Xuventude eterna

imagen

Un grupo de científicos da universidade de Pekin creen que encontraron a fórmula para non avellentar, xa que descubriron que o principal xen que causaba o avellentamento era o p16  e que exercía unha función de reloxo biolóxico  celular, atopando á vez un método para retardar o avellentamento da pel.  

Este paso é considerado un paso clave para o alargamento da vida xa que pensan que inhibindo as propiedades do xen poden retrasar o dexeneramento celular e a súa vez a do ser humano.

Valora este descubrimento, qué pensas que poderan chegar a facer con esta investigación?

 

 

Tags: , , ,

10 Respostas a “Xuventude eterna”

  1. María Padín. Dixo:

    Na miña opinión esta noticia é moi interesante xa que con esta investigación non so se logrará un avance para ó fisico das persoas, se non tamén será un avance en canto á enfermidades dermatolóxicas e incluso podería axudar a curar cancros é tumores, xa que o p16 é unha proteína supresora de estos. Creo que será un gran avance científico, e espero que dentro de uns anos xa se poida tratar certas enfermidades grazas a este método.

  2. javierrodriguez Dixo:

    Eu non penso igual ca ese grupo de cienticos, porque o chagar a unha certa idade todo o mundo se lle nota que vai envellecendo. Sería unha tontería dicir que uns cientificos encontraron unha formula para poder envellecer mais tarde. A min, sen dúbida sorprenderiame moito a verdade.

  3. Laura guillán leiro. Dixo:

    este descubrimento e moi importante para os seres humanos, xa que esto aparte de axudar a retardar o avellentamento da pel, tamen pode ser moi util para o tratamento de certas enfermidades para as que agora mesmo non existe cura posible por iso,esperase que dentro duns anos se poida emplear este método científico que sera un gran avance para a nosa ciencia.

  4. mariaperezrey Dixo:

    Eu creo que un gran avance, xa que podrá alargar a vida das persoas,eliminando enfermidades como cancros que ha día de hoxe son moi comúns e polos que morren un alto número de persoas ao ano.

  5. Diana e María Pérez Dixo:

    Creemos que esta noticia é moi importante porque podrase alargar a vida das persoas,xa que con esta investigación quizáis podan chegar a encontrar a cura definitiva para os cancros, é isto será un gran avance porque na acualtidade un gran número de persoas morre a causa deles.

  6. estelagondar Dixo:

    Creo que este descubrimento é de real importancia, xa que non só podería ser bo respecto o estético, se non que tamén axudaría a encontrar solucións contra os cancros de pel que hoxe en día, son a causa de moitas mortes.

  7. María Cores Dixo:

    Creo que este avance científico vai ter un gran recoñecemento a nivel mundial.Polo avellantamento fisicamente, pero máis importante,(dende o meu punto de vista) para as enfermidades dermatolóxicas e tamén para os cancros, xa que millóns de persoas o sofren.Espero se integre e se poida tratar dentro duns anos na sociedade.

  8. patriciafernandez Dixo:

    Eu penso que poden chegar a chegar a encontrar unha formula para o avellantamento fisicamente e tamen pode ser util para o tratamento de alguas enfermidades dermatoloxicas e tamen axudaria a encontrar solucions que poidan chegar a encontrar para os cancros da pel.

  9. carlosventoso Dixo:

    Penso que con este avance e investigando máis dentro duns anos se podrá parar o avellentamento da nosa pel, pero este trae un pequeno problema, nos aparentaremos que somos moi novos pero en realidade sermos vellos igual porque os anos non nolos quita nadie.Tamén este avance nos pode axudar nas enfermidades dermatolóxicas coma as dermatites atópicas, canceres de pel…

  10. franciscogonzalez Dixo:

    Aínda que consigan descubrir con inhibir este xen, creo que non sería rentable a nivel mundial, porque se todos os seres humanos retrasasen o seu envellecemento, a tasa de mortalidades diminuiría, polo tanto o crecemento da poboación disparariase, e isto sumado a superpoación que xa existe faría que os recursos naturais non dean abasto para tanta cantidade de persoas.