A comida do futuro.

escasez de alimentos é un dos principais problemas derivados do aumento da poboación do planeta aos que se ten que enfrontar a humanidade. Algúns expertos afirman que, ao ritmo de crecemento actual, as hambrunas extenderanse por todos os continentes nun certo tempo. Para tratar de solucionar este problema, moitos científicos queren buscar a forma de producir alimentos a gran cantidad e utilizando poucos recuros naturais. Para iso non deixan de traballar e tratar de amosarnos como poden ser eses alimentos:

  • Amidón nas árbores : un grupo de investigadores estadounidenses desenvolveu unha tecnoloxía capaz de producir amidón comestible a partir da pulpa da madeira.  Segundo as probas bastan 200kg de matería prima para conseguir 20 kg de amidón.
  • Pizza en 3D :  A NASA está financiando unha impresora 3D destinada a fabricar comida. Na actualidade o prototipo está experimentado cunha impresora de pizzas. Para iso utiliza cartuchos cheos dos ingredientes en polvo, estos mézclanse e quéntanse antes de imprimirse capa a capa.
  • Carne cultivada no laboratorio: fai dous anos, un equipo da Universidade de Maastricht cociñou a primeira hamburguesa cultivada en vitro, creada a partir de células nai de vaca, tras tres anos de investigación. Saiu un pouco seca xa que os investigadores non sabían como fabricar vasos sanguíneos e graxa.
  • Insectos: a carne dos insectos é moito máis rica en proteínas e moito máis barata que a carne que se elabora nos laboratorios. Ademais, varias empresas occidentais, están estudando as diversas formas de incorporar as proteínas dos insectos aos seus productos. 

imagen

 

Tags: , ,