Algas Que Se Aproveitan da Física Cuántica

Un novo estudio suxire que algunhas algas unicelulares simples valgan para a súa supervivencia dun fenómeno da física cuántica que lles permite aproveitar e convertir a enerxía solar cunha enorme eficiencia.
Este estudio proporciona novos coñecementos sobre o proceso de fotosíntesis usado polas algas e plantas verdes para aproveitar a enerxía do Sol. Esto podría axudar ao desenrrolo de células solares orgánicas e outros dispositivos electrónicos que utilizan a luz. Estas algas dominan tan ben o proceso da fotosíntesis que poden convertir a luz solar en enerxía eléctrica cunha eficiencia case perfecta. Por último, para que estas algas unicelulares poidan prosperar baixo condicións de iluminación pobres en hábitats mariños e auga doce, deben ser increíblemente eficientes en capturar toda a enerxía solar convertindoa en enerxía química mediante a fotosíntesis, sen que se escape enerxía solar algunha.

imagen

 

O logro da produción artificial de seda de abella está cada vez máis preto

 

imagen

A científica da “CSIRO Tara Sutherland” e o seu equipo, de Australia, crearon finos fíos de seda a partir dunha “sopa” de proteínas de seda que producira transxenicamente.

Estos fíos son tan fortes como os obtidos a partir da glándula de seda das abellas melíferas, un paso significativo para o desenvolvemento de biomateriais de seda e capaces de seren producidos baixo a forma de carretes de fío.

O equipo de Sutherland usou células recombinantes da bacteria E. coli para producir as proteínas da seda que, nas condición axeitadas, autoensambláronse en estruturas semellantes ás da seda das abellas.

Os posibles usos prácticos destas sedas estarían en tecidos téxtiles resistentes e lixeiros, en materiais compostos avanzados de alta resistencia para o seu uso en aviación e no ámbito mariño, e en aplicacións médicas como suturas, ligamentos e tendóns artificiais.

 

 

Arquitectura Ecolóxica

Como xa sabemos, unhas das grandes aplicación máis importantes da ecoloxía é á arquitectura. Unha das revolucións da arquitectura ecolóxica son os paneis solares. Xa aprobado por lei débense poñer na estructura das novas edificación para a redución do consumo de agua quente, xa que a funcionalidade destes tipos de paneis nos edificios é quentar auga e acumulala.

imagen

Pero segue habendo grupos de investigacion que buscan como aproveitalo moito máis. Como os científicos do Centro Nacional de Investigacion Atmosférica (NCAR) que indican que cun xeito tan sencillo como pintar os tellados de cor branco poderíase reducir o efecto illa de calor.

Debido ao asfalto, tellados alquitranados e outras superficies que absorben calor do Sol a temperatura das urbes sube. A maneira da que intentan reducir o efecto da illa de calor é simplemente que cos tellados de branco non se absorbería tanto o calor procedente do Sol, e podería incluso ata diminuir a temperatuda en 3 grados Celius.

 

OS MEDICAMENTOS NON SEMPRE SON SAUDABLES

imagen

O uso excesivo de medicamentos estase a convertir nun problema habitual xa que algunha xente está automedicándose, consumindo sen ter unha necesidade moi elevada, chegando a acumular na súa casa moitos medicamentos que non utiliza e iso que agora nas farmacias hai puntos SIGRE… Isto pode chegar a ser moi perxudiacial para a saúde individual e de todos, sobre todo se se abusa dos antibióticos.

 

As fantásticas ideas de Sheryl Crowl!!!

A cantante norteamericna, Sheryl Crowl, de 45 anos de idade, gran defensora da natureza e pertencente á asociacion ecolóxica Revert Rock demostrou ser capaz de facer o que sexa por defender a natureza. Unha das súas máis grandiosas fazañas foi a súa exitosa xira en contra do quentamento global, nas que pensou nalgunhas ideas que menifestou aos medios de prensa con estas palabras:

“Creo que podemos hacer que funcione si utilizamos sólo un cuadradito de papel higiénico por visita al baño” foi unha das súas proposicións. “Por supuesto, en esas molestas ocasiones en que uno necesita un poco más de un cuadradito de papel, podrá usar dos o tres”, concedeu a cantante.

imagen

Tamén se expresou en contra das servilletas, para o que diseñou unha liña de camisetas con mangas intercambiables. O usuario pode limparse coa manga, reemplazala por outra limpa, lavala, e volvela a intercambiar. Incluso manifestou o seguinte: “la idea también podrá servir para aquellos que están resfriados”

Outra proposta de Crow foi a creacion dun reality show televisivo, que xunte a un grupo de persoas para elexir como gañador a aquel que viva de maneira menos conflictiva co medio ambiente.

