Google Glass, novo avance na tecnoloxía

Estas sofisticadas lentes creadas polo laboratorio de Google X poden utilizarse para diferentes funcións, entre elas: tomar fotos ou gravar videos con solo escoitar a orde sonora do seu propietario, permite realizar calquer tipo de búsqueda na web, consultar a hora, a meteoroloxía. Tamén ten funcións de mapa e GPS (Google Maps), e moitas máis aplicacións.

Sen embargo, o uso máis destacado hasta agora empregados foi o que lle deron os médicos, que se valen desta tecnoloxía para realizar transmisións en vivo das intervencións quirúrxicas dos pacientes con diferentes patoloxías. Como foi o caso do médico español Pedro Gillén, quen se puxo as lentes para retransmitir unha operación desde o punto de vista do cirurxián, mostrandoo en primeira persoa para diferentes partes do mundo (hospitales, universidades…).

Recentes estudos din que estas peculiares gafas podrían salvar vidas, sobre todo en lugares alexados dos núcleos urbanos. Isto básase nunha aplicación, diseñada especialmente para este dispositivo. Realizase unha fotografía dunha folla de análises de sangue ou ouriños y envía a imaxe xunto ao seu código QR(código de resposta rápida) a unha serie de ordenadores. Estos analizarían o resultado, obtendo un diagnóstico fiable en cuestión de 8 segundos. Isto aforraría o tempo de ter que ir o médico pedir cita e determinar si hai algo destacable nas nosas análises.

Toda esta información recollida por millóns de persoas podería axudar ademais aos investigadores a rastrexar a propagación de enfermidades por todo o mundo, evitando a perda innecesaria de vidas grazas á detección previa de posibles ameazas de saúde pública antes de que se produza a epidemia ou o brote da enfermidade.

 

Un microscopio de papel.

Foldscope é un microscopio basado no origami, imprímese sobre papel e pregándoo, engadindo unha lente, un LED e unha pila podemos conseguir un microscopio por menos dun euro. O seu peso é de apenas uns gramos, non rompe con facilidade e móntase en menos de 10 minutos. A pesar de que é tan barato pode proporcionar máis de 2.000 aumentos cunha resolución submicrométrica.

Este invento desarrollárono científicos da Universidade de  Stanford que defenden que se poden ver parasitos e bacterias ampliados. Os seus creadores tamén falan de que o microscopio é sumerxible e non rompe aínda que o pises repetidas veces.

Por todo isto este invento suporía un gran avance na mediciña e na educación, sobre todo en países subdesarrollados e azotados por enfermidades.

Nos institutos os alumnos poderían fabricar o seu propio microscopio antes de utilízalo nas clases prácticas. Na sanidade pode salvar moitas vidas facendo un estudo a tempo e previndo enfermidades. Fálase de que estes microscopios, polo seu baixo coste, poderían ser desechables para evitar o contaxio de enfermidades.


 

O Deseño Intelixente

A teoría do deseño intelixente apareceu en Estados Unidos no ano 1987,  cando nos colexios anulouse a obriga de ter que ensinar o Creacionismo nas clases de Ciencias Naturais. Esta teoría, non é máis que unha versión un tanto moderna da existenza de Deus, pero respecto o deseñador no deseño intelixente non o mencionan, nin a el, nin a súa natureza.

imagenAs persoas que están a favor desta teoría, xustifícanse dicindo que vida é tan complexa, as células os átomos, que non puido ser o azar quen o creou todo, se non que tiveron que ser feitos por alguén. Outro argumento é que, é necesario unha intelixencia capaz de crear e controlar as leis do Universo.

A Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos e moitos científicos consideran que o deseño intelixente é unha pseudociencia,  rexeitando as afirmacións desta teoría porque din que carece de unha base científica. A pesar de todo isto, esta teoría conseguiu movilizar a un gran número de persoas en todo EEUU, e estas persoas están buscando que esta teoría se ensine no colexio como xa se facía antes co Creacionismo.

Esta teoría tamén chegou a España. En diferentes universidades e institutos intentouse conseguir o obxetivo de promocionar o deseño intelixente, como nas universidades de Vigo e León, pero foi rechazado porque pensaban que non tiña ningún carácter científico, simplemente que era de carácter creacionista e que non aportaría nada.

A partires do deseño intelixente xurdiron outras teorías, pero que eran parodias. Por exemplo o Pastafarismo no que o seu Deus era un montón de espaguetis.Esta teoría surxiu como protesta para que o deseño intelixente non fora difundido.

imagen

Con todo isto, cabe preguntarse, como moitos científicos din: “¿Onde estaba o deseñador e de onde saíu este deseñador?” Co que as persoas partidarias desta teoría respondían que esta pregunta era irrelevante ou que non tiña nada que ver co deseño intelixente.

 

 

 

Células nai, un gran avance

Imaxinádesvos poder curar enfermidades dexenerativas (alzheimer parkinson, leucemia…) que ata agora non hai remedio? Ou rexenerar tecidos (neuronas, fígado, sangue, pel…) danados? Isto  xa é posible grazas as células nai.

As células nai son aquelas células dotadas da capacidade de autorrenovación(producir máis células nais) e de orixinar células filla que se converterán por diferenciación en tipos celulares especializados. onxelados a temperaturas de -190ºC en clínicas especializadas.

imagenAplicacións das células nai en medicina, tratando enfermidades como:

 ·         Cáncer: estudos recentes din que as células nai poden servir como vehículo para transportar tratamento efectivo e preciso a tumores illados. Estas células poden ser programadas insertándolles transxenes fabricados con efectos antitumorais que eliminan directamente ás células cancerosas.

