Sabías que a xenética é unha das culpables da obesidade?

imagenimagenO problema da obesidade, é un problema ao que se enfrentan os médicos e que é moi preocupante, xa que cada vez hai máis persoas que o teñen. Este problema ten unha base xenética, a cal non se coñecia ata agora e que se publicou fai pouco na revista Nature. A obesidade non se produce únicamente pola sedentariedade e polos malos hábitos na alimentación, se non que a xenética tamén ten algo que ver.

O xen responsable da obesidade é o IRX3, o cal pertence á familia dos iroquois. Este xen actúa en numerosos procesos para o correcto desarrollo do organismo, sendo moi importante neste caso para a obesidade. Unha das súas funcións actúa directamente no hipotálamo, o cal se encarga da regulación hormonal. A información que conteña este xen  vai a determinar que as hormonas dunha persoa se regulen dunha maneira ou de outra, acumulando a graxa corporal con maior ou menos facilidade. Gracias aos avances da ciencia sábese que a rexión cromosómica conocida como FTO é a responsable dos procesos de acumulación de graxa. Quen regula a acción desta rexión cromosómica parte do xen IRX3.

Este descubrimento despexa moitas das incógnitas na loita contra a obesidade e os científicos avisan de que non será fácil encontrar medicamentos que axuden a mellorar a expresión de ese xen sin ver comprometidas outras funcións do organismo, xa que este está relacionado con outros moitos procesos vitais. Pero nada é imposible, e co rápido que avanza a ciencia a día de hoxe estou segura que en pouco tempo teremos eses medicamentos que axuden a controlar o xen, que axudará a que a obesidade sexa menos vista entre as persoas. Mentres non se encontre ese medicamento solo podemos combatir a obesidade facendo exercicio habitualmente e levando unha dieta equilibrada, aínda que ahora xa sabemos que a obesidade ten a súa base na xenética.

 

Tags: , , ,

6 Respostas a “Sabías que a xenética é unha das culpables da obesidade?”

  1. noeliasuarez Dixo:

    CAMILA SIEIRO E NOELIA SUÁREZ:
    Grazas a que se sabe que a obesidade ten unha base xenética agora pódese encontrar esa cura máis rapidamente, pois o campo de estudo é máis reducido. A obesidade é unha enfermidade que afecta a moita da poboación mundial e que se cría que se debía maioritariamente aos malos hábitos de alimentación e a sedentariedade. A obesidade pode probocar problemas cardíacos e afetar ao esqueleto. É moi cruel ver a persoas rirse da obesiadade de outras xa que esta é unha enfermidade e como agora sabemos que ten que ver coa xenética.

  2. laraotero Dixo:

    Agora que sabemos que a obesidade non é só produto da sedentariedade e dos malos hábitos na alimentación as persoas que padezan este problema deberían poñerse en contacto con un especialista para poder manter un peso adecuado para que non lle transmita problemas a longo prazo.
    Xa que se descubreu que a obesidade era un problema xenético poderían intentar mellorar a vida das persoas obesas mediante medicamentos que axuden á vida destas persoas.
    Lara Otero e Marina Pérez

  3. carolinamillan Dixo:

    Ata hoxe en día pensabamos que a obesidade era causada por unha mala alimentación.
    Actualmente descubrimos que esta enfermidade ten un xen que é o maior responsable, dito xen é chamado IRX3. O IRX3 actúa en numerosos procesos de vital importancia para o correcto desenvolvemento do organismo. A información que conteña este xen vai a determinar si a maneira en que se regulen determinadas hormonas vai a condicionar a unha persoa a acumular graxa corporal con maior ou menor facilidade que outra.
    Para combatir esta enfermidade recoméndase facer exercicio habitualmente e seguir unha dieta sana e equilibrada.

    Carolina Millán Barreiro e Ainoa Novás Vaamonde

  4. davidpadin Dixo:

    Na nosa opinión, cremos que coñecer a causa dista enfermidade, é moi útil, xa que como se dí no artículo, o primeiro paso para curar unha enfermidade, é coñecer qué a causa; e sabendo iso, tentar poñerlle un remedio.

    Según os expertos, o remedio para o xen, que segundo afirman os científicos é o causante de dita enfermidade, é dificil; xa que o que frea a o IRX3, tamén o fai noutras funcións do corpo; pero os científicos agardan avanzar coas investigacións e atopar solución a o problema da obesidade que cada día é máis habitual. Recentemente realizáronse estudos con ratos nun laboratorio, nos cales a úns eliminaronlles o Xen IRX3, e observaron que estes ratos eran mais delgados do normal, e que sendo alimentados cunha dieta alta en graxas, mantiñan o seu peso ao contrario que os ratos de control. Isto parécenos realmente interesante.

    David Padín e Irene Maquieira

  5. paolacosta Dixo:

    Aínda que a obesidade teña base xenética, é moi importante coidar os nosos hábitos de vida, tanto na hora da comida como na do deporte: hai que crear un horario compensado das dúas. Non debemos deixar a nosa saúde nese ámbito en mans de fármacos “milagrosos” que son diariamente publicitados nos medios de comunicación. Se conseguimos reducir a inxesta de graxas saturadas propias de alimentos como a bollería industrial e ampliar o noso consumo de froitas e verduras melloraremos a nosa circulación. Para ademais mellorar a nosa capacidade respiratoria é aconsellable camiñar unha hora cada día a paso normal, ou simplemente facer algún tipo de deporte semanal. Esas son as claves para manternos sanos e en forma.
    Lara González e Paola Costa

  6. albacomojo Dixo:

    É certo que na actualidade hai unha gran cantidade de persoas con problemas de obesidade pero creemos que non solo se basa nun problema xenético se non que tamén inflúe nunha gran cantidade a alimentación da persoa ou o propenso que sexa a engordar. A día de hoxe tamén sabemos que facendo unha dieta baixa en hidratos e comendo productos desgrasados añadendo unha hora de cardio diaria podes baixar o teu peso o polo menos manterte se tes este tipo de problemas xenéticos. O problema de esta xente creemos que é que non saben seguir unha boa alimentación e que deberían acudir a un experto en nutrición o cal lle recomendaría a mellor dieta para cada persoa medindo os seus niveis de grasa e colesterol en cada parte do corpo. Pero, sendo un problema xenético sería moi interesante o avance que está a suceder xa que axudaría a moita xente a mellorar o seu fisico e tamén a súa autoestima.
    Alba Comojo Viñas e Sara Docal Sanchez.