O logro da produción artificial de seda de abella está cada vez máis preto

 

imagen

A científica da “CSIRO Tara Sutherland” e o seu equipo, de Australia, crearon finos fíos de seda a partir dunha “sopa” de proteínas de seda que producira transxenicamente.

Estos fíos son tan fortes como os obtidos a partir da glándula de seda das abellas melíferas, un paso significativo para o desenvolvemento de biomateriais de seda e capaces de seren producidos baixo a forma de carretes de fío.

O equipo de Sutherland usou células recombinantes da bacteria E. coli para producir as proteínas da seda que, nas condición axeitadas, autoensambláronse en estruturas semellantes ás da seda das abellas.

Os posibles usos prácticos destas sedas estarían en tecidos téxtiles resistentes e lixeiros, en materiais compostos avanzados de alta resistencia para o seu uso en aviación e no ámbito mariño, e en aplicacións médicas como suturas, ligamentos e tendóns artificiais.

 

 

Tags: ,