Os cans como axuda á sociedade

Todo o mundo sabe que o can é o mellor  amigo do home. Que é unha gran compañia para moitas persoas, e incluso parte da familia, pero tamén teñen un gran valor na sociedade de hoxe en día. Poden salvar vidas humanas e evitar catástrofes cos seguintes corpos de seguridade: Os policías. Os cans axudan a policía en diferentes funcións, como poden ser, os de rescate, de avalancha, de salvamento de montaña , rastreadores en catástrofes naturais, búsqueda de estupefacentes  …; os bombeiros;  tamén desempeñan unha gran función coas mulleres maltratadas , protexéndoas. E inclusive en tarefas médicas, xa que están entrenando aos cans para que detecten o cancro antes que as máquinas por medio do seu privilexiado olfato, e isto non é un simple mito, hai casos reais de cans que traballan coa sociedade en esta faceta. Son moi útiles tamén nas terapias axudando a persoas con problemas físicos, psíquicos, con alzeheimer, nenos con autismo e persoas con depresión. Axuda a unha mellor calidade de vida, xa que o can consigue o que moitos psicólogos e fisioterapeutas non son capaces de lograr, A EMPATÍA ENTRE PERSOAS E ANIMAIS .  Por exemplo, sin ir moi lonxe, O Refuxo de animais de Cambados, fai dous anos inaugurou o primero centro de terapia asistida con animais abandoados de España.

imagenimagen

En cada comunidade autónoma de España ríxese unha lei de protección animal diferentes, por exemplo, a lei de accesibilidade de animais a diferentes establecementos; comunidades como Cataluña,País Vasco, Galicia  e Valencia son as únicas comunidades nos que os cans de asistencia (os cans que axudan a xente en calquer tipo de traballo  ou en detectar enfermedades como a hipoglucemia) poden entrar en establecementos como as cafeterías, restaurantes, supermercados, aeroportos , ( os cans que viaxen en avión, viaxarán como calquer pasaxeiro, e co billete gratis) , e tamén en hospitais agás nun quirófano.

 Os cans son moi beneficiosos en moitos aspectos da nosa vida,  e non nos esquenzamos de destacar a súa lealdade cara aos seus donos, ou persoas queridas. Pero aínda así, sendo un dos mellores amigos, existe xente que os abandona, pensando que son un anaco de carne sen sentimentos… Aínda que iso non é o peor de todo, senón que maltrátanos, os deixan sufrindo é despois os abandoan a súa sorte e feridos.

 

Tags: , , ,

2 Respostas a “Os cans como axuda á sociedade”

  1. elenareigosa Dixo:

    Estou totalmente de acordo con este post.
    Os cans son uns grandes animais de compañía e poden servir de moita axuda a persoas con problemas. Unha persoa que padece unha gran discapacidade,pode contar con un can para axudarlle no seu día a día e non sentirse tan solo.
    En todos os lugares deberían permitir que os cans acompañasen aos seus donos, porque é unha necesidade de que estén ao seu lado, xa que son eles os que os protexen.

  2. inesmaria Dixo:

    Este artículo fíxonos reflexionar moito sobre a importancia dos cans, non só como excelentes animais de compañía e por ser considerados os mellores amigos do home, senón tamén pola súa importancia na sociedade.

    Os cans axudan á policía en diferentes funcións, como a búsqueda de estupefacentes a tamén axudan ós bombeiros, protexen ás mulleres maltratadas. Os cans traballan e axudan á sociedade e ademáis son capaces de lograr a empatía entre animais e persoas.

    Os cans son capaces de detectar enfermidades como a hipoglucemia e axudan nas terapias coa xente que ten problemas físicos ou psíquicos.

    Nós creemos que os humanos moitas veces os humanos infravaloramos ós cans, ignorando a importancia que realmente teñen e todas as axudas que nos aportan a nós mesmos.

    Sara Dorado e Inés María