Unha alternativa da man do Sol
A enerxía nuclear está en boca de todos hoxe en día. As críticas contra ela e os seus perigos non paran de aumentar; sen embargo, non podemos desfacernos dela porque supón a maior fonte de ingreso de enerxía… Ou non?
En realidade, a enerxía máis empregada no planeta Terra é a solar. Non me refiro ás nosas centrais solares, que son máis ben escasas, senón ao proceso máis obvio de obtención de enerxía: a fotosíntese.
Este é un proceso único dos vexetais ou iso pensabamos ata fai pouco. En 2011 presentouse a primeira célula solar avanzada do tamaño dunha naipe que simulaba proceso que as plantas utilizan para converter a luz solar en auga e enerxía.
Esta folla artificial podería chegar a ser unha fonte de enerxía eléctrica para os fogares en países en desenrolo, tanto pola súa eficiencia, dez veces superior á de unha folla natural, como polo seu baixo coste.
Fabricada a partir dun chip de silicio, compoñentes electrónicos e catalizadores que acelerarían as reaccións químicas propias da fotosíntese, podería producir enerxía suficiente como para abastecer a unha casa con electricidade durante a lo menos 45 horas sen diminuír a súa actividade, sempre e cando recibira luz do Sol previamente e teña auga.
Este descubrimento supón un gran paso cara a fotosíntese artificial e, en caso de seguir adiante, contaríamos cunha fonte de enerxía limpa, barata e segura que podería chegar a substituír á enerxía nuclear e enerxía fósil, evitando os perigos que estas conlevan, tanto para a nosa saúde (nuclear) como para a atmosfera e sostemento do planeta (fósil). Cres que merece a pena intentalo?

antepasados, os monos, son eses animais que realizan operacións aritméticas. Para demostrar que esta afirmación é correcta; a neuróloga
rmación ten que ver cos
sociais da bioloxía”, ”La eugenesia. Desde Galton hasta hoy” , “Os xenes e o futuro humano”, ”Sobre clons e xenes. Ensaios sobre as implicacións sociais da bioloxía”, ”Biología, cultura y ética. Crítica de la sociobiología humana”, “Las células madre, el genoma y las intervenciones genéticas. Ensayos sobre las implicaciones sociales de la biología”…




