Comprender a relatividade

imagenA Teoría da Relatividade proposta por Albert Einstein tenta dar unha explicación unificada para as forzas fundamentais da Natureza como a gravidade e o electromagnetismo. Quizais sexa a teoría da Física máis coñecida pola súa relevancia e o carisma que tivo  o seu autor, pero, ¿realmente coñecémola ou quedámonos só co nome?. Coméntase que cando foi publicada díxose que só tres científicos daquela época  serían capaces de  entendela, seguro que nos cun pouco de axuda podemos estar entre os “entendidos”. Podemos comezar con esta guía para principiantes.

Unha das cousas sorprendentes da teoría é a relatividade do tempo, o tempo non é igual para todos se non que depende da nosa velocidade . A nosa experiencia cotiá contradice esta afirmación porque apenas hai variación no tempo nas velocidades “de caracol” coas que podemos desprazarnos, mentres que faise evidente en velocidades próximas á da luz (300.000 Km/s). No seguinte vídeo Einstein explicase esta variación do tempo.


 

Tags: ,

Unha resposta a “Comprender a relatividade”

  1. carlosventoso Dixo:

    Esta teoría foi unha das máis importantes teorías e supuxo un gran avance para comprender o tempo, e as cousas naquela época.Ten cousas moi impactantes como a do caracol e algunhas máis.