Coñeces ás persoas do futuro?

O pasado mes de Novembro, celebrouse en Madrid a decimocuarta edición do  congreso mundial sobre humanoides ao que asistiron 400 desarrolladores e empresas de máis de 30 países.O protagonista deste evento foi Nao, un pequeno humanoide de 58 cm que é un dos robots máis complexos fabricados ata agora. Conta con sensores que lle permiten recoñecer persoas, facer planos dunha habitación para evitar os obstáculos, agarrar obxectos etc. Espéimagenrase que Nao sexa o xoguete do futuro aínda que agora se use con fins educativos e de investigación.

Outro robot que non pasou desapercibido foi iCub, que presenta características similares ás dun neno entre 3 e 4 anos. É capaz de tocar un instrumento musical e de compoñer. Está deseñado para que no futuro sirva de axuda a persoas con incapacidade. España presentou a Teo, un humanoide co peso e a medida dunha persoa (60 kg e 1,7 m de altura) de fabricación totalmente española. Camiña, planea rutas para dirixirse dun lado a outro, agarra obxectos de pequeno tamaño como libros e  mantén constantemente o equilibrio.

Os esforzos destes investigadores diríxense a que o antes posible, estes humanoides sexan parte dos electrodomésticos do fogar, axudándonos a realizar as nosas tarefas e interactuando con nós. Seremos bos amigos?

  Se celebra en Madrid “Humanoids”

 

Tags: ,

4 Respostas a “Coñeces ás persoas do futuro?”

  1. albacomojo Dixo:

    É realmente incríble que a ciencia e a tecnoloxía nos permitan fabricar este tipo de máquinas que poden facer autenticas maravillas. Aparentemente, é verdade, que non son moi estéticos pero a súa capacidade e espectacular, aínda que co tempo a estética mellorará. A parte negativa destas invencións son que os robots pronto acabarán por completo co traballo humano, facendo así que a maior parte da poboación sexa inservible, cara o traballo. Cremos que os robots, na actualidade, son necesarios para a humanidade, pero sempre dentro duns límites.
    Alba Comojo Viñas e Sara Docal Sánchez

  2. santiagofandino Dixo:

    Eu creo que pasará moito tempo ata que se consiga que un robot faga o mesmo que un ser humano, por outra parte non lle vexo a utilidade de construir robots de apariencia humana e que fagan o mesmo, que non sexa recreativa e educativa, xa que o único que farían e sustituir as persoas. Como se ganaría el dinero si no es trabajando?

  3. uxiasantos Dixo:

    Desde o noso punto de vista parecenos increíble, como foi evolucionando a ciencia, fundamentalmente a robótica. Fai sesenta anos, mais ou menos, a xente tiña que lavar a roupa a man e hoxe en día ultilizamos a lavadora.
    Como por exemplo, que un par de tornillos e catro cables sexan capaz de recoñecer persoas, agarrar obxetos.. se a robótica segue evolucionando asi de rápido en dez anos cando un neno sofre algún tipo de enfermidade en vez de ter que deixar de traballar os pais para atendelos pode facelo un robot, como foi creado iCub.
    Uxía Santos e Sara Domínguez

  4. sarahlabandeira Dixo:

    Os humanoides parecenme unha boa maneira de axudar a discapacitados como ben pretenden varios investigadores,tamén un enorme avance na tecnoloxía,xa que con isto a nosa vida diaria é máis fácil,e así constantemente cara ó noso futuro,pois tal vez nos non poidamos ver eses robots que intentan idealizar para semellarse o máis posible o ser humano pero máis probable que os nosos fillos si o vexan e nos ainda non,pero están preto,pois xa hai o humanoide que sube e baixa escaleiras e iso foi o máis difícil de poder averiguar como facer.Serán unha gran influencia para o futuro,ata penso que incluso chegarán a traballar con ese tipo de robots nun moi futuro lonxano na nosa vida diaria.
    María Santamaría,Sarah Michele Labandeira 1 BAC B