Respecto ás súas propostas, a cantante dixo toda chea:“Aunque mis ideas recién se están desarrollando, vale la pena, en mi opinión, investigarlas.”

A diferenza dos Rolling stones, esta muller demostrou que o Rock e a ecoloxía poden ir da man.

 

Cando pensamos nun virus, é sempre algo malo?

imaxe tridimensional do virus

 O virus da estomatitis vesicular foi estudiado durante moito tempo como modelo para entender outros virus como da gripe, o do sarampón e o da rabia.Unha investigación deu a coñecer que este virus pode ser modificado para funcionar de axente anticancro, xa que ten unha alta selectividade para  matar as células afectadas, pero no facelo coas sans, e ademáis tamén serve como unha potente vacina contra o VIH.Para poder levar a cabo unha investigación máis profunda que permita a modificación é preciso ter unha imaxe tridimensional da súa estrutura, pero ata agora non se puidera obter ningunha. O Instituto de Nanosistemas de California e o Departamento de Microbioloxía, Inmunoloxía e Xenética Molecular, da Universidade de California nos Ánxeles, obtiverona e descifraron a súa organización.Isto supón un avance tanto para o estudio dese e outros virus, como para conseguir un remedio contra o VIH e o cancro que supoñen preto de 6 millóns de mortes anuais.

 

Anomalías Cerebrais Subxacentes no Trastorno Dismórfico Corporal

Todos nos miramos no espello, pero esa experiencia pode ser horrorosa para as persoas que sofren de Trastorno Dismórfico Corporal.Os cerebros das persoas con TDC teñen anomalías no procesamento da información recibida,  cando revisan a súa propia cara. As persoas con TDC se senten constantemente avergonzadas, preocupadas e deprimidas. Se obsesionan con diminutos defectos na súa cara e corpo que outras persoas nin sequera notarían nunca. Algunhas néganse a saír da casa e  outras senten a necesidade de cubrir partes da súa cara ou corpo. Case a metade de esta xente é hospitalizada  nalgún momento das súas vidas, e aproximadamente unha cuarta parte intenta suicidarse.Obsesiónanse con detalles e pensan que todo o mundo notará calquer leve imperfección nos seus rostros.

imagen

 

Ecoloxía ou motor??

imagen

Para os aficcionados dos coches, a súa paixón xa non ten por que estar confrontada co medio ambiente.  Cousa que fai apenas uns poucos anos era algo impensable, xa que, automobilismo e ecoloxía eran inimigos mortais.Dende hai algún tempo, os grandes fabricantes de automóbiles propoñen novos modelos máis eficientes e respetuosos co noso medio natural.É este o caso dos modelo que funcionan con hidróxeno (BMW), os que funcionan con biocombustibles, os eléctricos e os que incorporan un completo paquete de medidas para aforrar e xerar a súa propia enerxía.Propostos xa algúns destes modelos que xa están, ou pronto estarán no mercado, podes facer un breve comentario no que expoñas por cal das opcións te decantarías (atendendo a eficiencia, prestacións, prezos…) ou propoñer outras opcións que che parezan boas alternativas.

 

Os anfibios desaparecen

Cada ano desaparecen unhas 12000 especies e o ritmo acelérase . Os anfibios son dos grupos máis ameazados pois precisan de zonas húmidas das que cada vez quedan menos debido ao cambio climático, os cambios de usos de solo, o urbanismo… O 42% dos mamíferos e o 43% das aves tamén están en perigo de extinción.

imagen

O ano 2010 é o ano da Biodiversidade. Preténdese facer un esforzo de concienciación sobre o valor da biodiversidade,  para afondar nas causas da perda desta biodiversidade e tentar frear o ritmo actual de desaparición de especies.Explica o concepto de biodiversidade de especies, de hábitats e xenética,  e fai unha valoración sobre a importancia de manter a biodiversidade dende un punto de vista ecolóxico e dende un punto de vista económico.

 

presentación transxénicos