma é recibido por plantas e animais, polo que entra nunha cadea. As maiores concentracións danse nos grandes depredadores de consumo (atún, peixe espada, tiburón, …). O metilmercurio pode producir danos moi importantes na saúde humana. O Centro Internacional de Investigación sobre o Cáncer considera que os compostos de éste, poden ser carcinóxenos .

imagen

A industria de cloro-sosa é a maior consumidora de mercurio en España debido a que emprega celdas de mercurio. O mercurio utilízase tamén nunha gran variedade de procesos industriais, produtos de consumo e aparatos médicos. A boa nova é que casi todos estos usos teñen unha alternativa viable libre de mercurio.


Pregunta: E tí, ¿cres que hai algún outro método para remediar o problema ao que nos leva o Mercurio?

 

Xuventude eterna

imagen

Un grupo de científicos da universidade de Pekin creen que encontraron a fórmula para non avellentar, xa que descubriron que o principal xen que causaba o avellentamento era o p16  e que exercía unha función de reloxo biolóxico  celular, atopando á vez un método para retardar o avellentamento da pel.  

Este paso é considerado un paso clave para o alargamento da vida xa que pensan que inhibindo as propiedades do xen poden retrasar o dexeneramento celular e a súa vez a do ser humano.

Valora este descubrimento, qué pensas que poderan chegar a facer con esta investigación?