O insomnio

Un recente estudo realizado no Reino Unido pola Mental Health Foundation, revela que a xente que padece insomnio ten tres veces máis risco de sufrir problemas de concentración e depresión. Ademáis tamén serían catro veces máis propensos a ter problemas ao relacionarse. Este estudio  realizouse de forma on-line, na que enquisaban a casi 6.800 persoas do Reino Unido, onde o 30% das persoas adultas teñen problemas para dormir. Os investigadores califican este problema coma unha “especie de espiral”, xa que a falta de sono favorece a aparición de problemas de saúde mental que, a súa vez, leva aos pacentes a durmir peor. Cres que se lle debería dar máis importancia a este problema ou que simplemente se debería solucionar con pastillas?

imagen

 

Tags: , ,

11 Respostas a “O insomnio”

  1. javierrodriguez Dixo:

    Eu penso que si e como din, que o insomnio producese p`or unha falta de sono, e mais normal sera pois que a xente intente descansar mais.
    Por outro lado as pàstillas tamen poderian ser boas pero teñen efectos contradictorios xa que poden afectar a outros organos, asi que si se pode solucionar dandolle mais descanso o noso corpo e o noso centro neuralxico poderianse curar ou polo menos reducir os problemas de insomnio.

  2. María Cores Dixo:

    Na miña opinión, creo que o tema é bastante importante, xa que repercute en gran medida na nosa vida cotiá, como para que se lle adiquen estudos e se destinen esforzos económicos a investigar as causas do insomnio e buscar unha solución na que as pastillas non sexan imprescindibles.

  3. Fátima Varela Dixo:

    Creo que o do insomnio é algo máis importante do que parece, por iso, creo que si que se deberia estudar isto ben. Así veremos se se pode acabar co das pastillas, que as veces tamén nos terminan facendo dano no corpo.

  4. María Padín e Rita Dixo:

    Nos creemos que é moi importante, xa que o insomnio fai que a xente non descanse ben e isto lles produza serios problemas de saúde mental, como os citados na noticia. Creemos que si que hai que darlle importancia a este problema xa que hai moita xente que o sufre e hai que intentar acadar unhas cifras máis baixas de persoas que o sufren.

  5. carlosventoso Dixo:

    Penso que este problema se debería de solucionar e non arranxalo con pastillas porque así teríamos outro problema, que sería que para poder dormir necesitariamos tomar sempre pastillas.

  6. Rita e María Padín Dixo:

    A nos parecenos que o insomnio é un tema moi importarte xa que que pode afectar á nosa saúde mental e ao noso estado de ánimo. Nos consideramos que deberíamos tratar esta enfermidade con algo máis que pastillas e coidaranos para así lograr convatilo e evitar o risco a sufrir as enfermidades citadas.

  7. jonatansomoza Dixo:

    O insomnio en si xa e un tema importante, pero o mais importante e o que o insomnio pode desencadear, como nos di no post, problemas de relacion , depresion, risco de enfermidades… Deberian centrarse un pouco mais neste tema , que ao mellor con algun tipo de terapia pois se pode solucionar, porque os medicamentos son bos para certar cousas, pero ter que estar tomando certos medicamentos moita xente xoven porque padece insomnio durante moito tempo non creo que sea do todo sano.

  8. lauraguillan Dixo:

    Creo que si que este problema e realmente importante xa que as persoas necesitamos un bo descanso para realizar correctamente as nosas funcións, polo que isto deveríase estudar mais e buscar solucións.

  9. Daniela Arango e Sole Dixo:

    Nos cremos que o problema do insomnio é grave, xa que afecta a moitas persoas. Moitas depresión veñen causadas por este problema xa que ao non durmir tes máis tempo para pensar e podes chegar a darlle importancia a cousas que non a teñen.
    Nos pensamos que as pastillas son boas pero nunha medida xusta, non se pode abusar delas, e si, deberia prestarselle máis atención a este problema que afecta a tanta xente.

  10. nereabarreiro Dixo:

    Nos opinamos que é o imsonio é un problema importante, non só polo que non poidas durmir se non polos problemas que trae como consecuencia como a depresión, o non relacionarte ou a falta de atención, creemos que deverian estudar a fondo este problema para conseguir unha solución máis fiable a este problema.
    Sandra Amoedo e Nerea Barreiro

  11. juanluisallo Dixo:

    Eu opino que este problemae moi grave que como di na noticia che mete nunha espiral de cousas e podes acabar tendo unha depresión, penso que si se debería de estudar ben a fondo porque moitas veces incluso con pastillas a xente o pasa mal, e se se pode evitar levar unha vida sen medicarte moito mellor porque asi non tes que depender de nada.