A ciencia dos superheroes

Non sería incrible ter algún superpoder? Poder voar coma Superman? Dirixirnos onde queiramos dun edificio a outro balanceándonos coma Spiderman? Na actualidad é algo que só podemos imaxinarnos, pero os avances científicos poderían axudarnos a chegar a esa meta.

Científicos de moitos campos (resaltando James Kimagenakalios), xunto con algúns periodistas encargados da divulgación científica (Juan Scaliter), preguntáronse se algúns deses poderes serían en verdade posibles usando a ciencia para explicalos.No caso de superheroes coñecidos, como pode ser Spiderman, na actualidade creouse un fío, que só co grosor dun lapis é capaz de levantar seis coches.

Tamén a posibilidade de ser invisibles, isto podería ser posible nun futuro grazas aos nanomateriais, ou metamateriais, capaces de facer que a luz que recibiramos se reflectise e iso nos volvería invisibles.

Actualmente xa temos algo que nos permite ver através dos obxectos como os raios X de Superman, e que se usa de maneira cotiá nos aeroportos para inspeccionar as maletas. Aínda que quizais non sexa tan práctico nin tan móbil como telos na nosa propia vista. Tamén poderiamos ter a habilidade de voar, se no solo poñemos un imán, e nas solas dos nosos zapatos poñemos outros pero de polaridade contraria, consegueriamos elevarnos do solo.

Imaxinádesvos que algún día puidese haber alguén como o Capitán América? Podería ser posible, grazas aos exoesqueletos, outorgando a soldados normais, unha forza aínda maior á que eles teñan, por exemplo.

Máis exemplos e información no libro de James Kakalios (”La física de los superhéroes”) ou Juan Scaliter (”La ciencia de los superhéroes”), aínda que tamén se pode atopar nun documental.

 

Tags: , , , ,