O combustible cheo, por favor…de plátanos.
A base das investigacións é o aproveitamento dos gases que tanto o plátano como a súa planta, a platanera, xeran cando fermentan. A riqueza en azucres destos gases, e mediante un proceso químico, é posible reconvertilos nun composto moi similar á gasolina convencional.
En varios países produtores de bananas xa se están convirtindo os excedentes e desfeitos desta saborosa froita en biocombustible, unha fonte de enerxía alternativa utilizada para propulsar algúns coches,loxicamente non está preparado para este tipo de combustible calquera coche, que polo xeral se emprearía mesturado, se as investigacións prosperaran tamén sería necesaria a adaptación dos motores.
A empresa australiana Growcom é pioneira nesta técnica e puxo en marcha una planta piloto na que se está experimentando coa novedosa obtención deste carburante. O proceso para transformar a peladura do plátano dura xeralmente unhas dúas semanas e é costoso, polo que o combustible obtido aínda resulta caro para a súa comercialización.
Un dos beneficios é que as peladuras de plátanos e os plátanos en mal estado, que en situación normal irían a parar a un vertedoiro, poderían convertirse nun tipo de biocumbustible, outro dos beneficios é para o archipélago canario, no que hai unha alta tasa de desempleo, podería supoñer una gran fonte de actividade económica, posto que se encontra entre as primeiras potencias mundiais de plátanos.
Usaremos nun futuro un biocumbustible a base de plátanos para os nosos coches?