Prendemos a luz ou a tele, cal é a orixe da enerxía que usamos?

De onde obtemos maioritariamente a enerxía as/os galegas/os que empregamos no fogar, no transporte, na industria..? De enerxías fósiles, non renovables, ou de enerxías renovables? De recursos propios da nosa terra, ou de recursos importados? Estase a producir algún cambio ao longo do tempo?

imagen

As enerxías non renovables como o carbón, petróleo ou gas natural, ademais dos xa coñecidos efectos contaminantes sobre á atmosfera na súa combustión, son recursos que se están a esgotar. Tamén a nuclear é un recurso enerxético non renovable pero con moitos anos de explotación por diante. En Galicia non temos centrais nucleares pero sí hai varias en España. Hoxe en día hai un intenso debate sobre a conveniencia ou non de apostar pola enerxía nuclear como alternativa aos recursos fósiles, a pesar da súa perigosidade. Outra alternativa fronte ás contaminantes fósiles e á perigosa nuclear, son as fontes de enerxía renovables como a solar térmica ou fotovoltaica, eólica, minihidráulica, biomasa, xeotérmica

Valora as opcións enerxéticas, vantaxes e inconvenientes de cada unha delas, e tenta deseñar un escenario enerxético idóneo para Galicia.

 

Radiacións, teléfonos móbiles e saúde

Como parte das charlas científico-literarias que cada ano organiza o departamento de dinamización lingüística do IES A Basella, o próximo 11 de Abril contamos co neurofisiólogo Xurxo Mariño que nos falará dos efectos dalgunhas radiacións sobre  a nosa saúde.

imagen

Xurxo Mariño é Doutor en bioloxía, profesor da Universidade da Coruña e membro do grupo Neurocom e de varias sociedades científicas máis. Pero é ademáis, un gran divulgador científico. Participa en webs de divulgación científica (culturagalega.org ou naukas.com), organiza “café-teatro-científicos” e ten publicados varios libros de divulgación científica: “Os dados do reloxeiro” 2005, “Po de estrelas” 2008 e “Neurociencia para Julia” 2012.

Espero que disfrutemos moito da súa visita.

 

Unha nova impresión: a impresión en 3D

Coches aerodinámicos, comida sintética ou robots que fixesen as tarefas do fogar por nós. Previsións de futuro que quedaron lonxe de facerse realidade.

Se fai 30 anos a posibilidade de falar cun teléfono pola rúa parecía ciencia ficción, hoxe en día as impresoras 3D tamén o son, pero existen.

Segundo o decano asociado á IE Business School, Luis Solís, no 2030 cada persoa terá na súa casa unha impresora 3D que lle permitirá reproducir a tamaño real dende zapatos ata sillas e ata incluso comida, pero isto pode cumplirse ou quedar atrás como os coches voadores.

 

impresións en 3D

É unha tecnoloxía que hoxe en día está dispoñible e está vivindo un boom de uso, á vez que revoluciona o mundo.

Existen varios tipos: de compactación, ou de adición, e pódense imprimir maquetas, xoguetes, prótesis médicas, etc.

Adeais de todo isto, unha cousa que me parece moi vantaxosa é que a basura tamén se pode utilizar para impresión deste tipo.

Agora tócavos opinar sobre o tema, credes que isto terá futuro, ou será rendible cando saia?

 

Tecnoloxías futuristas?

As ideas futuristas que tiñamos fai anos vianse reflexadas, sobre todo,  nas películas de espías como Superagente 86, que para aquela época incorporaban ideas inalcanzables, que pode que só fixeran para causar gracia, como por exemplo, o Zapatófono ultrasecreto.

Por increíble que pareza, na actualidade, obxetos como estos están saindo ao mercado. A versión moderna do Zapatófono, que a compañía O2 acaba de lanzar no Reino Unido, é unha curiosa prenda que está valorada en 2.900 €. Fanse a partir de teléfonos móbiles vellos que os usuarios rexeitan. A idea principal deste proxecto é chamar a atención sobre a necesidade de reciclar.

Outros obxectos que eran impensables fóra das películas ata fai uns poucos anos son:

As “Glass Google”,  unhas gafas de realidade aumentada, que te mostran a información dun smarthphone pero sen utilizar as mans. Teñen acceso a Internet, podes facer chamadas e videochamadas, captar imaxes en primeira persoa e incluso teñen servicio GPS.

