A ciencia de Sherlock Holmes

O característico personaxe de Sir Arthur Conan Doyle, o cal deixou unha gran pegada dende a literatura ata a propia ciencia actual, foi o detective Sherlock Holmes, coñecido polos seus métodos detectivescos tan innovadores e sorprendentes da época. Tódolos crímines máis complexos eran resoltos mediante diferentes técnicas das que Doyle foi precursor, de métodos científicos que as empresas de detectives nin sequera utilizaban nesa época, manifestándoas nos relatos de Holmes.

Con tal detective a ciencia forense, a criminalística, adelantouse varios anos, nos seus relatos, con técnicas como: análise químico,  inspección microscópica, análise grafolóxica, residuos de explosivostipografía… Sendo tamén nestas historias onde primeiro se realizou a análise de pegadas, dez anos antes de que fora usado pola Scotland Yard.

imagen

Entre outras das innovacións, que através do personaxe de Holmes chagaron ata nós, son:

  • Análise balístico: onde Holmes no relato de “Los hacendados de Reigate“, introduce coñecementos de balística para determinar a arma que disparou a bala. Actualmente os expertos coinciden con Holmes dicindo que cada arma é única.
  • Análise sanguíneo: no “Estudio en Escarlata” realízase por primeira vez o análise dunha mostra de sangue, trece anos antes de que se comezara a aplicar esta técnica e un siglo anterior ás probas de ADN.

Os relatos de Sherlock Holmes, ademais de aportar novas técnicas, serviron tamén como inspiración dende a literatura ata os propios científicos, como no caso de Edmond Locard, quen se baseou nos métodos de Holmes para crear as súas propias teorías sobre probas indiciarias, e marcou o rumbo dos equipos de investigación de crímenes: os CSI do século XXI.

Dende entón os libros de Sherlock Holmes foron recomendados para aquelas persoas que se quixeran dedicar á criminalística para saber as súas raíces. Quen pensaría que un personaxe literario podería aportarnos tanto e en tantas formas?

 

Tags: , , , , , ,