Os problemas enerxéticos do mundo poderían solucionarse mediante o aproveitamento da enerxía solar con base na Lúa. A compañía xaponesa Shimizu Corporation plantexa a idea de construír un cinturón de placas solares aorredor do ecuador da Lúa (uns 11000km) e converter esta enerxía en potentes microondas e láseres enviados á terra onde volverán a ser convertidos en electricidade.
Os investigadores do Instituto Craig Venter sinalan que esperan usar o método para estudar a maquinaria biolóxica e crear bacterias diseñadas para resolver problemas ambientais e de enerxía. Ten o xenoma copiado dunha bacteria previamente secuenciada. Califícase como unha “célula sintética” aínda cando só o xenoma é sintético. Con este método os científicos proxectan diseñar algas que poidan atrapar o dióxido de carbono e producir outro tipo de hidrocarburos.
Tamén podería usarse na creación de novas substancias ou ingredientes alimentarios, na produción de vacinas e ata na limpeza da agua.
Hai un mes aproximadamente unha plataforma petroleira situada cerca do golfo de México empezou a verter petróleo ó mar debido a unha explosión que provocou o seu afundimento. Estamos ante un dos maiores desastres ecolóxicos mundiais que terá unhas consecuencias terribles, xa que calcúlase que cada día se verten unhas 10 toneladas de crudo e hai un total de 600 especies ameazadas.
Este non é un problema só dos paises de Centroamérica e de EEUU senón que mesmo podería chegar a Europa. Ademáis dos problemas que ocasionou a catástrofe hai que engadir outros provocados por como se tentou solucionar, un exemplo disto son os dispersantes químicos.
Esta mancha de petroleo é enorme como se pode apreciar nas imaxes do satélite.
Mira o video do primeiro enlace é da a tua opinión sobre a relación que hai entre que esto ocorrera e os intereses económicos e políticos.
Ante a recente aparición destas pulseiras, as POWER BALANCE, pareceume interesante crear un post no que se fale delas.
Os creadores desta pulseiras, como se pode ver na anterior ligazón, prométennos unha serie de melloras no noso organismo, que parecen totalmente milagrosas, pero máis alá da páxina oficial deste produto, asegúrannos que as marabillas que pode chegar a facer carecen totalmente de fundamentos científicos.
O prezo destas pulseiras ronda os 35 euros, que aparentemente parece moi pouco, xa que un aumento tan notable nas nosas capacidades físicas básicas(forza, resistencia, velocidade…) tería un custo moi elevado nun ximnasio. Pero que pasaría se eses 35 euros fosen invertidos en vano?
Aínda así, despois de mirar outras moitas páxinas, pódese ver que algunhas ratifican as afirmacións da páxina oficial; aparecendo así un debate entre a súa posible veracidade.
Despois de ler a información que aparece nas ligazón, podes dar a túa opinión sobre estas pulseiras, ata que punto cres que un anaco de plástico cun holograma pode orixinar semellantes cambios?
O desarrollo do Telescopio Europeo Extremadamente Grande (E-ELT) foi calificado como un fio no avance do coñecemento astronómico e destacouse que por medio de este instrumento se verán os rasgos que permitirán dicir se hai vida noutros planetas.
O E-ELT será o telescopio máis grande do mundo con un espello primario de 42 metros de diámetro que estará forzado por 906 segmentos hexagonales.
Para os oito anos que durará a súa construción necesitaranse 700 traballadores e o presuposto de operación, unha vez que se poña en marcha, será de 45 millóns de euros por ano.
Nas misions da NASA para alcanza-la LUA, a axenxia espacial norteamericana usou unha tecnoloxìa que permitía manter pura a auga e cuia fonte de enerxía era o Sol . Esa mesma base tecnolòxica serviu para desenvolver unha depuradora ecolòxica para as piscinas, cun sistema de flotaciòn que lle permite captar a enerxía solar e un electrodo metàlico que impide o crecemento de microorganismos liberando ións minerais. Chámase Clorotron. A placa solar fotovoltaica convirte os raios do Sol en electricidade, o que xenera unha corrente elèctrica de baixa tensiòn, inofensiva para os bañistas.Desta maneira, para depurar a auga non se precisa o uso do cloro e alguicidas, evitando o seu efecto perxudicial para os ollos e a pel. Clorotron està diseñado para piscina duns 40 m2 e ten un precio que ronda os 385 €.
Islandia é un dos paises de mundo con maior actividade volcánica, ten o redor de 200 volcáns baixo os seus glaciares e un promedio de erupcion que ronda os 5 anos.
Moitos empezamos a coñecer a increible actividade volcánica de esta zona grazas a recentísima erupcion do volcan que esta situado baixo o glaciar Eyjafjallajökull que obligou a cancelación de entre 5000 e 6000 voos en todo o continente posto que a nube de cinzas supon un risco para as turbinas dos avións e poden chegar a pararse. E despois duns días nos que case olvidouse por completo esta nube un cambio na dirección do vento volve a paralizar aeropuertos irlandeses e correse o risco de que se volva a parar o espacio aereo de gran parte de europa. A última erupción deste mismo volcán (Eyjafjalla) rexistrouse en 1821 e durou case 2 anos.
O pasado 30 de marzo o LHC logrou colisionar partículas a 7 TeV=tera-electrón-voltios (3,5 TeV por feixe), a máxima enerxía xamais alcanzada nun acelerador de partículas, creando mini ‘Big Bangs’ que miles de científicos analizarán nos próximos anos.
Esta colisión entre protóns (previamente acelerados por 9600 imáns supercondutores) será analizada no Atlas, no Alice, no CMS e no LHCb (LHC-beauty) e os datos recopilados serán procesados e publicados entre centos de universidades e laboratorios espallados por todo o mundo grazas a unha rede supercomputacional denominada GRID.
Pese a que os científicos prevían que as colisións tardaran horas ou incluso días en producirse, estas tiveron lugar tras só dous intentos errados ás 13:06 logo de iniciarse o acelerador ás 8:30. Os científicos non daban creto ao incrible logro que acababan de conseguir. O director do CERN para aceleradores, Steve Myers, explicaba:”Só o aliñamento dos feixes é un reto en si mesmo: é coma lanzar agullas de lume a través do Atlántico e lograr que choquen á metade de camiño”.
“Este é o principio dunha nova era para a física moderna” declaraba Rolf Heuer, director xeral do CERN. Agora, unha vez establecidas as colisións de alta velocidade, o plan é mantelas de forma continua durante 18-24 meses, cunha pausa técnica a finais do 2010 ou 2011, dixo o CERN.
Investiga que datos se obterán co Atlas, co Alice, co CMS e co LHCb. Qué repercusións pensas que poden ter na túa vida os descubrimentos de CERN?
Estase creando unha especie de interface entre un cerebro humano e un ordenador que non é perxudicial para a persoa nin é invasivo, a diferencia das técnicas anteriores que requerían introducir sensores dentro do cerebro.
Funciona a través dos impulsos cerebrais que se van lendo mediante un electroencefalograma. Esto terá usos trascendentais en medicina para que persoas discapacitadas poidan mover brazos mecánicos ou calquera outro aparello controlado por ordenadores que os farán menos dependentes doutras persoas.