El “iWatch”  de Apple, é un reloxo de man intelixente, co sistema operativo iOs  propio de teléfonos. Así o reloxo ten as aplicacións propias dun iPhone ou dun iPad.

imagen

E por último, o mais novedoso e futurista, moi propio de películas como  The Matrix, un chip que nos converte en baterías. Encárgase de xerar enerxía a partir da calor que expulsamos directamente pola pel. O chamado chip TEGwear, ainda está sendo investigado pero pénsase que nun futuro permitiranos cargar os nosos dispositivos electrónicos co noso corpo.

Chegamos xa o futuro “de película”, ou simplemente é o comezo de todo o que nos queda por avanzar? Son simples tenoloxías, nada máis que materiais de usar e tirar, ou acabarán modificando o noso modo de vida?

 

É posible un “virus zombi” a partir da gripe ou da rabia?

 Aínda que é improbable, teóricamente podería producirse unha mutación xenética que provocara que os seres humanos se comportaran como “zombis”.

Imaxinemos un escenario no que mediante técnicas de enxeñeíia xenética o virus da rabia mézclese co da gripe para que sexa transmitible polo aire, co do sarampión para que produza cambios na personalidade, co da encefalie para que o cerebro arda en febre e aumente a agresividade e por último, co da ébola para que o infectado sangre moito, todo isto produciría algo que se podería denomirar “virus zombi”.

Pero a natureza non permitiría que todas esas combinacións se producisen simultaneamente , polo que o que máis seguro se obtería sería un virus letal.

imagen

Na súa web, National Geographic  presenta a seguinte información sobre este tema:

- Os humanos non podemos volver a vida unha vez mortos, pero según os científicos certos virus poden crear un comportamento agresivo nas persoas e unha conduta propia de “zombis” que aparecen nas películas.

- O virus da rabia, unha enfermidade que afecta ao sistema nervioso central, leva ás persoas a actuar dunha maneira moi violenta. Combinando a rabia coas características da gripe, que se expande rapidamente polo aire, sería posible crear un escenario real plagado de zombis.

- Para que ocurra eso, os cieníificos aseguran que se debería de producir unha mutación no virus da rabia. Nas películas de terror, os zombis convírtense en cuestión de minutos, pero en realidade os primeiros síntomas da rabia aparecen nos humanos nun plazo de entre dez días e un ano, xa que primeiro o virus debe incubar no organismo. Pero se o virus da raia sufrira mutacións, o tempo de incubación do virus podería reducirse drasticamente. E esto non sería demasiado estrano, xa que moitos virus varían constantemente nun intento de eludir as defensas humanas.

Samita Andreansky, viróloga da Universidad de Miami observa o seguinte: “Se un virus da rabia muta o suficientemente rápido, podería causar unha infección nunha hora ou nun par de horas. Eso é completamente posible. Ademáis, para que o virus da rabia creara unha pandemia zombi debería ser moito máis contaxioso. Normalmente, os humanos contaxiámonos da rabia por unha mordedura de animal e a infección detense na persoa que foi mordida. Un modo máis rápido de contaxio é a través do aire, como así sucede co virus da gripe. Pero, un híbrido entre dous virus non se crea na natureza. Debería ser inventado nun laboratorio. Sería realmente posible crear un “virus zombi”? É teóricamente posible, ainda que extremadamente difícil.

 

Un heroe de cortello

 O porco é un mamífero que se cría de maneira doméstica xa que o seu corpo é utilizado para a alimentación humana e outros usos. Con “outros usos” no artigo “cerdos que salvan vidas” refírense especialmente na medicina. A parte da carne, do porco pódese aproveitar a pel para coiro de diversos artigos, a súa graxa para xabón, etc.

imagen

Pero o máis importante do porco, que serviu para salvar vidas foi:

insulina, foi a salvadora dos diabéticos até a chegada dos transxénicos. Hoxe en día, non se sabe que hai menos de 30 anos non existía a insulina humana sintetizada artificialmente, a que agora se fornece practicamente por todo o mundo grazas á existencia de bacterias modificadas xeneticamente para producila. Antes dos anos 80, cando os diabéticos non podían acceder á insulina humana, tiñan que recorrer á insulina producida nos páncreas doutros animais  como o porco ou a vaca. A pesar do éxito da insulina de porco, tiña un gran inconveniente e é que, a longo prazo, moitos diabéticos terminaban desenvolvendo unha reacción inmune contra ela ao considerala unha substancia estraña. Por iso, cando se conseguiu sintetizar insulina humana a través de bacterias, non pasou moito tempo ata que esta última substituísea por completo. Era moito máis segura e máis barata de producir.

