O alcohol con bebidas enerxéticas.
O alcohol en si , xa é una práctica de risco e está relacionado con moitos accidentes e lesións, pero os efectos deste con outras combinacións apenas se tiñan estudadas.
Nun estudo de laboratorio recente, realizáronse unhas análises de niveis de intoxicacións por consumo de alcohol solo e comparáronos coas intoxicacións por consumo de alcohol con bebidas enerxéticas.
Estes resultados indicaron que as bebidas enerxéticas non cambian o nivel de deterioro temporal das facultades das persoas causado pola inxestión de alcohol en exceso, senón o que cambian é a percepción que o individuo ten do seu estado de incapacidade provocado polo alcohol. Por exemplo, alguén que está baixo os efectos do alcohol mesturado ou non con bebidas enerxéticas actúa dunha maneira impulsiva en comparación con cando non consumiu alcohol.
Pero cando o alcohol foi mesturado con este tipo de bebidas o efecto que causa nas persoas e una maior estimulación.
Polo tanto, esta situación que hoxe en día e máis frecuente xa que a xente nova sole usar estas combinacións que se volveron moi populares como por exemplo o Red Bull provoca un maior risco para o bebedor, debido a esta maior sensación de estimulación e estes altos niveis de impulsividade.
¿Crees que de verdade afecta moito mais a mestura do alcohol con estas bebidas enerxéticas?