          Diabetes:  un grupo de científicos da universidade de Harvard, anunciou que encontraron un composto químico capaz de convertir as células nais pancreáticas en células betas xeradoras de insulina.

       Alzheimer, Enfermidade de Lou Gehrig e Enfermidade de Huntington: investigadores están estudando mecanismos diferentes para aproximarse a estas enfermidades a través da terapia celular. Na enfermidade de Lou Gehrig usáronse as células nai para restaurar as propiedades naturais ás células  para que pouco a pouco o paciente recupere a súa mobilidade.

         Parkinson: transformando as células nai de tal forma que fagan o papel das neuronas, logo que sobrevivan e funcionen como produtoras de dopamina.

        Lesións da espiña dorsal: as células nai poden axudar a reparar o tecido da espiña danado e reparar as función de mobilidade. Estudios publicaron experimentos con ratas as cales lle transprantaron células no cerebro que logo viaxaron a través da espiña destas, incorporándose ao  tecido danado. As ratas puideron restaurar a súa mielina na espiña lesionada mostrando algunha recuperación e camiñando con máis coordinación.

       Enfermidades do corazón:  as células nai poden se transformar en novas células do corazón e  células vasculares do endotelio,  e así fabricar tecido de remprazo a un corazón danado. Os investigadores están pensando que os pacientes con risco de padecer algún infarto doen as súas células por adiantado.

       Artritis: as células nais con capacidade para converterse en condrocitos nos ósos de persoas incluso maiores de 75 anos.

      Queimaduras: terapia con células nai para tratar queimaduras que poden danar extensas partes da pel e provocar marcas no tecido e pérdida de función (ex: falta de tacto, etc).

     Pódense tratar moitas máis enfermidades como: leucemias agudas e crónicas, enemia hereditaria, derrames cerebrais, etc. Como podemos observar estas células son moi útiles e supoñen un gran avance tanto en medicina e para o mundo en xeral.

 

Solución aos futuros problemas de desabastecemento?

Un dos problemas da nosa sociedade, é que necesitamos un elevado número de combustibles fósiles para desenvolver o noso día a día. Isto é un problema porque as cantidades de combustibles fósiles (petróleo), son limitadas.

imagen

Pero unha posible solución para eso podería ser o que xa no 2011 descubriran científicos Españois e perfeccionaron recentemente científicos estadounidenses. Este descubrimento consiste na obtención de petróleo a partires de algas, que según os expertos é un método de obtención  sinxelo, xa que consiste en quentar e someter a altas presión ás algas; algo parecido a unha ola a presión, pero industrialmente. Nun principio este método era algo lento, no entanto investigacións estadounidenses foron capaces de obter crú de algas en tan só uns minutos. Deste mtodo, non só se obtén crú, senón que tamén se obtén auga limpa, e nitratos para cultivar mais algas.

Destaca tamén a eficiencia desta nova forma de obter combustible xa que para satisfacer as necesidades enerxéticas dos Estados Unidos, só sería necesaria unha granxa do 0,42% da superficie total da terra.

Credes que esta podería ser unha boa solución para evitar un futura escaseza de petróleo?

 

Pizza a domicilio… no espazo

Parece algo imposible, pero grazas á NASA esto estará máis cerca da realidade. O invento non é máis nin menos que unha impresora en tres dimensións, que consta de cartuchos recheos dos ingredientes necesarios para facer unha pizza. Estes ingredientes conteñen tódolos nutrientes e sabores dunha pizza común terrestre.

Algunhas persoas cren que o feito de investir 92.000 dólares neste artiluxio é un gasto innecesario, aínda que o que principalmente se pretende é acabar ca maneira de alimentarse dos astronautas, que teñan a posibilidade de tomar outro tipo de comida que non sexa deshidratada. Con esta impresora poderían facer viaxes máis longos sen ter que depender da Estación Espacial Internacional (a súa principal provedora de alimentos).

Según Anjan Contractor, o enxeñeiro mecánico que foi seleccionado pola axencia espacial para desenvolver o invento, este tipo de comida ocuparía menos espazo, podería conservarse máis eficientemente durante ata 30 anos e ademais abriría paso a un menú máis variado para os viaxeiros estelares.

Quen sabe, ó mellor o bo recendo que emite a pizza atrae a seres doutros planetas, e así poderiamos estudar o seu comportamento.

Este é un pequeno video da creación dunha pizza mediante unha impresora 3D:


 

 

Pablo Herreros: “Yo mono”


 

Evolución


 

A Tectónica en imaxes

As fosas oceánicas son depresións de grande profundidade onde se destrúe litosfera oceánica en límites converxentes de placas chamadas zonas de subdución.

imagen

Utiliza o Google Earth para observar estas zonas: a fosa das Aleutianas, a fosa das Marianas, a fosa de Perú-Chile, Islandia e as Illas Hawaii.

Tenda dar unha explicación para estas estruturas dende o punto de vista da Tectónica de Placas.

 

O noso lugar no Universo

Programa de Redes onde Punset nos achega aos principais descubrimentos de astronomía e cosmoloxía…

imagen