Anticoagulantes procedentes do intestino do porco, a heparina é unha molécula natural presente en múltiples animais (incluído o ser humano) que se utiliza como fármaco anticoagulante por todo o mundo, especialmente para previr a aparición de trombose. As dúas fontes de obtención maioritarias son dúas: o pulmón bovino e o intestino gorrino. Casualmente, a cantidade de heparina presente na mucosa intestinal do porco é relativamente elevada comparada con outros animais, polo que agora mesmo é o principal abastecedor dos tratamentos con heparina de todo o mundo.

Tripas de porco para fíos de sutura, o seu uso, ademais dun fin gastronómico, tiña un papel especialmente rechamante no medicamento. Antes de que os fíos sintéticos absorbibles para suturas fosen mellorando e facéndose máis populares , o fío de sutura procedente do intestino de porco ou da vaca utilizábanse bastante a miúdo. Tiñan a vantaxe de reabsorberse e desaparecer co tempo, con todo, ao proceder de especies distintas podían dar problemas por reacción inmune e non ofrecían tanta resistencia como outros materiais de sutura. Na actualidade, o seu uso é anecdótico e está prohibido nalgúns países.

Válvulas cardíacas de porco para corazóns enfermos, cando algunha das válvulas do corazón ten un problema grave, existen dúas alternativas: colocar cirurxicamente unha prótese valvular cardíaca artificial ou unha biolóxica. Cada unha ten as súas vantaxes e desvantaxes e hai que sopesalas para cada paciente. As válvulas cardíacas biolóxicas que se utilizan proceden das válvulas cardíacas dos porcos debido, en gran parte, á gran similitude do seu corazón co do home. As posibilidades de rexeitamento minimízanse ao tratar o tecido con diversas sustancias químicas e, así, poden permanecer moito tempo no corpo humano.

 

Por que voan os avións?

Moitos de vós contestariades: “polas ás”, e é en realidade así, pero q fan as ás para poder soster un corpo tan pesado, como é o do avión, no aire?

Simplemente polo principio da  aerodinámica, esta é a ciencia que estudia os efectos do movemento do aire sobre os obxectos que están en el, en concreto este principio chamado teorema de Bernoulli, que di: Nun fluido en movemento, a suma da presión e da velocidade nun punto é constante, por iso se un corpo aumenta a súa velocidade, terá que reducir a súa presión.

Presión vs. Velocidad

Por iso, as ás dun avión teñen unha forma (perfil) especial, o que fai basicamente é que as partículas de aire que pasan pola parte superior da á teñen que pasar con maior velocidade, polo que a súa presión diminúe, e pasa o contrario na parte inferior, entón pola diferencia de presións hai unha forza resultante que vai cara arriba, sostendo o avión aínda que é necesario unha fonte de impulso (os motores) para que a forza que eleva o avión sexa a necesaria.

Aquí un video no que se explica de forma matemática como funciona a aerodinámica nas ás de un avión.

Ademais estes principios poden aplicarse en calquera situación, como nos avións de papel ou miniaturas teledirixidas.

 

De que depende a forma do nariz?

 Na universidade de Iowa en Estados Unidos, descubriron que os chamados senos maxilares, teñen un papel moi importante na forma do noso nariz, e incluso no noso benestar. Tras analizar os rostros de orixen africano e europeo, concluiron en que os senos favoreceron a evolución do nariz segundo a parte do mundo donde se encontran, e en función do clima desta zona,  para así mellorar a súa función principal, limpar o aire que respiramos. De ese modo en climas cálidos, a forma do nariz é chata e curta, xa que xeneralmente o aire é quente e húmido, polo tanto interésanos que chege rápido aos pulmóns; en cambio nos climas fríos a forma do nariz é estreita e alargada, xa que é a mellor opción para atrapar o aire durante certo tempo e quentalo e humedecelo antes de que chegue aos pulmóns. Esto explica polo tanto que o nariz da maioría da xente que vive en zona de clima frío sexa afilada mentres que os habitantes en zonas cálidas sexa curta e chata.

imagen (nariz africana)        imagen (nariz euro-americana)

 

O efecto placebo.

Aínda que nos pareza algo imposible, unha persoa pode autosuxestionarse inducida por factores externos como poden ser un ambiente agradable, unhas palabras cariñosas ou a confianza dun persoal médico, ata chegar a curarse de todo sen necesidade de ningún medicamento. Isto denominámolo comunmente “efecto placebo”.

