Radiación electromagnética

Un tema ao que lle teriamos que poñer algo máis de importancia, xa que continuamente, todos os días do ano, estamos expostos a radiacións electromagnéticas. Persoas que traballan por exemplo diante dun ordenador oito horas ao día, ou os operadores de compañías telefónicas que levan un mans libres colgados na orella, están expostos durante moito tempo á  radiación electomagnética destos aparatos. Non lle damos importancia porque non temos síntomas a corto plazo, pero as consecuencias das radiacións electromagnéticas  a largo plazo son de vital importancia. Nos últimos anos non se chegou a unha conclusión clara sobre estes danos , pero sí avanzamos en canto ao establecemento de normativas que de algún modo reducen estas radiacións. Os datos estadiíticos son evidentes , pero o certo é que existe moi pouca información científica en canto a este tema. As radiacións de menor frecuencia no espectro electromagnético non son capaces de producir cambios no noso organismo, mentres que radiacións de maior frecuencia, como as que emiten as grandes antenas de alta tensión, sí son realmente perxudiciais para o noso organismo. Evidentemente, deberiamos de empezar a preocuparnos por este tema, que é mais importante do que parece. Solo en España estón colocadas 30.000 antenas de telefonía móbil que se instalaron en ausencia da mínima normativa legal que limitara os seus parámetros de deseño e colocación. Na miña opinión, creo que deberiamos de empezar a preocuparnos sobre o tema a non correr riscos seguindo unha seria de precaucións. ¿ Crees que realmente a radiación tanto das antenas de alta tensión como do microondas que temos na casa pode ser perxudicial para a saúde ?

imagen

 

Tags: , , ,

3 Respostas a “Radiación electromagnética”

  1. carlosventoso Dixo:

    Sí e non, segun a radiación que recibas se estás moi cerca dunha antena que emita moita radiación e tes que estar moito tempo cerca desa antena pode ser que teñas algunha mutación no teu organismo, pero se son estas antenas de televisión, de teléfonos, non ten que por que pasar nada.

  2. javierrodriguez Dixo:

    si pode ser, pero se te pos a mirar todo o que e perxudicial e o que no a xente sorprenderiase.
    Aver, estas radiacións poden que poidan causar enfermidades ou asi, pero e moi necesario na nosa, ou e que estamos moi acostumbrados a estes aparatos e agora si deixamos de utilizalos por mor do que pode provocar sería un cambio moi grande nas nosas vidas

  3. María Cores Dixo:

    As consecuencias da radiación electromagnética, son un gran enigma para o home. É producida por elementos de uso habitual, que empregamos ás veces excesivamente co fin de facernos a vida máis sinxela, pero é certo que realmente descoñecemos as súas consecuencias a longo prazo. Creo que unha exposición habitual, ou un uso excesivo destes aparellos pode producirnos danos dalgún tipo.