IMAXINAS PODER MOVER UNHA MAQUINA SÓ CO CEREBRO?

Estase creando unha especie de interface entre un cerebro humano e un ordenador que non é perxudicial para a persoa nin é invasivo, a diferencia das técnicas anteriores que requerían introducir sensores dentro do cerebro.

imagen

Funciona a través dos impulsos cerebrais que se van lendo mediante un electroencefalograma.  Esto terá usos trascendentais en medicina para que persoas discapacitadas poidan mover brazos mecánicos ou calquera outro aparello controlado por ordenadores que os farán menos dependentes doutras persoas.

 

 

Tags: , ,

14 Respostas a “IMAXINAS PODER MOVER UNHA MAQUINA SÓ CO CEREBRO?”

  1. Joaquín García Dixo:

    Es un gran avance para la medicina y una gran noticia para las personas tetraplégicas que no dependen de sí mismos y necesitan ayuda de otras personas constatemente. De esta manera pueden ser autosuficientes. El únco inconveniente puede ser el riesgo que pueda haber al implantar los sensores en el cerebro.

  2. sara lopez Dixo:

    Paréceme un descrubrimento moi bo e moi útil xa que unha persoa que teña unha discapacidade ten que estar acondicionada a outra que lle axude, polo que a persoa discapacitada é menos independente e pode chegar a sentir inútil. Grazas a este sistema estas persoas poderan facer unha vida normal e sentiranse mellor.
    Tamén é moi importante saber moi ben se esto pode causar efectos secundarios ou se pode funcionar con todas as persoas. Se como ben di Dani no seu post non son prexudiciais para a persoa é un logro para as persoas que investigan e crean este sistema xa que poderan sentirse orgullosos de poder facer máis felices(dentro de que cabe) a estas persoas, como para a xente que vaia a necesitar estes sistemas xa que se poderan sentir seguros!!!!

  3. sofia suarez Dixo:

    Paréceme unha moi boa técnica para axudar a persoas con problemas de discapacidade e un gran avance para a medicina que poderá facilitarlle moito a vida.

  4. cristina rozados Dixo:

    Paréceme moi interesante o desenvolvemento desta interface, pois facilitaría en gran medida a realización de actividades básicas para poder levar unha vida aínda non de todo normal, pero polo menos aceptable; por parte das persoas que sofren algún tipo de discapacidade motora (producida pola esclerose lateral amiotrófica=enfermidade de Stephen Hawking, derrame cerebral ou lesión da médula espiñal).
    Tamén se están desenvolvendo, para nenos con discapacidades motoras severas un Wiimote (mando da Wii) adaptado ao seu problema, convertíndoo nun interface (que capte os movementos da cabeza) que lles permitiría así o acceso a, por exemplo, contidos educativos interactuando cunha nova tecnoloxía.
    Eu estou a favor destes avances xa que contribúen a mellorar a calidade de vida dese tipo de discapacitados, facendo que non teñan que vivir limitados e condicionados por padecer certa enfermidade ou ser obxecto dalgún desafortunado accidente.

  5. yesika bernardez Dixo:

    Este avanze pareceme moi útil, xa que facilita a vida a xente que padece problemas de discapacidade.
    Tamén sería convinte que investigasen maís para asegurarse de que non produce efectos secundarios nas persoas.

  6. Alba Padin Dixo:

    Paréceme un grande avance porque desta maneira as persoas con algun problema de descapacidade poderan ser mais independientes e os seus familiares poderan ter tamen mais tempo para eles e estar algo mais tranquilos. Pero o que hy que saber o 100% é se non lles vai producir ningun efecto secundario..

  7. alexandra regueira Dixo:

    Sen dúbida algunha este avance será moi útil para os máis de tres millóns de persoas discapacitadas que hai só no noso país. Esta nova técnica axudará a que moitos discapacitados poidan levar a cabo unha vida normal sen ter que depender de ninguén e se non é perxudicial serán moitas as persoas que queiran beneficiarse desta novidade. Promovendo que aumenten este tipo de investigacións que nos poden aportar moitos máis avances beneficiosos para a saude de moitas persoas.

