É NECESARIA A EXPERIMENTACIÓN CON ANIMAIS?

   A experimentación con animais é unha práctica de estudos científicos ca finalidade de descubrir a cura dalgunha enfermidade en moitos casos grave. Saber por exemplo como afectaría as persoas a o uso dalgunha substancia con fins terapéuticos ou como progresaría unha enfermidade en circunstancias concretas, etc.

   Unha vez que os animais chegan ao laboratorio, a súa vida é un inferno. Cautivos de por vida en estreitas gaiolas baleiras e estériles. Ademais, adoitan estar confinados individualmente, polo que tamén carecen de relacións sociais.

   É legal utilizar animais para a investigación científica?  Efectivamente, a experimentación con eles foi clave no progreso da medicina. Louis Pasteur non podería chegar a demostrar a cuestionable teoría dos xermes se non tivese contaxiado ántrax a 50 ovellas e vacinado exclusivamente a medio rabaño. O illamento da insulina nos cans revolucionou o tratamento da diabete e no desenvolvemento da vacina contra a polio morreron 100.000 monos. Máis na actualidade, a virulencia e a eficacia dos medicamentos contra a SIDA foron probados en macacos, ao igual que os mecanismos de transmisión da enfermidade de nais embarazadas infectadas aos fetos, que serviron para determinar o tratamento antiviral para mulleres en estado.

   Pero o que resulta absurdo é que a industria cosmética experimente con animais e os condene a morrer polo noso egocentrismo. Por iso o 11 de marzo de 2009 a Unión Europea prohibiu as probas deste tipo para a fabricación de artigos de beleza, dirixidas a determinar o dano dos seus ingredientes nos ollos e a pel, e a súa toxicidade xeral. Os produtos normalmente sométense ao test de Draize, que se realiza con coellos.

  As especies ou grupos usados nos laboratorios son: peixes, anfibios (rás e sapos), aves, roedores (ratos, ratas,hámsters,cobaias), conexos, artiodáctilos e perisodáctilos , carnívoros (cans, gatos, furóns) e primates non-humanos.

   É difícil imaxinar cando chegará o día en que non haxa un só laboratorio con animais. Mentres tanto, é necesario que haxa comités de ética en cada un deles e que neses comités se escoite a voz do movemento animalista. Hai que reducir necesariamente o número de animais usados nos laboratorios e potenciar, mentres tanto, a investigación en métodos alternativos e o uso dos xa dispoñibles. Salvaríanse así das garras do laboratorio miles de individuos cada ano.

imagen

 

Tags: , ,

Unha resposta a “É NECESARIA A EXPERIMENTACIÓN CON ANIMAIS?”

  1. carolinamillan Dixo:

    A experimentación con animais é o uso de animais non humanos en experimentos científicos. Calcúlase que cada ano utilízanse entre 50 e 100 millóns de animais vertebrados (Dende peces cebra ata primates non humanos)e invertebrados como por exemplo ratóns,ratas, paxaros,etc.
    A maioría dos animais son sacrificados despois de usalos no experimento.A orixe dos animais de laboratorio varía entre países e especies.
    Desde fai uns anos, a Unión Europea prohibiu as probas deste tipo para a fabricación de artigos de beleza.
    A nos parécenos que utilizar animais para a investigación científica é unha auténtica inxustiza.
    É necesario reducir o número de animais usados nos laboratorios para este tipo de prácticas e potenciar a investigación en métodos alternativos.

    Carolina Millán Barreiro e Ainoa Novás Vaamonde