Estamos predispostos á violencia?

Seriamos capaces hoxe de actos atroces coma o xenocidio nazi, coma unha III Guerra Mundial, despois de todo o vivido no pasado? Podería a humanidade recaer na violencia e dar péa un novo desastre de proporcións universais, cobrando miles de vidas inocentes? Non, é o que di a xente, pois estes horribles feitos son parte do pasado. Froitos da incultura, do fanatismo, da inmoralidade, que no presente xa non existen.

Non sexades tan optimistas. O home é o lobo do home, dicían na Antiga Roma, ó ver as barbaridades que a humanidade era capaz de facer contra si mesma. E quizais non se equivocaban. Ó longo da Historia realizáronse numerosos experimentos co fin de demostrar rotundamente se somos ‘bos’ ou ‘malos’ por natureza. Algúns dos máis destacados, quizais pola súa falta de ética ou a brutalidade dos resultados, foron os realizados por Stanley Milgram e Philip Zimbardo.

experimento de Milgram consistía en demostrar que, baixa a influenza dunha figura de autoridade, calquera persoa podía facer dano a outra sen importar as consecuencias, mesmo se a vida deste peligraba.

imagenOs corenta participantes non sabían o verdadeiro motivo da proba, e pensaban que se trataba dun estudo sobre a memoria e o aprendizaxe. O experiemento consistía en que o suxeito (o profesor) debía formular a outra persoa (o alumno) unha serie de preguntas. Se a resposta era incorrecta, debía ‘castigalo’ cunha descarga eléctrica cada vez máis forte. O profesor e o examinador da proba estaban nunha sala e o alumno noutra, para evitar o contacto visual co suxeito. Por suposto, todo era falso. O alumno non recibía en ningún momento as descargas, e en realidade era un cómplice da proba que debía queixarse pola dor das correntes e, chegado un punto, advertir que sufría problemas cardiacos e que comezaba a doerlle o peito. Cada vez que o suxeito dubidaba, o examinador lle dicía que debía continuar polo ben do experimento, a pesar dos xemidos de dor que se escoitaban do outro lado.

Das corenta persoas que participaron, o 65% continuaron  proporcionando ó alumno descargas eléctricas; todos eles ata 300 voltios, e 25 acadaron o nivel máximo (450 voltios de intensidade), mesmo cando as queixas e os gritos de dor deran paso ó silencio total por parte do estudante.

Cinco anos depois, Philip Zimbardo levou a cabo na Universidade de Stanford outro experimento, cuxo fin era descubrir a influenza dun ambiente extremo no comportamento dos suxeitos. Coñecido como o experimento do cárcere de Stanford, o profesor Zimbardo instalou no sótano da Universidade unha prisión ficticia, e repartíronse os roles de garda e prisioneiro aleatoriamente entre os vinte e catro participantes, todos estudantes universitarios. Os carceleiros tiñan todo o poder sobre os reclusos, e podían maltratalos e humillalos todo o que quixesen sen consecuencias nin rendir contas a ninguén. Teóricamente, o experimento debería durar dúas semanas, pero foi cancelado ós seis días. A inmensa maioría dos gardas mostraban grandes mostras de sadismo cos prisioneiros que, humillados e torturados, se negaban a abandonar o experimento e mesmo parecían disfrutar. Unha estudante de posgrado protestou ante as condicións inhumanas que presentaba o cárcere de Stanford e, segundo as palabras de Zimbardo, foi a primeira de cincuenta persoas que visitaron a prisión que se horrorizaron dos feitos que alí ocorrían.

Ambos experimentos foron fortemente cuestionados pola súa falta de ética e moi criticados, pero os seus resultados, a pesar dalgunhas taras, non poden cuestionarse. Xente da rúa e estudantes da Universidade demostraron ser capaces de ignorar o sufrimento alleo a pesar de ser eles a causa, ou mesmo disrutar provocándoo, dando mostras dun sadismo realmente perturbador.imagen

As conclusións destes experimentos e moitos outros, coma a Terceira Onda, demostran que o ser humano é por natureza malvado, egoísta e submiso. Sen embargo, todos temos familia, amigos, unha vida rodeada de xente bondadosa que se preocupa polos demais tanto ou máis que por si mesmos. Todos coñecemos bebés inocentes, nenos sen maldade algunha, e non somos capaces de pensar que poidan chegar a ser crueis a niveis tan extremos.

Vós que pensades? Somos anxos de ás brancas ou negras?

 

Tags: , , , ,

2 Respostas a “Estamos predispostos á violencia?”

  1. raquel_banos Dixo:

    Dende outro punto de vista, os humanos, como outros animais, tamén somos cooperativos e altruístas.

    http://www.somosprimates.com/2010/02/el-papel-de-la-cooperacion-y-el-altruismo-en-la-evolucion/

  2. rubenchaves Dixo:

    Pensamos que o ser humano non é malo por natureza. Hai moitos casos de xente que se afilia a organizacións benéficas co fin de ir a outros países en vías de desarrollo con motivo de axudar ás poboacións locais(no campo da educación, sanidade, etc…) sen recibir nada a cambio. Tamén esta claro que hai persoas malvadas que fan mal a outros polo xeito de disfrutar, polo que poderíamos decir que hai de todo nesta vida.

    Estes experimentos só demostran que hai algúns seres humanos violentos, non que se poida volver a dar estes feitos. O feito por exemplo, da alemaña Nazi, non só depende da natureza humana, tamén inflúen factores socieconómicos e políticos que poden fanatizar á poboación.

    A maldade non é en si, a piedade e a crueldade son factores que poden chegar a perder toda importancia se se dan certas situacións, pois pensamos que todos somos capaces de matar se temos os suficientes motivos(guerras,defender un ser querido, a propia supervivencia..) ,e non por eses feitos somos malvados.

    Alex Otero e Rubén Chaves,