Atópase vida en base arsénico no lago de California

Atopáronse microorganismos  nas augas tóxicas e salobres do lago Mono , en California, bacterias da familia Halomonadaceae, capaces de vivir e reproducirse nun dos compostos químicos mais velenosos para o home , o  arsénico . O arsénico pode substituír completamente ao fósforo ata o punto de incorporar este elemento ao seu ácido desoxirribonucleico (ADN).

 

imagen

Este  descubrimento ten moita importancia na búsqueda de formas de vida extraterrestre xa que provocará cambios na actividade da NASA que ata agora só  buscara  vida en planetas que conteñan os elementos básicos que creían que podían acollela, estes son:carbono, hidróxeno, nitróxeno, osíxeno, fósforo e azufre. Os científicos da NASA explican que isto abre a posibilidade de que existan formas de vida en outros planetas que non teñan fósforo na atmosfera.  

 

Tags: , , , ,

4 Respostas a “Atópase vida en base arsénico no lago de California”

  1. carlosventoso Dixo:

    A min esta noticia pareceme que é un gran avance porque si aqui encontramos esas bacterias en condicións tan extremas, podemos encontrar outras bacterias noutro planeta,satélite, lúa e demostrar a así a existencia de formas de vida extraterrestres.

  2. franciscogonzalez Dixo:

    Eu creo que esta noticia revoluciona o campo da bioloxía e da exploración de vida no universo,debido a que a ciencia expoñía que para que existise a vida tal como a coñecemos terían que existir as 5 sustancias puras, Carbono,Hidróxeno,Osixeno,Nitróxeno,Xofre, e Fósforo (CHONSP) a sustición de un de estes elementos por outro da táboa periódica, podería supoñer que estes elementos non son fixos e que a base CHONSP so podería ser valida na Terra, pero noutras vidas alienixenas esta base pode variar, como por exemplo (CHONSAs).

  3. juanluisallo Dixo:

    POis esta noticia revoluciona un pocuo os estudos de busqueda de vida noutros planetas no universo, xa que en moitos planetas non se estudou se había vida xa que solo se estudaban os que tiñan uns determinados elementos químicos que pensamos que so podria haber vida aí, pero con esta demostración de que pode haber vida en lugares moi tóxicos para algúns seres vivos, e que a “regra” de que solo habería vida donde houbera Carbono, Hidróxeno, Osíxeno, Nitroxeno, Xofre e Fósforo pois so existiría na Terra e nalgún lugares porque como se veu neste lago de california ha vida donde se atopa unha gran concentración de arsénico.

  4. inesmaria Dixo:

    É unha noticia que pode cambiar todos os nosos esquemas sobre a posible existencia de vida noutros planetas, incluso tóxicos acabando coa regra de que só pode haber vida en lugares nos que houbera Carbono, Hidróxeno, Osíxeno, Nitróxeno, Xofre e Fósforo xa que se atopa vida en California onde hai unha enorme concetración de arsénico.
    O arsénico é un elemento químico da tabla periódica, preséntase raramente sólido, que é coñecido dende a antiguedade e é altamente tóxico, aínda que se utiliza nalgúns medicamentos. Tamén é usado para a fabricación de semiconductores.
    Sara Dorado e Inés María