Solución aos futuros problemas de desabastecemento?

Un dos problemas da nosa sociedade, é que necesitamos un elevado número de combustibles fósiles para desenvolver o noso día a día. Isto é un problema porque as cantidades de combustibles fósiles (petróleo), son limitadas.

imagen

Pero unha posible solución para eso podería ser o que xa no 2011 descubriran científicos Españois e perfeccionaron recentemente científicos estadounidenses. Este descubrimento consiste na obtención de petróleo a partires de algas, que según os expertos é un método de obtención  sinxelo, xa que consiste en quentar e someter a altas presión ás algas; algo parecido a unha ola a presión, pero industrialmente. Nun principio este método era algo lento, no entanto investigacións estadounidenses foron capaces de obter crú de algas en tan só uns minutos. Deste mtodo, non só se obtén crú, senón que tamén se obtén auga limpa, e nitratos para cultivar mais algas.

Destaca tamén a eficiencia desta nova forma de obter combustible xa que para satisfacer as necesidades enerxéticas dos Estados Unidos, só sería necesaria unha granxa do 0,42% da superficie total da terra.

Credes que esta podería ser unha boa solución para evitar un futura escaseza de petróleo?

 

Tags: , , ,

3 Respostas a “Solución aos futuros problemas de desabastecemento?”

  1. carolinamillan Dixo:

    Hoxe en día o que máis nos preocupa é o esgotamento de combustibles fósiles. Ademáis, o que esto supón para o medio ambiente.
    Grazas ao descubrimento dun grupo de científicos españois (posteriormente perfeccionado por científicos estadounidenses), que consiste en producir petróleo a partir de algas e de CO2.
    Ademáis non só obtemos petróleo, se non que tamén obtemos auga limpa e outros nitratos.

    Nos creemos que esto sería un gran avance, xa que sería unha forma de que o petróleo non se esgotara.

    Carolina Millán Barreiro e Ainoa Novás Vaamonde

  2. antoniovazquez Dixo:

    J. Antonio Vázquez e ClaudIA María
    Os combustibles fósiles son, xunto á enerxía nuclear, os máis empregados pero tamén os que supoñen maior perigo, tanto para nós como para a atmosfera. Esta nova técnica acaba co problema da escaseza de petróleo, sen embargo, creo que sería un método ineficaz para o futuro xa que o quentamento global e o cambio climántico van a obrigarnos a adoptar novas fontes de obtención de enerxía máis limpas máis pronto do que pensamos.
    A queima de algas sería un bo sistema para preservar a enerxía fósil, sen embargo, a pregunta é se de verdade merece a pena que dita enerxía se manteña.

  3. saradorado Dixo:

    O esgotamento dos combustibles fósiles que a día de hoxe ultilizamos todos os paises e en todos os ámbitos están dando a lugar a guerras polo petróleo,por iso é fundamental buscar unha alternativa o antes posible e que de lugar a pouco impacto a nivel medio amniental.O traballo que se esta a realizar con algas ofrecenos a posibilidade de obter un combustible en moi poucos minutos…pero este método é realmente sostible?Acabaremos por esgotar,por sobreexplotación,tamen o recurso algas?
    Este biopetroleo ten duas grandes ventaxas fronte os biocombustibles,por un lado o cultivo do material non compite con terreo destinado o a cultivos de consumo e outra das vantaxes e a cantidade de co2 que absorben as microalgas,casi o dobre do combustible que despois emitiran cando se queimen.
    Sara Dorado e Inés María.