Piscinas limpas con enerxía solar

 Nas misions da NASA para alcanza-la LUA, a axenxia espacial norteamericana usou unha tecnoloxìa que permitía manter pura a auga e cuia fonte de enerxía era o Sol . Esa mesma base tecnolòxica serviu para desenvolver unha depuradora ecolòxica para as piscinas, cun sistema de flotaciòn que lle permite captar a enerxía solar e un electrodo metàlico que impide o crecemento de microorganismos liberando ións minerais. Chámase Clorotron. A placa solar fotovoltaica convirte os raios do Sol en electricidade, o que xenera unha corrente elèctrica de baixa tensiòn, inofensiva para os bañistas.Desta maneira, para depurar a auga non se precisa o uso do cloro e alguicidas, evitando o seu efecto perxudicial para os ollos e a pel. Clorotron està diseñado para piscina duns 40 m2 e ten un precio que ronda os 385 €.

imagen

 

Tags: , , ,

5 Respostas a “Piscinas limpas con enerxía solar”

  1. sara lopez Dixo:

    Paréceme unha boa alternativa con respeto as outras maneiras de poder limpar unha piscina(como por exemplo a través de motores).
    Polo que me estuven informando, o clorotron é seguro, eficaz e económico(o clorotron é totalmente seguro e non tóxico e non existe a posibilidade dun choque eléctrico).
    Por outro lado só penso que este sistema é necesario se temos na nosa propiedade unha piscina moi grande e moi costosa de limpar porque se non é así ben se pode limpar a piscina sen fatla de ningunha maquina e sen ter porque gastar cartos(xa que non estamos nunha época na que nos poidamos permitir estes gastos).

  2. cristina rozados Dixo:

    Este avance paréceme útil, pero só para un mundo “demasiado” capitalista desde o meu punto de vista. Creo que sería máis útil inventar un Clorotron que potabilizara a agua do Terceiro Mundo, onde entre 2-1.5 millóns de nenos morren a causa de gastroenteritis provocadas sobre todo polo consumo de auga contaminada, e pola posterior imposibilidade de rehidratación.
    Por todo iso, aínda que este avance poida resultar interesante, considero que os cartos empregados en desenvolvelo, e os cartos que se obterán coa súa venda, estarían mellor empregados en subvencionar cociñas solares aos países subdesenvolvidos para que puidesen ferver auga(esterilizándoa); por non dicir que as piscinas, para as que está destinado, parécenme unha forma bastante egoísta de esgotar os recursos de auga doce do planeta.

  3. cristina rey Dixo:

    Pareceme que o Clorotron e un invento que pode ter saida xa que limpa a auga mediante a enerxia solar impedindo que proleferren os microorganismos, desta maneira non temos que facelo con cloro que e perxudicial para as células da pel, sen embargo para unha pequena piscina que teñas ti na tua casa pareceme que non tendria moita saida xa o precio non é barato. Sen enbargo en piscinas municipais que estean o aire libre xa que son extensións grandes prodria ter exito.

  4. noemi nogueira Dixo:

    Creo que é algo innecesario e dende o meu punto de vista non o considero moi importante. Deberían centrarse en algunhas cousas máis útiles para todos, non coma isto. Estou dacordo con Cristina cando di que poderían gastar o seu tempo e os cartos en subvencionar cociñas solares aos países menos desenvolvidos, sinceramente seríálles moito máis útil que a nós o Clorotron.

  5. tania falkenhain Dixo:

    Opino que se trata dun avance bastante útil, ademáis de ecolóxico. Sobre todo, se temos en conta que os métodos tradicionais de lavado de piscina soen ir acompañados do emprego de produtos químicos que, queiramos que non, tarde ou temprano acaban sendo expulsados da piscina e botados á natureza. Outro inconvinte destes métodos, se ben non moi alarmante, é o propio efecto que poden ter en nós (o cloro dana os ollos, a pel, o cabelo…).
    Outro medio de limpado de piscinas, mediante motores filtradores, supón un consumo relativamente alto de electricidade, e dende un punto de vista estético acostuman ocupar bastante espezo e non ser demasiado agradables á vista.
    Sumando todos estes aspectos, podemos repetir que se trata dunha boa idea. Esperemos que realmente teña saída e comece a comercializarse a un prezo facilmente asequible.