Irá a evolución da medicina da man das impresoras?

Aínda que agora nos pareza incrible, nunhas décadas será posible imprimir os nosos propios órganos cunha impresora 3D na que os científicos de todo o mundo traballan. Esta usa células como “tinta”. A este método estáselle a chamar biorreprografía  en 3D e é unha das principais opcións de futuro na medicina rexenerativa.

Esta impresión en 3D permitiranos facer órganos e tecidos a medida exacta para cada paciente, a partir de cultivos das súas propias células. Ata agora so se conseguiron experiencias a pequena escala pero trabállase  para que a creación de órganos completos sexa posible nuns anos.

Actualmente estes son os feitos conseguidos:

Desenvolvemento de próteses sólidas para substituír ósos de pacientes que perderon masa ósea por calquera razón. O obxectivo desta práctica está fixada en conseguir pezas que estean vivas ou se poidan integrar no noso corpo, xa que o problema que hai é que por exemplo un material como o titanio, sería un axente estraño para nós e podería causar problemas como infeccións.

Células nai: Últimos estudos conseguiron utilizar este tipo de células na impresión 3D xa que comprobaron que mantiñan a súa característica de pluripotencia (capaces de xerar a maioría dos tecidos).

Orella artificial: Os científicos crearon un molde do pavillón auditivo con coláxeno e a continuación  introduciron células de cartilaxe de vaca que substituíron ao coláxeno. Obviamente, no caso práctico con un paciente, colleríanse células do mesmo.

 

imagen

Traquea: Foron capaces de curarlle a insuficiencia respiratoria a un bebé ao implantarlle unha parte de traquea fabricada con unha impresora 3D a partir de material biolóxico chamado policaprolactona.

Tecido hepático: A primeira empresa capaz de crear tecido humano foi Organovo. O seu estudo está centrado na fabricación de tecido hepático con distintos tipos celulares (hepatocitoscélulas estreladas e endoteliales) e ensaiar con minifígados e ver se son capaces de responder a enfermidades, medicamentos e patóxenos.

 

Tags: , , , ,

Unha resposta a “Irá a evolución da medicina da man das impresoras?”

  1. laurafranco Dixo:

    Os avances da ciencia sopréndenos cada día máis. Este invento consiste nunha impresora que usa como tinta células e que o que imprime son órganos e tecidos da medida exacta. Esta unha gran esperanza para o futuro da medicina rexenerativa.
    De momento esta impresora solo deixa as suas mostras a pequena escala, pero nun futuro espérase que sexa de grande axuda. O que se conseguiu facer ata agora foi o seguinte:
    Desenvolvemento de próteses sólidas que sexan vivas ou que se adapten xa que se son artificiais e levan materiais como o titanio poderían ser rexeitadas polo noso corpo.
    Fíxose tamén unha tráquea que pode axudar a curarlle a insuficiencia respiratoria a un bebe.
    Tamén se fixo unha orella artificial feita de coláxeno e despois ao introducir as células da cartilaxe da vaca substituíron ao cartilaxe. Para o caso dos humanos utilizaríanse as propias células.
    Por último, crearon tamén un tecido hepático, con diferentes tipos de célululas. Intentaron facer minifígados para probar si os órganos impresos por estas innovadoras impresoras responden a medicamentos e a patóxenos.
    Para o meu gusto é un invento que pode axudar moito no mundo da medicina, xa que calquera parte do corpo poderá ser substituída sen problema se as espectativas sobre este invento se cumplan. De momento tocaralles aos insvestigadores seguir investigando para que todo sobre esta impresora salga ben. O único pero que lle encontro e que ao ser algo que vai a sair novo ao mercado, como todo tendra un prezo de saída moi elevado e só vai a estar ao alcance dos que máis poder adquisitivo teñen.