O termo “efecto placebo” foi acuñado polo anestesista americano Henry K. Beecher en 1955. Henry observou que un terzo dos seus pacientes melloraban cando se lles suministraba unha pastilla parecida a un medicamento habitual pero sen ningún efecto farmacolóxico. A partir deste estudo, decidiuse que para que unha substancia fora considerada útil, a súa eficacia tiña que ser superior á do placebo. O interesante é que o efecto placebo non ten por que estar sempre relacionada co consumo dunha pastilla ou cunha inxección, senón que moitas veces o proceso mediante o que se produce é o máis importante.

Isto podería explicar o beneficio que experimenta a xente que recurre a métodos de curación alternativos como a acupuntura, as flores de Bach, a osteopatía ou a medicina homeopática. Non se pode negar que nestos métodos a atención persoal ao paciente é moito maior que na consulta habitual do médico e pode levar a unha mellor resposta inmune, aínda que a eficacia do método en si mesmo non estea demostrada.

imagen

Un investigador de HarvardTed Kaptchuk, realizou outro experimento con 270 pacientes que sufrían dor nas articulacións. Dividiu o grupo en dous, a unha parte do grupo suministroulles unhas pastillas “placebo” advertíndoos de que producían somnolencia (aínda que isto non era así) e á outra parte suministroulle un tratamento de acupuntura, ainda que as agullas nunca perforarían a pel, dato que os pacientes descoñecían. Tras realizar o experimento, moitos pacientes chamaron para queixarse da somnolencia producida pola pastilla e pola inchazón que provocaran as agullas. Nalgúns casos, a dor incluso se disparara. Pero o máis sorprendente foi que a maioría dos pacientes experimentaran unha melloría, superior incluso na parte do grupo á que se lle suministrara a acupuntura.

Ben Goldacre, narra no seu libro experiencias aínda máis sorprendentes: casos de cirurxía ou amputacións, incisións con coitelo ou pacientes que nin se inmutan cando ven como lle cortan un óso sen recibir ningún tipo de substancia que poida paliar a dor. Este é o poder da mente.

Como conclusión, vemos que unha atención máis cercana e personalizada nos centros médicos podería axudar aos pacientes a curarse máis rápido. E ti, estás de acordo con isto?

Fonte: http://www.ojocientifico.com/4139/que-es-el-efecto-placebo

 

Que é o cancro?

Cando un dano celular non pode ser reparado, a auto-destrución celular impide que o dano sexa herdado polas células fillas.Cando estes mecanismos de control son interrompid0s nunha célula, el e os seus descendentes inician unha división descontrolada, que eventualmente levará a un tumor ou nódulos.

Cando as células que constitúen o tumor non posúen a capacidade de invadir e destruír outros órganos, falamos de tumores benignos. Pero, cando esas células medran sen control ademáis de sufrir cambios, adquiren novos poderes para invadir os tecidos circundantes e órganos (infiltración), e poden moverse e medrar noutras partes do corpo (metástase), falamos de malignidade, que é o que chamamos cancro.

O cancro comeza cando as células normais convertense en cancerosas, adquiren a capacidade de multiplicarse de forma imparable e invadir outros órganos e tecidos. A primeira fase iníciase cando estes axentes actúan sobre a célula, cambiando o seu material xenético. A primeira mutación, non é suficiente para xerar un cancro, pero é o inicio do proceso.Non sempre é posible diagnosticar o cancro máis cedo porque:

-Durante as fases iniciais, o cancro non manifesta ningún síntoma (asintomática).

-Non todos os tumores poden ser examinados na poboación normal para diagnosticar lesións pre-malignas.

Tipo de cancro

Axente carceríxeno

Como evitalo?

Cancro de pel

A radiación ultravioleta

Tomar sol adecuadamente

Cancro de pulmón, ril, fígado

Cromo, níquel, cobalto, asbesto, chumbo, arsénico

Seguir medidas de seguridade no traballo

Cáncer de pulmón e testículo

Hidrocarburos aromáticos policíclicos (fume do tabaco, hollín, alcatrán, petróleo…)

Evitar o consumo de tabaco e seguir medidas de seguridade no traballo

Cáncro de fígado, estómago

Nitrosaminas

Evitar o cosumo excesivo de afumados e embutidos

Cáncro de colo de utero

Virus do Papiloma Humano (VPH)

Consultar o xinecólogo

Cáncro de fígado

Virus da hepatite B (VHB)

Cumplir o calendario de vacinación e, para poboación de risco, utilización de xeringas desechables e preservativo nas relacións sexuais

Cáncro de estómago

Helicobacter pyllori (bacteria)

Tratamento antibiótico