  8. diego fernandez Dixo:

    As investigacións entorno a este tema son moi interesantes a par de útiles. Un invento deste tipo poderia axudar a miles de persoas con algun tipo de enfermedidade ou discapacdade a ser máis autosufientes e ter unha vida máis fácil. Pero antes de comenzar cos experimentos deberíase estar o 100% de que é seguro e non hay nigún posible esfecto secundario.

  9. jenifer fernandez Dixo:

    Pareceme un gran avance na tecnoloxía,grazas a esta nova tecnoloxía moitos tetraplégicos poderan facerse máis independentes…e así depender moito menos das perdoas que te rodean.Na miña opinión e un gran avance que lle mellorara a calidade de vida a xente que en realidade o necesita.O que poñería eu algo en duda…é o de que non lle producirá ningún efecto secundario,eso sería unha das partes do avance que abría que estudiar moi detidamente.

  10. cristina rey Dixo:

    A verdade e que se conseguen que este proxevto se leve a cabo sera unha gran oportunidade para as persoas discapacitadas, xa que elas solas sen axuda de ninguen poderian valerse por si solos e levar a cabo unha vida moito mais sinxela e comoda a hora de realizar tarezas cotidianas, de todolos días, que o estar en sillas de roda lle costa tanto. Se todo este proceso de mover unha máquina con so os impulsos nerviosos sae a diante facilitara moito a vida a xente que ten algun tipo de discapacidade.

  11. guadalupe millan Dixo:

    Esta investigación de mover unha máquina só co cerebro, parece moi útil, xa que agora sin este avanca as persoas descapacitadas non poden facer unha vida normal, porque depende de outra, en cambio con isto, xa podran facer unha vida normal e se independentes.
    Polo tanto a miña opinión e un avance que axudara a moitas persoas, e que sera moi útil.

  12. noemi nogueira Dixo:

    Pareceme que é un gran avance para as persoas tetrapléxicas, xa que non teñen porque vivir dunha maneira limitada e condicionada a esa enfermidade; poderían ser máis autosuficientes. Ademáis é un gran avance no mundo da menciña. Creo que axudaría moito á calidade de vida destas persoas e tamén ás persoas que os rodean, pero aínda hai que seguir investigando, polos posibles efectos secundarios que isto podería investigar. Todavía queda aínda moito traballo por facer, pero isto é un gran paso para logralo.

  13. cristela Dixo:

    A interface entre un cerebro humano e un ordenador que se está creando quizais non é perxudicial para a persoa nin é invasivo, a diferencia das técnicas anteriores que requerían introducir sensores dentro do cerebro, pero eu creo na posibilidade de que se a sociedade segue introducindo novas tecnoloxias e agora o vai facer tamén no cerebro, quizais comecemos A DEIXAR DE USAR O NOSO CEREBRO se as máquinas fan a sua función.

  14. daviddiosotero Dixo:

    Moi interesante para o mundo da ciencia, pois xa que nun momento, chegaremos a estar totalmente informatizados.
    Desde o noso punto de vista, a informática, xunto a tecnoloxía, serán o motor de movemento desta sociedade, pois pensamos que nos mesmos, nos converterémonos en robots, moveremos maquinas dende o noso mensamento, acomodaremos as nosas vidas, xa que non teremos as complicacións que nun día tivemos e que nun futuro, non teremos. Fago un chamamento a unha entrada reciente neste blogue, que nos pregunta indirectamente se somos mais tontos que fai 100 anos. Será un risco, unha precipitación, pero que o ser humano escolla unha opción, estando entre outras, a comodidade, “darannos a comida masticada”
    David Dios, Javier Cores